Será subvencionable a instalación de
ascensores, elevadores, salvaescaleiras e demáis dispositivos de accesibilidade
en edificios de tipoloxía residencial colectiva, nas súas vivendas dúplex e en
vivendas unifamiliares que carezan deles.
NON serán subvencionables as actuacións nas que se iniciaran as obras antes da
data de presentación da solicitude. Si serán subvencionables ás actuacións preparatorias
realizadas antes da data de presentación da solicitude tal como honorarios de
profesionais, informes técnicos, certificados e gastos de tramitación
administrativa, asi como costes de equipacións e materiais en obra civil e en
man de obra necesaria para a instalación.
Beneficiarios:
comunidades de persoas propietarias, persoas físicas propietarias únicas de
edificios de vivendas, persoas físicas propietarias dun dúplex nun edificio de
tipoloxía residencial colectiva e persoas físicas propietarias dunha vivenda
unifamiliar. No caso dos dúplex nun edificio de tipoloxía residencial colectiva
e vivenda unifamiliar, exixirasque os
ingresos ponderados da unidade de convivencia do beneficiario non superen 3,5
veces o IPREM.
Os propietarios dos
dúplex ou vivendas unifamiliares deberán acreditar que residen na vivenda
mediante certificado de empadroamento.
Gastos
subvencionables: honorarios dos profesionais que interveñan,
informes técnicos e certificados necesarios, gastos derivados da tramitación
administrativa e os custos en equipamentos, materiais, obra civil e man de obra
asociada á instalación. No custo total das obras NON se incluirán os gastos
derivados de impostos, taxas e tributos. Instalación de dispositivos de
accesibilidade complementarios ao ascensor ou elevador cando as limitacións de
accesibilidade así o requiran. Só se subvencionará un ascensor por
portal/vivenda. Instalación de dispositivos de accesibilidad complementarios
Contía: varía
en función do número de vivendas en caso de edificios e da súa situación:
SITUACIÓN
|
TIPOLOXÍA
|
%SUBV.
|
IMPORTE MÁXIMO
|
Situadas en
ámbitos históricos e dos camiños de Santiago
|
Vivendas
unifamiliares e dúplex
|
60
|
4.500 €
|
Edificios tipo
residencial colectiva con 8 ou menos vivendas
|
60
|
35.000 €
|
|
Edificios
residencial colectiva con máis de 8 vivendas
|
60
|
28.000 €
|
|
Non situadas en
ámbitos históricos e dos camiños de Santiago
|
Vivendas
unifamiliares e dúplex
|
60
|
2.500 €
|
Edificios tipo
residencial colectiva con 8 ou menos vivendas
|
60
|
25.000 €
|
|
Edificios
residencial colectiva con máis de 8 vivendas
|
60
|
18.000 €
|
En
calquera caso, cando a actuación consista na instalación dun salvaescaleiras a
contía será do 60% do gasto subvencionable cun límite de 1.000 € para
salvaescaleiras de cadeira e límite de 2.000 € para salvaescaleiras de
plataforma.
Cando
sexa necesario instalar dispositivos de accesibilidade complementarios ao
ascensor ou elevador, a contía será a suma de cada unha das axudas dispostas
para cada dispositivo.
Solicitudes:
presentación electrónica para as comunidades de propietarios. Persoas físicas
en papel ou electrónica.
Prazo
presentación de solicitudes: comenza mañá día 27 de marzo e rematará o 30 de maio de 2018, ou
antes no caso de que se esgote o crédito.
Destacar:
- O prazo de execución
das actuacións non poderá ser superior a 12 meses, desde o día seguinte á
notificación da resolución.
- Non poderán ser
beneficiarios aqueles que xa o foran para o mesmo programa nos últimos cinco
anos.
- As
solicitudes resolveránse por orde de entrada.
- No caso de que o
importe supere os 40.000 euros, será necesaria a presentación de tres
presupostos.
Máis información pinchando aquí: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180326/AnuncioG0423-150318-0001_gl.pdf