jueves, 31 de julio de 2008

OFERTA DE EMPREGO

Necesítanse telefonistas para Burela. Teléfono fixo. Alta na seguridade social. Interesados/as: 982575122, 670891807.

miércoles, 23 de julio de 2008

OFERTAS DE EMPREGO

Empresa limpeza necesita limpiadora para zona de Viveiro, de 9:00 a 10:00 ou de 21:00 a 22:00 de luns a sábado. Interesados chamar de 9:00 a 14:00 ó 981970101.

Para próxima apertura de estación de servizo Camba (Pol. Industrial Xove) necesitamos dependentes e mecánicos. Tlf.: 982550151 e fax 982572304.

lunes, 21 de julio de 2008

OFERTAS DE EMPREGO

URXE contable. Experiencia mínima un ano. Incorporación inmediata. Empresa sector pesqueiro. Zona Viveiro. Enviar curículum vitae a: congelado@pescadosmuinos.com

jueves, 17 de julio de 2008

OFERTAS DE EMPREGO

Necesítase para a zona da Mariña Lucense TORNEIRO MECÁNICO e FRESADOR MECÁNICO CNC. Interesados chamar o: 982122510 ou 620234032.


Por ampliación de plantilla empresa de Burela selecciona persoal con vehículo propio para distintos postos de traballo. Boas condicións, incorporación inmediata. Concertar entrevista: 672237855, 982575122.

miércoles, 16 de julio de 2008

OFERTAS DE EMPREGO

Empresa lucense selecciona COMERCIAIS para Lugo e para A Mariña. Interesados enviar currículum vitae o apartado de correos, 22 de Lugo.


Necesítanse DELEGADOS/-AS para A Mariña lucense. Non necesaria experiencia. Imprescindible coche. Idade de 18 a 55 anos. Concertar entrevista chamando ó 617699864.

lunes, 7 de julio de 2008

AXUDAS DE VICEPRESIDENCIA A MULLERES EMPRESARIAS. "PROGRAMA EMEGA"

OBXECTO: Concesión de axudas e subvencións para o establecemento da muller como empresaria.

BENEFICIARIAS:
Programa EMEGA 1:
- Mulleres individualmente consideradas que encontrándose na situación de desemprego, se establezan como traballadoras autónomas ou constitúan unha sociedade de carácter unipersoal, e creen polo menos un posto de traballo por conta allea desempeñado por outra muller. Ademáis deben iniciar a actividade entre 1 de marzo do 2007 e o 28 de febreiro do 2008.
- Mulleres desempregadas, que se unan ou asocien e creen, polo menos, os postos de traballo para dúas mulleres (pódense incluir os das promotoras).
Programa EMEGA 2:
- As empresarias autónomas, incluídas sociedades unipersonais, que iniciasen a actividade profesional entre o 1 de xeneiro de 2007 e o 25 de xullo do 2008, partindo dunha situación de inactividade laboral ou ben que se constitúen en empresarias coa fin de mellorar a súa empregabilidade, e que desenvolvan, de xeito habitual, a súa actividade profesional na empresa.
- As empresas participadas maioritariamente por mulleres que iniciasen a súa actividade entre o 1 de xeneiro do 2007 e o 25 de xullo do 2008, e nas cales a maioría das mulleres acceden á condición de socias partindo dunha situación de inactividade laboral ou ben adquiren esta condición de socias co fin de mellorar a súa empregabilidade e que desenvolvan, de xeito habitual, a súa actividade profesional na empresa para a que solicitan a subvención. Polo menos unha das socias debe traballar na empresa.
- Empresarias autónomas, ou empresas participadas maioritariamente por mulleres con actividade ininterrumpida como empresarias entre 1 e 3 anos a 25/07/2008, sin axuda EMEGA para a creación da empresa, para sufragar gastos derivados da formación e capacitación como consecuencia da incorporación de novas tecnoloxías.

¿QUÉ SE SUBVENCIONA?

Gastos de funcionamento e posta en marcha: mano de obra empleada na reforma do local, alquiler locais e maquinaria, gastos corrientes (luz, agua, teléfono...), material fungible, adquisición das primeiras mercaderias (máximo 3.000 euros).
É compatible con outras axudas sempre e cando non sexan para o mesmo fin, e en conxunto non poden superar o 55% do coste total.

CUANTÍA DAS AXUDAS: 50% do presuposto total para inversións, máximo 18.000 euros para o progra Emega 1 e 12.000 para o programa Emega 2.

PRAZO DE SOLICITUDE: 25/07/2008.

