Publicado lista admitidos/-as e excluídos/-as selección persoal de xerente para o GALP A Mariña-Ortegal.
Máis información: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board
Con este blog o concello de O Vicedo pretende difundir toda a información dispoñible sobre emprego, formación, e outras materias que incidan directa ou indirectamente no emprego.
Publicado lista admitidos/-as e excluídos/-as selección persoal de xerente para o GALP A Mariña-Ortegal.
Máis información: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board
EXTRACTO DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO, EN SESIÓN CELEBRADA O 21 DE OUTUBRO DE 2022, POLO QUE SE APROBA A CONVOCATORIA E BASES QUE CANALIZARÁN AS SUBVENCIÓNS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA APOIAR APOIAR A PREVENCIÓN DE INCENDIOS EN TERREOS AGRÍCOLAS E FORESTAIS, MEDIANTE O FOMENTO DE BOAS PRÁCTICAS DE SILVOPASTOREO E PASTOREO EN EXTENSIVO QUE PRODUZAN A REDUCIÓN DOS NIVEIS DE BIOMASA EXISTENTE, NA EXECUCIÓN DO PROGRAMA “O QUE NON ARDE”, NA ANUALIDADE 2022
Máis información: https://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/28-10-2022%20.pdf#page=3
Está exposta no taboleiro de edictos da Corporación, na páxina web do concello e no blog de emprego: empregovicedo.blogspot.com, a lista de admitidos e excluidos provisional, elevada a definitiva por non haber candidatos/-as excluídas, para a contratación, mediante concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (85,33%), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de inicio prevista o día 04 de novembro de 2022.
A proba realizarase o día 27 de outubro de 2022, ás 10:00 horas, na casa consistorial do concello do Vicedo.
Pinche aquí para consultala lista: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1 (Taboleiro de anuncios /emprego público/pinchar no +)
RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2022, que foron convocadas mediante a Resolución do 29 de agosto de 2022 (código de procedemento PL500C).
Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221025/AnuncioG0655-181022-0001_gl.html
No BOP de Lugo do día 24/10/2022 publícanse as bases para o nomeamento como funcionario interino dun ADMINISTRATIVO/-A, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2022", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
Publicada acta do primeiro exercicio do proceso de selección e provisión mediante oposición libre, dunha praza de auxiliar administrativo de administración xeral, vacante na plantilla de persoal funcionario do Concello de O Vicedo. Igualmente tamén se fixa a data de realización do segundo exercicio.
Máis información: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board
Están aprobadas e expostas as bases para o nomeamento como funcionario interino dun ADMINISTRATIVO/-A, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2022", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
Está exposto o anuncio publicado no BOP de Lugo de data 15/10/2022 e as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (85,33%), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de inicio prevista o día 04 de novembro de 2022.
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
ORDE do 3 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación vinculada aos programas de emprego regulados nas ordes do 27 de decembro de 2019 e do 31 de decembro de 2020 para persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado polo FSE, programa operativo de emprego xuvenil, e se convoca para o ano 2022 (código de procedemento TR349L).
Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221014/AnuncioG0656-031022-0001_gl.pdf
Publicada no BOP de lugo de 14/10/2022 a lista de admitidos e excluídos definitiva para a selección e provisión mediante oposición libre, dunha praza de auxiliar administrativo de administración xeral, vacante na plantilla de persoal funcionario do Concello de O Vicedo. Igualmente tamén se fixa a data de realización do primeiro exercicio.
Máis información: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board
OBXECTIVO: Incentivar a demanda comercial
Cada bono terá un valor
de 30 euros, pode ser usado en varios establecementos, e con el poderán obterse
descontos:
-Desconto de 5 euros
para compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 (IVE incluido).
-Desconto de 10 euros
en compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 (IVE incluido).
-Desconto de 15 euros en compras iguais ou
superiores a 50 euros (IVE incluido).
Os
bonos estarán dispoñibles para o público en xeral
(maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia) desde o 24 de outubro de 2022 e a súa
validez extenderase ata o 31 de decembro de 2022, na web https:
//www.bonosactivacomercio.gal, e terán
unha validez de tres meses.
