Ata o día 30 de novembro do 2010 está aberto o prazo para inscribirse para os exames das competencias claves dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3.
Para poder acceder a determinados cursos convocados pola Consellería de Traballo e Benestar e dirixidos prioritariamente a traballadores desempregados (antiguo plan FIP) é necesario dispoñer dunha determinada titulación que varia segundo o nivel ou superar os exames das probas de competencias clave.
Para máis información, contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, con oficina sita na Casa de Cultura.