Obxecto Xerar emprego estable, especialmente de mulleres,
persoas con todos os membros da unidade familiar en desemprego e
apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas
empresariais promovidas por persoas desempregadas, especialmente nos
concellos rurais.
Beneficiarios Empresas
privadas calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas
físicas, sociedades civís, comunidades de bens, sociedades cooperativas
e sociedades laborais, que cumpran as condicións e os requisitos
establecidos para cada tipo de axuda e nas que concorran, na data de
inicio da actividade, as seguintes circunstancias:
que sexan empresas de nova creación
que sexan viables técnica, económica e financeiramente
que xeren emprego estable para persoas desempregadas
que teñan o seu domicilio social e fiscal e o seu centro de traballo nun concello de Galicia
que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios promotores non figure ningunha persoa xurídica
que
a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros e que como
mínimo o 50 por cento do seu capital social sexa de titularidade de
promotores desempregados que creen o seu propio posto de traballo na
empresa.
Ademais poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas
privadas constituídas e que iniciasen a súa actividade, calquera que
sexa a forma xurídica que adopten, incluídos autónomos ou autónomas e as
sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de
personalidade xurídica, que obtivesen a cualificación como iniciativa
local de emprego, e non transcorrese máis dun ano desde a notificación
da resolución de cualificación, ou de ser o caso, no prazo que se
estableza na resolución de cualificación, sempre que cumpran as
condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda.
Tipos de axuda• Subvención á xeración de emprego estable Os
postos de traballo de carácter indefinido creados, incluídos os das
propias persoas promotoras, ocupados por persoas desempregadas
incentivaranse, ata un máximo de dez, cada un deles coas seguintes
subvencións:
A. 4.000 euros para desempregado en xeral.
Esta axuda terá dereito ao incremento do 25% en cada un dos seguintes casos:
a) No caso dunha muller
b) No caso dunha persoa con discapacidade ou que se atope en risco de exclusión social
c) No caso de pertencer a unha unidade familiar con todos os seus membros desempregados
d) O centro de traballo da empresa estea situado nun concello rural
Cando
a dedicación sexa a tempo parcial, as contías destes incentivos serán
proporcionais ao tempo efectivo de traballo, en función da xornada a
tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no
seu defecto, na xornada ordinaria legal.
Poderán ser obxecto desta
subvención os postos de traballo estables de carácter indefinido creados
desde o 01/10/2016 ata o 31/07/2017.
• Subvención para formación Para
axudar á persoa promotora ou empresaria na toma de decisións necesarias
para o funcionamento da empresa, financiarase parcialmente a asistencia
a actividades formativas relacionadas coa función xerencial e/ou
directamente relacionada coa actividade que vaia desenvolver. A contía
da subvención será de ata o 75% do custo dos servizos recibidos, cun
límite máximo de 3.000 euros polo conxunto dos cursos e das actividades
de formación recibidas.
• Subvención para o inicio da actividade Para
o financiamento dos primeiros gastos da actividade poderá concederse
unha subvención de 3.000 euros por cada emprego subvencionable, ata un
máximo de dez. Esta subvención terá os mesmos incrementos que no caso da
subvención para a xeración de emprego estable, podendo chegar aos 6.000
euros de ter dereito aos catro incrementos
Serán subvencionables os
honorarios de notaría e rexistrador, a compra de mercadorías e materias
primas, arrendamento do local, de maquinaria e de equipos informáticos,
gastos do seguro do local, publicidade, páxina web, posicionamento web e
subministracións excluído o imposto sobre o valor engadido ou, no seu
caso, os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou
compensación.
• Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras. Subvención
do 75% do custo dos servizos de gardería, ata un máximo de 3.000 euros,
para os promotores que sendo titulares dunha familia teñan fillos
menores de tres anos.
Poderán ser beneficiarias as persoas
promotoras que creen o seu propio posto de traballo estable e polo que
obtiveran a subvención á xeración do emprego estable, sexan titulares de
familias monoparentais ou na que os dous cónxuxes realicen unha
actividade laboral e estean dados de alta no correspondente réxime da
Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional.
Prazo de solicitudes • O prazo xeral para a presentación de solicitudes finalizará como máximo o 31 de xullo de 2017, pero as subvencións concederanse por orde de entrada ata o esgotamento do crédito.
Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello.