miércoles, 24 de junio de 2015

BEN EMPREGADO I e II. ABERTO O PRAZO PARA DESEMPREGADOS/-AS


Publicado no BOP de Lugo e na páxina da Excma. Deputación Provincial de Lugo as axudas concedidas para a contratación de persoal no BEN EMPREADO II, e aberto o prazo para aqueles traballadores/-as desempregados/-as que queiran optar a algún dos postos de traballo subvencionados.

Máis información:


http://benempregado.deputacionlugo.org/benempregado2.asp

O prazo de solicitude finaliza o 04/07/2015

Tamén se ofertan a maiores algunha praza no BEN EMPREGADO I, despois de presentarse varias renuncias:

http://benempregado.deputacionlugo.org/benempregado1.asp  (apartado últimas novas).


viernes, 19 de junio de 2015

OFERTA DE EMPREGO

O Concello de O Vicedo selecciona TRES CONDUCTORES PARA A MOTOBOMBA para a temporada de verán/2015. A duración do contrato é de dous meses e medio, sendo con data de inicio prevista para o 16 de xullo.
 
As bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios do concello, e o prazo de presentación de instancias remata o día 29 de xuño, ás 15:00 horas.

Para máis información, contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do concello, con oficina sita na Casa da Cultura, ou chamar ó 982590195.

OFERTA DE EMPREGO

O Concello de O Vicedo selecciona persoal para a brigada municipal de prevención e defensa contra incendios forestais para a tempada de verán/2015. A duración do contrato é de tres meses con data de inicio prevista para o 16 de xullo.

Os postos de traballo convocados son:
 
- 3 PEÓNS DE  PREVENCIÓN E DEFENSA DE INCENDIOS FORESTAIS.
 
- 1 PEÓN CONDUCTOR DE PREVENCIÓN E DEFENSA DE INCENDIOS FORESTAIS.
 
- 1 XEFE DE BRIGADA.

 Están publicadas as bases de selección para tódalas postos no taboleiro de anuncios do concello e o prazo de inscrición remata o día 29 de xuño, ás 15:00 horas.

Para máis información, contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do concello, con oficina sita na Casa da Cultura, ou chamar ó 982590195.

jueves, 18 de junio de 2015

OBRADOIRO DE EMPREGO


Próximamente porase en marcha un obradoiro de emprego denominado "RÍO SOR III", promovido conxuntamente polos concellos de O Vicedo, Ourol e Muras e subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar, para 20 alumnos/-as traballadores nas especialidades de:

- Traballos de carpintería e moble.
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións.
Ás persoas seleccionadas faiselles un contrato de formación cunha duración de seis meses.

Os interesados deben estar desempregados e inscritos na oficina de emprego de Viveiro.

A parte dos alumnos/-as traballadores e como persoal de funcionamento do obradoiro contratarase:

-1 Director (Arquitecto/Arquitecto técnico)
 - 2 Monitores de carpintería.
- 1 Monitor de atención sociosanitaria.
- 1 Administrador a media xornada.

A selección deste persoal tamén se realizará previa oferta de emprego na oficina de Viveiro.

Están expostas as bases de selección no taboleiro de anuncios do concello

miércoles, 17 de junio de 2015

FORMACIÓN PARA MULLERES


A Federación Gali.Ce.Can , pon en marcha os seguintes programas:



O Programa Reactivas está enfocado a mulleres de máis de 35 anos as cales estén en paro e desexen volver a incorporarse no mercado laboral.

 Tratase dun programa con formación semipresencial, no cal se combina a formación presencial con teleformación. Co que as asistentes deberían ter unha formación básica en informática ou coñecementos mínimos.

  A formación estructuraríase en:

Competencias Personais : 50 Horas máis 10 horas presenciais.
Competencias técnicas: 30 Horas máis 10 horas presenciais.

Si hai un mínimo de 10/12 mulleres,
desplazaríanse ata o no noso concello para impartir a parte presencial.





O Programa Ruralnet está dirixido a mulleres de tódalas idades.  

