Convócanse as devanditas axudas para o ano
2014, que inclúen no caso da liña Emprende, os proxectos que cumplan os requisitos e iniciasen a actividade entre o 12 de setembro de 2013 e o 11 de setembro de 2014..
As axudas reguladas por estas bases teñen por obxecto incentivar ás
mulleres emprendedoras de Galicia para a posta en marcha, mellora ou
reactivación de iniciativas empresariais, ademais do fomento da iniciativa
empresarial da investigación ou de base tecnolóxica, como medio adecuado para a
súa promoción, participación e progresión no mercado laboral, a través das
seguintes liñas de actuación:
1. Liña Emprende: programa de axudas económicas
a través de primas para estimular a posta en marcha de iniciativas empresariais
e a creación de emprego feminino por conta propia e allea.
2. Liña Innova:
programa de axudas económicas mediante primas para promover a realización de
melloras innovadoras nas empresas lideradas por mulleres que comparten a
creación de emprego feminino estable e de calidade e a mellora da
competitividade.
3. Liña Activa: programa de axudas económicas a través de
primas para favorecer a reactivación e consolidación de empresas lideradas por
mulleres por medio da aplicación de medidas de renovación, relanzamento,
ampliación ou cambio de localización da actividade coas cales acadar o
equilibrio empresarial buscando o seu mantemento e promoción no contexto
económico actual.
4. Liña ITEF: Específica de investigación ou tecnolóxica
en feminino: programa de axudas económicas mediante primas para promocionar o
mellor proxecto empresarial de claro carácter innovador, contido científico ou
de base tecnolóxica nas empresas lideradas por mulleres e que comparten a
creación de emprego feminino.
5. Liña Concilia: programa de apoio á
conciliación do exercicio profesional coa vida persoal e familiar dirixido ás
empresas que acceden a calquera dos programas das liñas Emprende, Innova, Activa
ou ITEF, nas cales existan promotoras con fillos/as menores de tres anos, para
favorecer o exercicio profesional das emprendedoras que compatibilizan a súa
actividade co exercicio da maternidade en idades temperás e/ou nas cales, a
través de acordos, convenios ou contratos de teletraballo, se implementen novos
sistemas de organización, que comparten flexibilidade no uso dos tempos para a
execución do traballo e o desenvolvemento sustentable dos recursos, para
facilitar a conciliación da vida persoal e laboral e o exercicio das
responsabilidades familiares compartidas do equipo humano que integra a
empresa.
Fin prazo solicitude: 11 de setembro de 2014
miércoles, 27 de agosto de 2014
martes, 26 de agosto de 2014
REUNIÓN CON PRODUCTORES DA HORTA
O Grupo de desenvolvemento rural da Mariña, convoca a tódolos productores de horta a unha reunión, xa que teñen previsto facer
algunha actividade de promoción e difusión do sector.
A idea que desde o GDR lles plantexa é o de
collendo como referencia os produtos que se dan na zona, promocionar os
concellos. En principio, faríano a xeito inicial cos concellos de producción,
pero nunha segunda fase, podería extenderse á totalidade da comarca e tratar de
implicar ao sector da restauración.
A xuntanza co sector será o vindeiro xoves 28, ás 21:30h, no
centro de desenvolvemento comarcal de Mondoñedo.
Para calquera dúbida contactar coa xerente do GDR : 982.50.71.11
lunes, 25 de agosto de 2014
OFERTA DE EMPREGO
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a
contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha
AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (21 horas/semana), desde o
próximo día 01 de setembro de 2014 ata o 28 de febreiro de 2015.
O prazo de inscrición remata o vindeiro día 29 de agosto, ás 9:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día, a partir das 9:30 horas, na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.
miércoles, 20 de agosto de 2014
OFERTA DE EMPREGO
Están expostas no taboleiro
de anuncios do concello de O Vicedo, as bases para a selección mediante
concurso-oposición, dun peón de recollida de lixo, como persoal laboral temporal, por un período de sesis meses, a xornada completa.
O prazo de presentación de instancias remata o día 29
de agosto de 2014, ás 15:00 horas.
Para máis información e solicitudes: pasar polo concello ou pola oficina
da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou chamar ao 982590195.
jueves, 14 de agosto de 2014
OFERTA DE EMPREGO
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a
contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha
AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (21 horas/semana), desde o próximo día 25 de agosto de 2014 ata o 24 de febreiro de 2015.
O prazo de inscrición remata o vindeiro día 21 de agosto, ás 15:00 horas. A selección realizarase o día seguinte, 22 de agosto, a partir das 11:30 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.
miércoles, 6 de agosto de 2014
CURSOS DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A PERSOAS DESEMPREGADAS
No seguinte enlace pode consultar tódolos cursos aprobados para a provincia de Lugo e dirixidos prioritariamente a persoas desempregadas e ocupadas:
http://traballo.xunta.es/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/Contidos_Estandar/formacion_e_cualificacions/afd/afd2014-Lugo.pdf
martes, 5 de agosto de 2014
OFERTA DE EMPREGO
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a
contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha TRABALLADOR/-A SOCIAL, a xornada completa,
desde o próximo 25 de agosto ata o 31 de decembro de 2014.
O
prazo de inscrición remata o vindeiro día 14 de agosto, ás 15:00 horas. A
selección realizarase o día 22 de agosto de 2014, a partir das 10:00 na Casa
Consistorial.
As persoas que presenten a solicitude noutros rexistros ou en correos deberán enviar copias compulsadas, e adelantar por fax ou correo electrónico, dentro do prazo estipulado, copia da instancia correctamente selada polo organismo onde a presenta.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de
emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura do Vicedo, ou chamar ao 982590195.
viernes, 1 de agosto de 2014
LISTA DEFINITIVA ADMITIDOS E EXCLUIDOS PROCESO SELECTIVO 2 EDUCADORES INFANTÍS
No seguinte enlace pode consultarse a lista definitiva de admitidos e excluidos no proceso de selección de dous educadores infantís.
Confírmase que a data do exame e o próximo 5 de agosto, ás 10:00 na Casa da Cultura
Pincha aquí:
http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1 (Taboleiro de anuncios /emprego público)
Confírmase que a data do exame e o próximo 5 de agosto, ás 10:00 na Casa da Cultura
Pincha aquí:
http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1 (Taboleiro de anuncios /emprego público)
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
A Consellería de Economía e Industria convoca no DOG do día de hoxe, dúas axudas:
- Subvencións para o fomento da remuda comercial no sector de comercio polo miúdo.
- Subvencións para a modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego.
Fin prazo de solicitude: 1/09/2014.
- Subvencións para o fomento da remuda comercial no sector de comercio polo miúdo.
- Subvencións para a modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego.
Fin prazo de solicitude: 1/09/2014.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)