viernes, 30 de julio de 2010

OFERTA EMPREGO

-Promotoras: 6,7,13 y 14 Agosto
Azafatas para facer promocións en diferentes centros comerciales e supermercados de distintos puntos da provincia os días 6,7,13 y 14 de Agosto a xornada completa.

CONCURSO - OPOSICIÓN DE MÉRITOS PARA A SELECCIÓN DE UN PEÓN DE RECOLLIDA DE LIXO

O contrato ten unha duración de 5 meses (dende o 9 de agosto de 2010 ata o 8 de xaneiro de 2011) e os requisitos dos canditos son os seguintes:
-Ter nacionalidade española, sen perxuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estututo Básico do empregado público, respecto do acceso de nacionais de outros estados.
-Ter cumpridos os 16 anos.
-Estar en posesión da titulación de Estudios Primarios ou Certificado de Escolaridade.
-Declaración xurada de non haber traballado neste Concello máis de 19 meses dentro dos últimos 30 meses inmediatamente anteriores.
Estes requisitos deberán acreditarse antes da finalización do prazo de presentación de instancias, o cal remata ás 13 horas do día 6 de agosto de 2010. O lugar de presentación de solicitudes é o rexistro xeral do Concello de O Vicedo, no horario das oficinas municipais.
Para máis información sobre o sistema da selección e sobre o temario, consultar as bases da convocatoria expostas no taboleiro de anuncios do Concello ou pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local sita na Casa da Cultura.

CURSOS PARA DESEMPREGADOS

En outubro darán comezo unha serie de cursos para desempregados impartidos polo Inludes, que estarán relacionados ca atención sociosanitaria a persoas dependentes e enfermos de alzhéimer, técnicos de transporte sanitario, cuidador de persoas discapacitadas físicas e psíquicas, auxiliar de enfermería xeriátrica, monitor sociocultural, aproveitamentos forestais, sensibilización ambiental, novas tecnoloxías da información e da comunicación, prevención de riscos laborais...

Os requisitos para inscribirse son os seguintes:
-Graduado escolar ou certificado de escolaridade.
-Aportar a data de incripción como demandante de emprego.
Os solicitantes deberán elexir 3 cursos por orde de preferencia.

Para inscribirse ou obter máis información, mandar un correo electrónico á dirección pactoemprego@deputaciónlugo.org ou ben chamando ó Inludes, teléfono 982265334. O prazo de inscripción remata o día 15 de setembro.

jueves, 29 de julio de 2010

AXUDAS PARA ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS POLAS INUNDACIÓNS DOS DÍAS 9 E 10 DE XUÑO

Para a concesión da axuda consideraranse os danos en edificacións, instalacións, maquinaria e nas mercadorías neles depositadas, así como nos vehículos comerciais ou industriais dos establecementos comerciais incluídos no ámbito competencial da Consellería de Economía e Industria.
O importe subvencionado será do 50% da reparación, podendo incrementarse esta porcentaxe en función das dispoñibilidades orzamentarias e do número de solicitudes.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 27 de agosto de 2010.
Para máis información consulten coa axente de emprego e desenvolvemento local, Dña. Manuela Domínguez Bermúdez.

martes, 27 de julio de 2010

AXUDAS FINANCIEIRAS DO IGAPE PARA EMPRESAS

-LIÑA MICROEMPRESAS. PROGRAMA RE-IMAXINA
O proxecto investidor deberá consistir na compra de inmovilizado material (reforma e axeitamento de locais, vehiculos industriais, aplicacións informáticas,…).
A cuantía do préstamo será, como máximo, de 25.000€ e o prazo de presentación remata o día 30 de decembro de 2010.

-LIÑA PEME XOVE. PROGRAMA RE-IMAXINA
Crédito para pemes que teñan a intención de exercer a súa actividade económica en Galicia ou a veñan exercendo dende hai menos de dous anos. O obxectivo do préstamo é financiar investimentos en inmobilizado material como adquisición de terreos e edificacións, reforma e axeitamento de locais, vehículos industriais, etc.
O importe do préstamo será de 25.000€ como mínimo e 120.000 como máximo.
O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o día 30 de decembro de 2010.

-LIÑA PEME COMPETITIVA. PROGRAMA RE-IMAXINA
Para empresas que veñan exercendo a súa actividade económica dende un período de tempo superior a dous anos. O obxectivo do préstamo é financiar investimentos en inmobilizado material como adquisición de terreos e edificacións, reforma e axeitamento de locais, vehículos industriais, etc.
O importe do préstamo será de 25.000€ como mínimo e 120.000 como máximo e o prazo de presentación remata o día 30 de decembro de 2010.

-AXUDAS DE SALVAMENTO E REESTRUCTURACIÓN DE EMPRESAS EN CRISE
Orientado a empresas que pretendan acometer un plan de reestruturación que asegure a súa viabilidade futura.As axudas consistirán en concesión de garantías sobre préstamos ou créditos a curto prazo, subvencións a fondo perdido dos gastos financeiros de préstamos a longo prazo para a reestruturación de pasivos, etc.

viernes, 23 de julio de 2010

OFERTAS EMPREGO INFOJOBS

AUXILIAR ACUICULTURA (ZONA DE A MARIÑA)

Estudios mínimos: Educación Secundaria Obligatoria - No requerido
Experiencia mínima: No Requerida
Requisitos mínimos: Domicilio en la zona de la Mariña, Disponibilidad de incorporación y flexibilidad horaria.
Número de vacantes: 2

Información e inscripción no enlace: http://www.infojobs.net/seleccionar/auxiliar-acuicultura/of-i7d7c80b1904371a59e8e725b164f1a


CONSULTOR TÉCNICO (BURELA)

Estudios mínimos: Formación Profesional Grado Superior - Informática
Experiencia mínima: Al menos 1 año
Requisitos mínimos:
- Estudios de Formación Profesional e interés por las nuevas tecnologías.
- Conocimientos del sector sanitario.
- Capacidad para dar soporte informático.
- Capacidad de comunicación.
- Capacidad de trabajo en equipo.
- Capacidad de orientación al cliente.
Requisitos deseados:
- Se valorará experiencia en el sector sanitario.- Se valorará residencia en la población de la oferta.

Información e inscripción: http://www.infojobs.net/burela/consultor-tecnico-burela/of-i328701990309354604924608713637


OFICIAL MANTENIMIENTO (ZONA DE A MARIÑA)

Estudios mínimos: Formación Profesional Grado Superior - Fabricación Mecánica
Experiencia mínima: Al menos 2 años
Requisitos mínimos:
Domicilio en la zona de la costa lucense.
Experencia previa en puestos de mantenimiento industrial.
Disponibilidad horaria.

Información e inscripción na páxina: http://www.infojobs.net/seleccionar/oficial-mantenimiento/of-i0e55189abd4986a1e021c895d19695


LICENCIADO/A EN EMPRESARIALES (VIVEIRO)

Estudios mínimos: Licenciado - Administración y Dirección de Empresas
Experiencia mínima: Al menos 1 año
Requisitos mínimos:
formación empresarial , dominio de inglés

Información e inscripción: http://www.infojobs.net/viveiro/licenciado-empresariales/of-i229637073043bbb20edf499ed14a12


INGENIERO DE CALIDAD (VIVEIRO)

Estudios mínimos: Ingeniero Técnico
Experiencia mínima: De 3 a 5 años
Requisitos mínimos: dominio de inglés

Información e inscripción: http://www.infojobs.net/viveiro/ingeniero-calidad/of-i211931053230042221475734759735


OPERARIO LIÑA DE PRODUCCIÓN (BURELA)

Estudios mínimos: No requerido
Experiencia mínima: Al menos 1 año
Requisitos mínimos:
- Experiencia en sector alimentario
- Experiencia en cadenas de producción y envasado
Requisitos deseados:
- Experiencia en el manejo de carretilla elevadora y frontal
- Número de vacantes: 25

