O programa céntrase en potenciar
o emprendemento e a implantación de
novos modelos de negocio, creando solucións innovadoras e diferenciais,
apoiándose nos recursos naturais e poboacionais, mediante un Maratón de
emprendemento de 3 días, a realizar de forma presencial.
A maratón, que realizarase no
territorio do GDR Terras de Miranda,
durante os días 22,23 e 24 de abril, no Pazo San Tomé de Mondoñedo , dende o
venres pola tarde hasta o domingo a mediodía. Finalizando con unha presentación de
proxectos, dos que un xurado seleccionará catro por territorio de cada GDR, que serán os que
leven como premio unha pequena aportación económica para poñer en marcha o
mesmo.
A cuantía dos premios é a
seguinte:
3 premios de 2.500€
3 premios de 1.500€
6 premios de 500€
Unha vez rematada a maratón, comezaría a Incubadora Rural de Caixabank, na que durante 6 meses os proxectos gañadores recibirán mentorización por parte de profesionais directivos de Caixabank e Rural Talent, así como por parte de empresas referentes de Galicia.