miércoles, 31 de octubre de 2018

OFERTA EMPREGO ADMINISTRATIVO. "PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO 2018"

No BOP de Lugo de hoxe día 31/10/2018 publícanse as bases para o nomeamento como funcionario interino dun ADMINISTRATIVO, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2018", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.


O prazo de solicitude é de 10 días naturais a contar a partir do día seguinte ó da publicación: polo tanto queda aberto desde mañá día 1 de novembro de 2018 ata o día 12 de novembro de 2018 (por ser o día da finalización do prazo un día inhábil pásase ao seguinte hábil)


Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: http://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/31-10-2018.pdf#page=16 , https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

viernes, 26 de octubre de 2018

CURSOS ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS


O Concello do Vicedo organiza dous cursos de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións Sociais, un en horario de mañá e outro de tarde. Estas acción formativas están dirixidas ás persoas desempregadas e cofinanciadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria  da Xunta de Galica e o Ministerio de Emprego e Seguridade Social. Ao finalizar, en caso de superar tódolos módulos, obteríase o correspondente certificado de profesionalidade de nivel 2.  Os  requisitos para poder acceder son: estar desempregado e inscrito no Servizo Público de Emprego é ter unha titulación mínima: ESO, FPI, un certificado de profesionalidade do mesmo nivel,etc.
Como de momento temos prazas vacantes, aquelas persoas interesadas deben chamar canto antes ao concello do Vicedo, ó  teléfono 982590029 ou 982590195.

lunes, 22 de octubre de 2018

AXUDAS PARA ENTIDADES SIN ÁNIMO DE LUCRO QUE REALICEN ACTIVIDADES DE INTERVENCIÓN SOCIAL

A Excma. Deputaicón provincial de Lugo, a través do programa Tecendo Emprego, subvenciona á entidades sen ánimo de lucro, cuxa actividade principal sexa o desenvolvemento de actividades de intervención social e que inclúa a promoción ou realización de accións que melloren as condicións dos colectivos con maiores dificultades, a contratación de desempregados lucenses durante un período de 12 meses para reforzar a súa actividade. As axudas van desde os 18.000 aos 24.000 euros.

O prazo de solicitude finaliza o 2 de novembro.

 

miércoles, 17 de octubre de 2018

OFERTA DE EMPREGO DUN ADMINISTRATIVO COMO FUNCIONARIO INTERINO, DENTRO DO PROGRAMA DE FOMENTO DO EMPREGO 2018 DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO


Están aprobadas e expostas as bases para o nomeamento como funcionario interino dun ADMINISTRATIVO, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2018", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

Próximamente está previsto que se publique a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, e o prazo de inscripción será de 10 días naturais contados a partir de dita publicación.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

martes, 16 de octubre de 2018

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE VIVENDAS DO INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO


No DOG de hoxe convócanse polo Instituto Galego de Vivenda e Solo axudas para a adquisición de vivendas:

Persoas beneficiarias

1. Poderán beneficiarse das axudas as persoas físicas maiores de idade que, tendo menos de trinta e cinco anos na data de presentación da correspondente solicitude, reúnan os seguintes requisitos:
a) Posuír a nacionalidade española ou, no caso de ser estranxeiras, ter a residencia legal en España.
b) Que os ingresos anuais das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a tres veces o IPREM.
Este límite será de catro veces o IPREM se se trata dunha familia numerosa de categoría xeral ou dentro da súa composición existan persoas cunha discapacidade distinta das sinaladas a seguir. O referido límite será de cinco veces o IPREM cando sexa unha familia numerosa de categoría especial ou na súa composición existan persoas con algunha das seguintes discapacidades:
i) Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
ii) Discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.
c) Ter subscrito a partir do 1 de xaneiro de 2018 ou estar en condicións de subscribir un contrato de adquisición dunha vivenda que reúna os seguintes requisitos:
– Que a vivenda estea localizada nun concello pertencente ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia de menos de 5.000 habitantes. Para estes efectos, tomaranse como referencia as últimas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes publicadas polo Instituto Galego de Estatística na data da correspondente convocatoria.
– Que o prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, sen os gastos e tributos inherentes a ela, sexa igual ou inferior a cen mil euros.
– Que se trate dunha vivenda xa construída. Para estes efectos, admitiranse tanto as vivendas novas como as usadas.
d) Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación da correspondente solicitude, para o caso de que a adquisición fose realizada con anterioridade á data da publicación da correspondente convocatoria.
e) Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia se atopen ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún outro concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
f) Que nin a persoa solicitante nin as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como que non se lles teña revogada, ou fosen obxecto dunha resolución de reintegro dunha axuda prevista neste ou no anterior plan estatal de vivenda, por incumprimento ou causa imputable a aquelas.
g) Que nin a persoa solicitante nin calquera das persoas integrantes da súa unidade de convivencia sexan propietarias ou usufrutuarias dalgunha vivenda en territorio español. Para estes efectos, non se considerará que se posúe a propiedade ou o usufruto dunha vivenda se o dereito recae unicamente sobre unha parte alícuota desta e foi obtido por transmisión mortis causa. Exceptuaranse deste requisito aquelas persoas que, sendo titulares dunha vivenda, acrediten non ter a súa dispoñibilidade por causa de separación ou divorcio, non poidan habitala por calquera outra causa allea á súa vontade ou que a vivenda resulte inaccesible por razón de discapacidade da persoa solicitante ou de calquera membro da súa unidade de convivencia.