COMERCIOS
MINORISTAS QUE PODEN ADHERIRSE A ESTE PROGRAMA DE BONOS:
os establecementos minoristas interesados poderán solicitado na web
http://www.bonosactivacomercio.gal. DESDE
O 13 DE OUTUBRO DE 2022 E ATA O 30 DE NOVEMBRO DE 2022. Principais requisitos para poder adherirse:
-Desenvolver a súa actividade comercial en Galicia.
- Ser empresarios
autónomos ou pequenas e medianas empresas.
- Estar de alta nalgún
dos epígrafes do IAE que aparecen nesta orde, publicado no DOG de 11/10/2022
(pinchar no seguinte enlace e ver anexo I: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221011/AnuncioV0653-300922-0001_gl.pdf.
)
FUNCIONAMENTO
DOS BONOS:
- Os comerciantes adheridos recibirán
semanalmente na conta bancaria indicada, a cantidade equivalente a os bonos
canxeados no seu establecemento.
- Para canxear os bonos e poder aplicar
os descontos os comerciantes terán que descargar no seu móvil a APP
corespondente, e no momento da compraventa, o comerciante terá que introducir
nesa APP o importe e concepto da venda, aparecendo automáticamente o importe a
cobrar (aplicado xa o desconto ao cliente). Pola sua parte, o usuario deberá
mostrar o bono en formato código QR e pagar, en efectivo ou con tarxeta, o
importe final da compra.
OBRIGAS
DOS COMERCIOS ADHERIDOS:
- Anunciar no exterior do
establecemento a adhesión ao programa.
- Realizar o desconto directo do bono,
sin que o usuario chegue a desembolsar o
importe do desconto.
- Especificar na zona de caixa, de
forma visible, a política de devolución.
- Someterse de ser o caso as actuacións de
comprobación e vixilancia necesarias.
- Conservar durante un ano os tickets
de compra e facturas xustificativas da aplicación dos bonos.
-
Custodiar as claves de acceso á plataforma co fin de evitar un uso
indebido da mesma.
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na súa sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha operario/-a de servizos múltiples, a xornada completa. A data de inicio prevista é o día 2 de novembro de 2022, e cunha duración de seis meses.
O prazo de inscrición queda aberto desde mañá día 11 e ata o día 20 de outubro de 2022. A selección realizarase o día 25 de outubro de 2022, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinche no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1
Publicado anuncio do proceso de selección e contratación de xerente para o GALP A Mariña-Ortegal.
Máis información: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board
Residencia Betania de Viveiro necesita 2 técnicos de atención sociosanitaria ou equivalente, un delas para empezar a mediados de outubro e outro en novembro.
Interesados/-as contactar directamente co centro: 982561003
Actuacións subvencionables .
1. Consideraranse subvencionables as actuacións para a mellora da accesibilidade. En particular, as seguintes:
a) A instalación de ascensores, salvaescaleiras, ramplas, automatismos para a apertura de portas incorporando mecanismos motorizados ou outros dispositivos de accesibilidade, así como calquera medida de accesibilidade que facilite a autonomía e a vida independente de persoas con mobilidade reducida, tanto en edificios como en vivendas unifamiliares, incluíndo os dispositivos adaptados ás necesidades de persoas con discapacidade sensorial ou intelectual, así como a súa adaptación, unha vez instalados, á normativa sectorial correspondente. Inclúese a integración mediante un único mecanismo de identificación (teléfono intelixente, cámaras, pantallas ou outros dispositivos tecnolóxicos equivalentes en canto á súa funcionalidade) dos sistemas de apertura e control de accesos e doutros sistemas que necesiten control persoal e a adaptación, cando existan, a altura non superior a 1,40 m dos dispositivos xa instalados.
b) A instalación ou dotación de produtos de apoio tales como guindastres ou artefactos análogos, así como sistemas tecnolóxicos de guiado que permitan a localización, que permitan o acceso e uso por parte das persoas con discapacidade a elementos comúns do edificio, se é o caso, tales como xardíns, zonas deportivas, piscinas e outros similares.
