martes, 29 de diciembre de 2015

AXUDAS DO INEGA

A continuación informamos da convocatoria das seguintes liñas de axuda, por parte do INEGA:

* SUBVENCIÓNS ANO 2016 PARA A REALIZACIÓN DE AUDITORÍAS ENERXÉTICAS, IMPLANTACIÓN DE SISTEMAS DE XESTIÓN, MOBILIDADE CON COMBUSTIBLES ALTERNATIVOS E PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA.

 * SUBVENCIÓNS PARA O ANO 2016 A PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES

Máis información:

http://www.inega.es/?idioma=es 

 

AXUDAS DO IGAPE


No enlace que aparece a continuación, poderás consultar distintas axudas publicadas recentemente e dirixidas a emprendedores e empresarios en activo:

http://www.igape.es/gl/base-xeral-de-axudas/axudas/0/IGAP

AXUDAS PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO 2016



Persoas beneficiarias:

1.- As persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego que carezan de ocupación segundo informe de vida laboral, e procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en traballadores/as autónomos/as ou por conta propia, sempre que:
• Sexan titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, ou ben formen parte de sociedades civís ou comunidades de bens sempre que as soliciten a título persoal.
• Se den de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, entre o 01 de outubro de 2015 e o 30 de setembro do 2016.
·               Non estar inscritos no Sistema nacional de garantía xuvenil
• Non percibisen subvencións ao abeiro do programa de promoción do emprego autónomo nos tres anos anteriores á data do inicio da nova actividade.
• Non desenvolvesen como traballadores/as autónomos/as a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos 6 meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estiveran de alta como traballadores/as autónomos/as en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos 3 meses inmediatamente anteriores, non se aplica a autónomos colaboradores.
Os traballadores e traballadoras autónomas  ou por conta propia poderán ser beneficiarios/as das axudas deste programa cando formen parte de comunidades de bens ou sociedades civís sempre que as soliciten a título persoal, e xustifiquen individualmente o investimento mínimo segundo a cuota de participación. Quedan excluídos do mesmo, os socios de sociedades mercantís, cooperativas e sociedades laborais e os autónomos colaboradores.


Tipos de axuda:
      •  Subvención para iniciativas de autoemprego xuvenil,
Subvención a fondo perdido para as persoas que se den de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, entre o 01 de outubro de 2015 e o 30 de setembro do 2016.
Requisitos:
             - Ter menos de 30 anos de idade na data de solicitude da axuda ou na data da alta en autónomos si esta fose anterior.
            Cuantía da axuda: 1.200 euros

•  Subvención polo establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia,

1.- Co obxecto  de facilitarlles ingresos durante o inicio da actividade e posta en marcha da iniciativa empresarial ou profesional, unha subvención polo seu establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia, sempre que se acredite un investimento en inmobilizado material ou intanxible necesario para o desenvolvemento da actividade por unha contía non inferior a 3.000 euros  sen incluír o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, e se realice no período comprendido entre os tres meses anteriores ao inicio da actividade e os seis  posteriores  ao dito inicio, coa data límite, en todo caso, do 20 de decembro de 2016.

2.- As contías desta subvención serán as seguintes:
    A. 5.000 euros para desempregados en xeral.

    B. 8.000 euros para desempregados con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
    C. 10.000 euros para mulleres desempregadas con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social.


Prazo de solicitudes:

•  O prazo xeral para a presentación de solicitudes será de dous meses a partir do día seguinte o da publicación da orde, por tanto, finaliza o 29 de febreiro de 2016

lunes, 21 de diciembre de 2015

OFERTA DE EMPREGO

ADECCO, empresa de traballo temporal selecciona urxentemento un TÉCNICO DE MANTEMENTO CON ESPECIALIDADE DE ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA, para importante empresa  láctea da provincia de Lugo. Experiencia de polo menos dous ou tres anos. Máis información chamar o teléfono: 982213932.

miércoles, 16 de diciembre de 2015

PLATAFORMA INFORMATIVA SOBRE FINANCIACIÓN PARA PYMES



Recentemente, presentaron unha plataforma aprendeafinanciarte.com,  a primeira plataforma integral 2.0 que ofrece servizos de búsqueda de financiación para PYME, Autónomos e Emprendedores.
Diseñada para facilitar o acceso á financiación e ofertada de un modo gratuito, gracias á cofinanciación dos fondos FEDER e as Cámaras de Comercio Galegas, desde a mesma poderás acceder a todas as axudas públicas e financiación privada (bancarias e non bancarias) que hai no mercado en tempo real.
Disfrutarás dos servizos de consultoría e asesoramiento que se ofrecen desde a plataforma: diagnósticos económicos e financieros da túa empresa, cálculo do risco bancario, presentación de documentación no banco, guías formativas e ferramientas en excel, entre otros.
 Pincha aquí para obter máis información
Por suposto, desde este departamento de emprego e desenvolvemento local , estamos a túa disposición para axudarche e asesorarte.