2. No suposto de adquisición da propiedade da vivenda por máis dunha persoa, cada unha das persoas propietarias deberá cumprir os requisitos sinalados no parágrafo anterior para poder ser beneficiaria da axuda.

Importe:

1. A contía da axuda para a adquisición será de ata dez mil oitocentos euros por vivenda, co límite do 20 % do prezo de venda, sen incluír os gastos e tributos inherentes a esa adquisición.
2. No suposto de adquisición da propiedade da vivenda por máis dunha persoa propietaria, o importe da axuda que puidese recibir un/unha beneficiario/a que adquira unha parte dela determinarase aplicando, ao importe da axuda que correspondería da adquisición do 100 % da vivenda, a porcentaxe de cota adquirida.

Prazo de presentación de solicitudes:
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG), ata o 16 de novembro e rematando, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario, o que será publicado no DOG mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Máis información:



martes, 9 de octubre de 2018

OFERTA EMPREGO AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR (23 HORAS/SEMANA)

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (23 horas á semana). A data de inicio prevista é o día 02 de novembro, e cunha duración de seis meses.

O prazo de inscrición queda aberto desde o próximo día 10 e ata o 22 de outubro de 2018.  A selección realizarase o día  23 de outubro de 2018, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinche no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

lunes, 1 de octubre de 2018

APERTURA LISTAS SEAGA

Durante o mes de outubro ábrese o prazo para actualización de méritos nas listas e permítese, ademais, a inscrición de novos candidatos. 

O prazo de inscrición abarcará todo o  mes de outubro, dende o 1 ata o 31 incluídos, nas oficinas de Seaga ou por correo certificado.

As categorías previstas son: Enxeñeiro de Montes,  Enxeñeiro Agrónomo, Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, Arquitecto, Licenciado en Dereito,  Biólogo,  Técnico de Laboratorio, Titulado en Ciencias do Mar, Licenciado en Económicas, Enxeñeiro Técnico Forestal,  Enxeñeiro Técnico Agrícola, Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas,  Arquitecto Técnico, Capataz, Xefe de Brigada, Maquinista-condutor, Peón Especialista, Peón, Oficial Administrativo, Auxiliar Administrativo

Os que desexen actualizar méritos só terán que acreditar os méritos de experiencia externa a incorporar (vida laboral e contratos), pois os méritos de Seaga actualízanse de oficio.

Os que desexen inscribirse de novo terán que presentar toda a documentación (DNI, certificado médico, empadroamento, etc...)

A apertura das listas non implica necesariamente que haxa contratacións nos próximos meses, as contratación se efectúan unha vez recibidas encomendas de xestión que impliquen a necesidade de traballadores desas categorías.

Toda a información aparecerá publicada na páxina web de Seaga (www.epseaga.com)


SELECCIÓN 1 PEÓN FORESTAL APROL RURAL

Presentouse na oficina de emprego de Viveiro, unha oferta para a selección dun PEÓN FORESTAL, para cubrir unha vacante, con data de inicio prevista 22 de outubro de 2018 e de finalización 24 de marzo de 2019, subvencionada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (Aprol rural) para o ano 2018.

Para poder optar a estos postos de traballo hai que estar desempregados, non ocupados e dispoñible para o emprego, e inscritos no servizo público de emprego, tanto no momento da selección como no da contratación.

Poden consultar as bases no seguinte enlace: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0, ou no taboleiro de anuncios do concello