           

Desarrollarase un itinerario secuenciado en varias actuacións que ten en conta, tanto os aspectos personais como profesionais das mulleres. Co fin de mellorar a empregabilidade da muller rural.


As actuacións desglosanse nas siguintes:

-Formación Presencial sobre Orientacion e Asesoramiento para o Emprego de 20 horas Presenciales
-Tutorias Presenciales en itinerario de búqueda de empleo.
-Formación semipresencial en Tic, Marketing dixital e idiomas 20 Horas Semipresenciales.

-Practicas no Laborales en Empresas

Como no programa anterior, si hai un mínimo de 10/12 mulleres,  desplazaríanse ata o noso concello para impartir a parte presencial.

As interesadas poden inscribirse na oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local do concello de O Vicedo, sita na Casa da Cultura, ou chamando ao 982590195 

lunes, 15 de junio de 2015

PROGRAMA GALEUROPA DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Finalidade:
Preténdese promover e axudar a financiar á mobilidade da mocidade galega para que realice estadías de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas de países europeos, ben directamente concedendo axudas individuais aos mozos e mozas participantes, ou ben mediante concesión de axudas a proxectos de mobilidade de entidades galegas, tanto entidades locais coma entidades sen ánimo de lucro

Requisitos dos/as participantes nas mobilidades:
1. Deberán estar inscritos/as no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. 
2. Deberán ter menos de 25 anos, ou menos de 30 se teñen un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%. O requisito de idade debe cumprirse no momento de solicitar a inscrición no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
3. Ademais dos requisitos anteriores, en coherencia coa citada Lei 18/2014 deberán cumprir os seguintes:
a) Non ter traballado nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
b) Non ter recibido accións educativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos noventa días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
c) Non ter recibido accións formativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
No suposto de que a persoa interesada en inscribirse no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil tivese finalizada a súa participación no sistema educativo, considerarase que o requisito da letra b) queda suxeito a non ter recibido accións educativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores.
Estes requisitos, agás o de idade, deberán manterse no momento da selección das persoas que participarán nas mobilidades.
Procedementos que regulan estas axudas e tipo de beneficiarios/as

Prazo de presentación de solicitudes: comeza o martes 16 de xuño e remata o mércores 15 de xullo de 2015.

Máis información:
http://xuventude.xunta.es/galeuropa-2015.html

lunes, 8 de junio de 2015

OFERTA DE EMPREGO

O Concello de O Vicedo ten concedida unha axuda por parte da Consellería de Traballo e Benestar para a contratación de 6 SOCORRISTAS.
 
Requisito imprescindible estar desempregado e inscrito na oficina de emprego de Viveiro, e carecer de ocupación según informe de vida laboral.
 
Para máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura.

viernes, 5 de junio de 2015

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases de selección para a contratación, mediante oposición, de 10 PEÓNS DE PROTECCIÓN DO AMBIENTE E ESPACIOS NATURAIS, a media xornada, para a tempada de verán/2015, do 1 de xullo o 31 de agosto.

O prazo de solicitude remata o próximo día 16 de xuño, ás 15:00 horas. Celebrándose o proceso selectivo o día seguinte, 17 de xuño, a partir das 10:00 horas na Casa da Cultura.

Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun ANIMADOR SOCIOCULTURAL, a xornada completa, durante a tempada de verán/2015 (3 meses), con adscrición ao Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade do concello do Vicedo.

O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo día 15 de xuño, ás 15:00 horas. Realizándose o proceso de selección o día seguinte, 16 de xuño, a partir das 11:30 h. na Casa da Cultura.

Para máis información e inscricións contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local con oficina sita na Casa da Cultura.

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello de O Vicedo, as bases para de selección para a contratación laboral temporal, mediante oposición, de  UN INFORMADOR/-A DE TURISMO, con categoría de auxiliar, para a temporada de verán 2015, desde o 01 de xullo ata o 31 de agosto .

O prazo de solicitude remata o día 15 de xuño, ás 15:00 horas. Sendo o proceso selectivo o día seguinte, 16 de xuño, a partir das 11:30 horas na Casa da Cultura.

Para máis información e solicitudes: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura de O Vicedo