martes, 27 de noviembre de 2012

PROCEDEMENTO RECOÑECEMENTO EXPERIENCIA PROFESIONAL E OUTRA FORMACIÓN

A Consellería de Traballo e Benestar realiza unha nova convocatoria co fin último de recoñecer a experiencia laboral ou outra formación a través da obtención si procede do correspondente certificado de profesionalidade.


PRINCIPAIS REQUISITOS:

-Posuír nacionalidade española.

- Ter 18 anos cumpridos para as unidades de competencia de nivel I e 20 para os niveis II y III.

- Ter experiencia laboral ou formación:

* Mínimo 3 anos, con 2.000 horas traballadas nos últimos 10 anos para as unidades de nivel 2 e 3.

* No caso de formación non formal: xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos nas unidades de nivel 2 e 3.

- Non estar matriculados ou cursando simultaneamente un curso de formación profesional inicial ou para o emprego conducente á acreditación das unidades de competencia en que soliciten a súa inscrición.

 ESPECIALIDADES CONVOCADAS:
_________________________________________________

1.- ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO DOMICILIO: 989 prazas

2.- ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTIUTCIÓNS SOCIAIS: 502 prazas

Esta convocatoria é só para as persoas que estaban en lista de espera (admitidos con menor puntuación) na anterior convocatoria Pódese consultar esta lista nesta mesma páxina web.

Estas persoas non terán que prestar nova solicitude, nin documentación. Só deberán estar atentos á paxina web da Consellería, xa que a partir do 15 de decembro, se publicarán os calendarios para o inicio da fase de asesoramento: lugar, data e hora que lle corresponden a cada persoa. Deberán aboar as taxas segundo se indica na páxina web.
___________________________________________________

3.- CONFECCIÓN E MANTEMENTO DE ARTES E APARELLOS: 200 prazas

4.- SERVIZOS PARA O CONTROL DE PRAGAS: 200 prazas

Prazo de inscrición: do 17 de novembro ao 17 de decembro.

Na cualificación de confección e mantemento de artes e aparellos, as persoas que se inscribiron na anterior convocatoria deberán presentar solicitude de inscrición e declaración responsable, pero non terán que achegar a documentación xa presentada.
____________________________________________________

5.- INFORMACIÓN XUVENIL: 100 prazas

6.- SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS: 200 prazas

7.- SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS: 200 prazas   Prazo de inscrición: do 1 ao 31 de marzo de 2013.
_____________________________________________________

Inscricións e máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura de O Vicedo, ou chamando ó 982590195

lunes, 19 de noviembre de 2012

OFERTAS DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, de DÚAS AUXILIARES DE AXUDA A DOMICILIO, a xornada parcial, unha para 25 horas/semana e a outra para 19 horas/semana.



Deben cumprirse entre outros os seguintes requisitos:

-Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
-Dispor de vehículo e carné de conducir B1 ou vehículo que facilite o traslado polo termo municipal (motocicleta, etc.)
- Estar en posesión da titulación de Estudios Primarios ou Certificado de Escolaridade ou equivalente.
- Estar en posesión de curso homologado de auxiliar de axuda a domicilio ou curso de atención socio – sanitaria a persoas no domicilio, certificado de profesionalidad ou equivalente.


O prazo de inscrición remata o vindeiro día 28 de novembro, ás 09:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.





martes, 13 de noviembre de 2012

OFERTA DE EMPREGO

Ofertas de emprego publicadas en www.infojobs.net

- Operario empacadora lonja para Viveiro. Selecciona EUROFIRMS, E.T.T. Imprescindible experiencia en posto similar.

- Colaborador comercial para a provincia de Lugo. Agencia Santalucía

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello de O Vicedo, as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun peón de oficios varios, para un contrato de seis meses de duración, con data de inicio 26 de novembro.


O prazo de presentación de instancias remata o día 21 de novembro, ás 9:30. Realizándose a partir das 13:00 horas o proceso de selección na casa consistorial.

Para máis información e solicitudes: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.