c) A instalación de elementos de información, de comunicación ou de aviso tales como sinais luminosos e visuais, vibrotáctiles ou sonoros que permitan a orientación no uso de escaleiras, ascensores e do interior das vivendas. En particular, a instalación de elementos que melloren a accesibilidade e seguridade no uso dos ascensores, como a comunicación bidireccional en cabina.
d) A instalación de produtos de apoio á audición para a accesibilidade no contorno, como os bucles magnéticos.
e) A instalación de elementos ou dispositivos electrónicos de comunicación entre as vivendas e o exterior, tales como videoporteiros que proporcionan información visual e auditiva e análogos.
f) A instalación de dispositivos de alarma no ascensor que garantan un sistema de comunicación visual, auditiva e bidireccional co exterior para os casos de emerxencia ou atrapamento. Así como a instalación de bucle magnético nos devanditos dispositivos.
g) A instalación domótica e doutros avances tecnolóxicos para favorecer a autonomía persoal de persoas maiores ou con discapacidade.
h) Calquera intervención que facilite a accesibilidade universal nos espazos do interior das vivendas (unifamiliares, agrupadas en fila ou en edificios de tipoloxía residencial colectiva) ou nos propios edificios de tipoloxía residencial colectiva obxecto deste programa, así como nas súas vías de evacuación. Inclúense obras dirixidas á ampliación de espazos de circulación dentro da vivenda que cumpran coas condicións do Código técnico da edificación no referido a vivenda accesible, así como para mellorar as condicións de accesibilidade en baños e cociñas, así como as modificacións e adaptacións necesarias e adecuadas ás necesidades específicas das persoas con discapacidade que habitan as vivendas. Inclúense, así mesmo, as obras necesarias e complementarias sobre elementos directamente relacionados coa actuación de mellora de accesibilidade universal e cuxo mal estado de conservación aconselle a intervención.
i) Calquera intervención que mellore o cumprimento dos parámetros establecidos no documento básico do Código técnico da edificación DB-SUA, seguridade de utilización e accesibilidade. En particular, a instalación de elementos que melloren a accesibilidade e seguridade de utilización nos ascensores, como a mellora da nivelación da cabina.
Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa, sempre que se trate de persoas físicas ou xurídicas de natureza privada:
a) As persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila.
b) As persoas propietarias ou usufrutuarias de edificios de tipoloxía residencial de vivenda colectiva.
c) As persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas incluídas nun edificio de tipoloxía residencial de vivenda colectiva.
d) As comunidades de persoas propietarias ou as súas agrupacións, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.
e) As sociedades cooperativas de vivendas integradas por socios cooperativistas que precisen aloxamento para si ou os seus familiares, as sociedades cooperativas compostas de forma agrupada por persoas propietarias de vivendas ou edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil, así como, polas persoas propietarias que conforman comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme o disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo.
f) As persoas propietarias que, de forma agrupada sexan propietarias de edificios, que reúnan os requisitos establecidos polo artigo 396 do Código civil e non tivesen outorgado o título constitutivo de propiedade horizontal.
g) As empresas construtoras, arrendatarias ou concesionarias dos edificios, así como cooperativas, que acrediten a dita condición mediante contrato vixente a suficiente prazo coa propiedade, que lles outorgue a facultade expresa para acometer as obras de rehabilitación obxecto do programa.
h) As persoas arrendatarias de vivendas, no suposto de que as obras ou actuacións non sexan de obrigada execución pola persoa propietaria e ambas as partes acorden que a arrendataria costee ao seu cargo as actuacións de mellora da accesibilidade, con cargo a parte ou á totalidade da renda arrendaticia.
Prazo de presentación: 05/10/2022 - 07/11/2022, ou ata o esgotamento do crédito. As subvencións vanse resolvendo por orde de entrada.
Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221004/AnuncioC3Q2-230922-0002_gl.pdf