PRINCIPAL OBRIGA: Mante-la actividade e os postos de traballo creados polo menos 5 anos.

viernes, 4 de julio de 2008

RECORDATORIO AXUDAS PLANES ESTABILIDADE

BENEFICIARIOS: Empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, que contraten traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
ÁMBITO APLICACIÓN
Os incentivos previstos nesta orde serán de aplicación ás contratacións indefinidas, iniciais ou por transformación de contratos temporais, que se realicen no período comprendido entre o 1 de outubro de 2007 e o 30 de setembro de 2008.
As ditas contratacións serán subvencionables cando, no seu conxunto, acaden como mínimo os seguintes resultados:
Un incremento de, como mínimo, 5 puntos da taxa de estabilidade do cadro de persoal da empresa en Galicia respecto da media acadada no período comprendido entre os meses de outubro 2006 a setembro 2007, nos sectores de actividade non vinculados a acordo sectorial.
Incremento do emprego fixo respecto do período de referencia.
Incremento neto do emprego total respecto do período de referencia, no suposto de contratacións indefinidas iniciais.
En ningún caso as contratacións indefinidas realizadas poderán implicar unha diminución da totalidade do cadro de persoal no período de referencia.
ACCIÓNS SUBVENCIONALES
Contratacións indefinidas iniciais realizadas con traballadores desempregados e inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego.
Transformacións en indefinidos de contratos temporais celebrados con anterioridade á entrada en vigor da orde de convocatoria, calquera que sexa a modalidade obxecto de transformación.
TIPOS DE AXUDA
Os incentivos determinaranse en atención á taxa de estabilidade laboral que se acade como consecuencia das contratacións realizadas no período de referencia, e segundo se trate dunha contratación inicial ou de conversións de contratos temporais en indefinidos.
PRAZO: rematará o 31 de xullo de 2008, debendo estar todas as contratacións realizadas o 30 de setembro.

AXUDAS DA CONSELLERÍA DE TRABALLO A INICIATIVAS LOCAIS DE EMPREGO E INICIATIVAS DE EMPREGO LOCAL

Obxecto:
Fomentar e promover a creación de empresas innovadoras, económica e financeiramente viables, que xeren emprego estable no ámbito local e no medio rural, mediante o financiamento parcial dos custos necesarios para a posta en marcha daqueles proxectos empresariais previamente cualificados como iniciativas locais de emprego (ILE) e inscritos no rexistro administrativo habilitado para o efecto.
Beneficiarios:
Empresas privadas constituídas e que iniciaran a súa actividade, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos autónomos e sociedades civís e comunidades de bens, que obtiveran a cualificación como iniciativa de emprego, local ou rural, e non transcorrera máis dun ano dende a notificación da resolución de cualificación e cumpran as condicións e requisitos esixidos para cada tipo de axuda.
Tipos de axuda:
• Subvención á creación directa de emprego estable.
• Subvención para a contratación de expertos técnicos de alta cualificación.
• Apoio á función xerencial.
· Subvención financeira.
· Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.
· Actividades vinculadas aos novos viveiros de emprego.
Prazo de solicitudes: con carácter xeral finalizará o 15 de setembro de 2008.

AXUDAS DA CONSELLERÍA DE TRABALLO A INICIATIVAS EMPRENDEDORAS DE EMPREGO

Obxecto:
Xerar emprego estable, especialmente de mozos e mulleres, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais promovidas por persoas desempregadas con especial atención aos concellos do rural galego..

Beneficiarios:
Empresas privadas calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, sociedades civís, comunidades de bens, sociedades cooperativas e sociedades laborais que cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda e nas que concorran, na data de inicio da actividade, as seguintes circunstancias:
* que sexan empresas de nova creación
* que sexan viables técnica, económica e financeiramente
* que xeren emprego estable para persoas desempregadas
* que teñan o seu domicilio social e fiscal e o seu centro de traballo nun concello de Galicia
* que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios promotores non figure ningunha persoa xurídica
* que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros e
* que a maioría do capital social sexa de titularidade de promotores desempregados que creen o seu propio posto de traballo na empresa.

Tipos de axuda:
• Subvención á xeración de emprego estable
• Subvención financeira
• Subvención para asistencia técnica
• Subvención para o inicio da actividade para o financiamento dos primeiros gastos da actividade.
• Subvención para a conciliación da vida profesional e persoal dos promotores.
• Incrementos dos incentivos. As contías máximas das axudas deste programa, incrementaranse nun 20% nos casos de que a empresa teña o seu domicilio social e o centro de traballo nun concello rural.

Prazo: finalizará o 15 de setembro de 2008. Non obstante deberán respectarse os prazos específicos establecidos para cada tipo de axuda: