martes, 25 de enero de 2011

AXUDAS A SOCIEDADES LABORAIS E COOPERATIVAS

Está aberto o prazo de distintas liñas de axuda para a promoción do emprego en empresas de economía social e cooperativas, ata o próximo día 21 de febreiro.
Para máis información, pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa de Cultura ou consultar a páxina web da consellería de Traballo e Benestar no apartado de axudas e subvencións

VEICAR SELECCIONA PERSOAL PARA OS PARQUES DE BOMBEIROS DOS QUE É ADXUDICATARIA

SELECCION PERSOAL LUGO

Concesionaria da xestión do servizo de intervención en emerxencias dos Parques de Bombeiros de Barreiros, Vilalba e Viveiro. Convoca:

PROBAS DE PRESELECCIÓN

Para a contratación de persoal, de acordo co seguinte:

- NÚMERO DE POSTOS: 66 prazas.
- CATEGORÍA: Persoal de intervención (Xefe de parque, Xefe de Quenda – Condutor, Bombeiro - Condutor)

REQUISITOS E DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POLOS ASPIRANTES:

A) REQUISITOS:
1. Ter cumpridos 18 anos.
2. Posuír a nacionalidade española ou de calquera outro estado membro da unión europea.
3. Ter coñecementos básicos dun dos seguintes oficios: albanel, fontaneiro, electricista, carpinteiro ou mecánico.
4. Estar en posesión dun título de Graduado Escolar, Formación Profesional de Primeiro grao ou titulación equivalente, expedido po la autoridade docente competente.
5. Estar en posesión do permiso de condución TIPO C.
6. Acredita-la aptitude física con la presentación de un certificado médico, en impreso oficial y firmado por un colexiado en exercicio, no que se garanta que non se padece enfermidade ou lesión que o limite para o desenrolo das funcións de bombeiro, non admitíndose certificados que non se axusten en su redacción a estes conceptos.
Este certificado médico non exclúe as posibles comprobacións posteriores que se estimen necesarias.


B) DOCUMENTACIÓN A ENGADIR Á SOLICITUDE:
1. Copia do DNI ou pasaporte.
2. Copia do permiso de conducir GRUPO C.
3. Curriculum vitae.
4. Copia da tarxeta da Seguridade Social.
5. Certificado médico oficial, anteriormente descrito.
6. E-mail de contacto (MUY IMPORTANTE).


PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Dende o día 25 de xaneiro ata o 5 de Febreiro de 2010, a seguinte dirección:

VEICAR, S.L.
Avda. Das Mariñas 127, O Carballo
15176 – OLEIROS
A CORUÑA

SELECCIÓN DE CANDIDATOS: Para a selección dos aspirantes se realizarán as seguintes probas e evaluacións:

1. Probas físicas: a cualificación das probas de aptitude física serán apto/non apto, unha vez superado o mínimo as probas serán puntuables. A empresa reservase o dereito de rebaixar os seguintes mínimos dependendo das puntuacións obtidas polos participantes xa que hai 66 prazas que cubrir.
A efectos de descalificacións aplicarase o regulamento da Federación Internacional de Atletismo.
- Carreira de velocidade de 100m nun tempo máximo de 15 segundos (un intento).
- Carreira de resistencia de 1.600m nun tempo máximo de 6 minutos e 35 segundos (un intento).
- Salto de lonxitude a pés xuntos sen carreira ónde se pedirá unha lonxitude mínima de 1 metro e oitenta centímetros (dous intentos).
- Pres de banca en 30 segundos, levantando 30 quilogramos: Deitado no banco, ombreiros en abduccion 90ª e cóbados flexionados. Unha vez finalizado o agarre, o aspirante comezará coa barra apoiada no peito. A proba consiste na realización do máximo de repeticións. En cada repetición os cóbados deberán estenderse completamente e tocar coa barra no peito. Mínimo de 23 repeticións (un intento).
- Subir a pulso unha corda un mínimo de 3,0 m de altura sen impulso e partindo de sentado (dous intentos).
- Natación, 50m estilo libre nun tempo máximo de 64 segundos partindo do contacto no borde da piscina ben sexa dentro ou fora sen poder apoiarse en nada hasta a conclusión da proba. (un intento).
2. Exame psicolóxico.
3. Exame teórico sobre coñecementos xerais relativos á profesión de bombeiro, e acerca do ámbito xeográfico e poboacional das comarcas do ámbito de actuación dos parques.
4. Entrevista persoal.
5. Exame práctico de condución.
6. Formación teórica e práctica pre apertura dos parques.


MAIS INFORMACIÓN:
No e-mail: gestionbomberos@veicar.com de 09:30 a 14:00 de luns a venres.

RELACIÓN DE ADMITIDOS PARA FACER AS PROBAS: Publicarase nesta web o día 10-02-2011.