Información e inscripción: http://www.infojobs.net/seleccionar/operario-linea-produccion/of-i201311157761776836135641326220

jueves, 22 de julio de 2010

OFERTAS DE EMPREGO

AXENTE DE ENQUISAS PARA VIVEIRO
Máis información na páxina: http://www.cimo.org/telemprego/telemprego03.php?idoferta=975899


ADMINISTRATIVO-CONTROLADOR DE ALMACÉN
BURELA.
COÑECEMENTOS BÁSICOS DE INFORMÁTICA.
EXPERIENCIA PREVIA EN ALMACÉN.
DISPOÑIBILIDADE PARA TRABALLAR A XORNADA COMPLETA EN AGOSTO.
OFERTA PUBLICADA EN INFOJOBS DÍA 19 DE XULLO POLA ETT ADER
TFNO: 982284739

CURSOS PARA DESEMPREGADOS

CURSO DE CÁLCULO DE ESTRUCTURAS PLANAS E ESPACIAIS DE FORMIGÓN
Data de inicio: 22/09/2010
Duración: 270 horas

CURSO DE INFORMÁTICA DE USUARIO
Data de inicio: 01/10/2010
Duración: 225 horas

Para máis información contactar co Centro de Formación Ocupacional de Viveiro.
Teléfono: 982562448

miércoles, 21 de julio de 2010

SUBVENCIÓNS PARA ESTABLECEMENTOS TURÍSTICOS POLAS INUNDACIÓNS DOS DÍAS 9 E 10 DE XUÑO

Subvencionase o coste da reparación dos danos causados en edificacións, instalacións, maquinaria e nas mercadorías neles depositadas, así como nos vehículos comerciais ou industriais dos establecementos turísticos inscritos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 21 de agosto de 2010.

Para máis información consulten coa axente de emprego e desenvolvemento local, Dña. Manuela Domínguez Bermúdez.

miércoles, 14 de julio de 2010

SUBVENCIÓNS VIVENDA POLAS INUNDACIÓNS DO 9 E 10 DE XUÑO

Ata o día 4 de agosto do 2010, está aberto o prazo de solicitude de axudas por danos en vivendas e instalacións complementarias como consecuencia do temporal acaecido na Mariña Lucense os días 9 e 10 de xuño.
Para máis información e solicitudes contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, Dña. Manuela Domínguez Bermúdez.

martes, 6 de julio de 2010

CONCURSO DE MÉRITOS PARA A SELECCIÓN DUN PEÓN DE RECOLLIDA DE LIXO

Están expostas no taboleiro de anuncios dos concellos as bases para a contratación laboral mediante concurso de méritos dun peón de recollida de lixo, por un mes. O prazo de presentación de solicitudes remata mañá.

DATA EXAME PEÓN OFICIOS VARIOS. CONTRATO DE RELEVO


Axunto resolución pola que se establece a data para as probas de selección dun peón de oficios varios (contrato de relevo), que se realizarán o próximo 09/07/2010, ás 10:00 na Casa Consistorial.

jueves, 1 de julio de 2010

CURSO ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS

Queremos recordarlles que o concello de O Vicedo organiza un curso de "Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais" dirixido preferentemente a persoas desempregadas. O curso ten unha duración de 475 horas lectivas, que se impartirán de luns a venres, 5 horas diarias. En principio, o horario previsto é de 9:00 a 14:00.
A data de inicio é o 13 de xullo e a de finalización o 25 de novembro. Todo o anterior estará condicionado a que se reuna o número mínimo de alumnos/as.
Requisitos mínimos de acceso: graduado ESO, FP I, grado medio.... ou superior, certificado de profesionalidade de nivel 2 ou certificado de profesionalidade de nivel inferior da mesma familia, celga 2 ou curso de iniciación ó galego.
Os interesados deben inscribirse canto antes chamando ó 982590195, contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, Manuela Domínguez.