DATA DAS PROBAS: __________ nas instalaciones do INEF de Bastiagueiro (Oleiros – A Coruña) as 08:00 da mañá. CALQUERA MODIFICACIÓN PUBLICARASE NESTA WEB.

lunes, 24 de enero de 2011

EXAMENES SELECCIÓN 7 PEÓNS PARA O CONCELLO DE O VICEDO

A selección de 7 peóns de servizos múltiples que realizará a Excma. Deputación Provincial de Lugo para traballar no concello de O Vicedo, terá lugar o vindeiro xoves día 27 de xaneiro, ás 12:00, en Viveiro, no Pavillón Antonio Tarrio.

AXUDAS A MULLERES EMPRENDEDORAS.PROGRAMA EMEGA

OBXECTO: Concesión de axudas e subvencións para o establecemento da muller como empresaria.

BENEFICIARIAS:
Actuación 1:
- Mulleres que creen o seu propio posto de traballo, partindo dunha situación de desemprego ou inactividade por período mínimo de tres meses anteriores ao día primeiro do mes de inicio da actividade, establecéndose como empresarias autónomas ou sociedades unipersonais.
- Mulleres que constituán microempresas ou pequenas empresas, baixo calquera forma societaria, incluidas as sociedades civís e comunidades de bens, sempre que se cumplan unhas determinadas condicións.
- Que inicien a actividade empresarial (alta na seguridade social) entre o 01 de setembro de 2009 e o 18 de febreiro do 2011, data de finalización do prazo de solicitude.
- Que realicen un investimento mínimo de 6.000 euros.
- Que realicen as actuacións obxecto de subvención e cumpran os demais requisitos.
- Que non recibisen con anterioridade axuda do programa EMEGA.

Actuación 2:
- Empresarias autónomas, microempresas e pequenas empresas que cumpran os requisitos: que acrediten actividade ininterrumpida entre 2 e 5 anos na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, que realicen un proxecto inversor de polo menos 6.000 euros, que creen emprego, etc.

CUANTÍA DAS AXUDAS: Van desde os 8.000 euros ata os 30.000.

PRAZO DE SOLICITUDE: 18/02/2011.

PRINCIPAL OBRIGA: Mante-la actividade e os postos de traballo creados polo menos 5 anos.

INCOMPATIBILIDADES: É incompatible con outras subvencións correntes para a promoción do emprego feminino (por exemplo: programa de promoción do emprego autónomo da Consellería de Traballo e Benestar)

viernes, 21 de enero de 2011

CURSOS PREPARATORIOS PARA OS NIVEIS CELGA DE LINGUA GALEGA PARA PARTICULARES E COLECTIVOS

No DOG do 19 de xaneiro do 2011, publicouse a convocatoria de cursos preparatorios para os niveis CELGA 1, 2, 3 e 4 de lingua galega. Estos cursos son voluntarios e gratuitos, e para obter o correspondente certificado habería que presentarse as probas que se convocan regularmente para a obtención dos mesmos.
Hai cursos de programación directa como por exemplo, o que se celebrará no IES Mª Sarmiento, a partir do 11 de abril, de luns a xoves, de 19:30 a 22:00, e cunha duración de 75 horas.
A parte, si existe un mínimo de 20 alumnos/-as, calquer colectivo podería solicitar un destes cursos.
O prazo de solicitude remata o vindeiro 28 de febreiro.
Na oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, poden realizar as inscricións.

viernes, 14 de enero de 2011

OFERTA DE EMPREGO

Seleccionan electromecánicos/-as, mecánicos/-as e electricistas para zona da Mariña. Tlf. de contacto: 982213170

jueves, 13 de enero de 2011

PLAN "LUGO EMPREGA"

A partir de mañá día 14 e ata o próximo día 19 de xaneiro, estará aberto o prazo de solicitude para participar no proceso de selección polo cal a Excma. Deputación Provincial de Lugo seleccionará 7 operarios de servizos múltiples para traballar no concello de O Vicedo por período de seis meses.
Tódolos interesados deberan inscribirse cubrindo un modelo de solicitude, dispoñible na oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa de Cultura, e aportando DNI e tarxeta de demanda actualizada.

lunes, 10 de enero de 2011

PLAN EMPREGA

Este concello solicitou a Excma. Deputación Provincial de Lugo a adhesión no "PLAN EMPREGA" que este organismo ten previsto por en funcionamento no mes de febreiro.
A través do plan EMPREGA o concello do Vicedo contratará a sete persoas desempregadas durante 6 meses, para o que contará cunha axuda da Excma. Deputación Provincial de Lugo, a cal realizará o proceso de selección dos candidatos.
O día da data estamos a espera de que se publiquen as bases de selección, que determinarán os requisitos dos candidatos, métodos de selección, etc.

EMPRESA DE TRABALLO TEMPORAL

Apertura dunha oficina da empresa de traballo temporal EUROFIRMS en Viveiro, sita nos baixos dos novos edificios despois do EROSKI. Tlf. de contacto: 982562906.

OFERTA DE EMPREGO

Eurofirms, empresa de traballo temporal con sede en Viveiro selecciona ADMINISTRATIVO para empresa de exportación de peixe. Tlf.: 982562906