lunes, 21 de noviembre de 2011

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral mediante concurso-oposición dunha AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO, a xornada completa.


Deben cumprirse os seugintes requisitos:


-Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.

- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.

-Dispor de vehículo e carné de conducir B1 ou vehículo que facilite o traslado polo termo municipal (motocicleta, etc.)

- Estar en posesión da titulación de Estudios Primarios ou Certificado de Escolaridade ou equivalente.

- Estar en posesión de curso homologado de auxiliar de axuda a domicilio ou curso de atención socio – sanitaria a persoas no domicilio, certificado de profesionalidad ou equivalente.


O prazo de solicitude remata o día 29 de novembro ás 9:30 horas, e a selección é ese mismo día ás 10:00 horas

martes, 8 de noviembre de 2011

AXUDAS COMERCIOS MINORISTAS

A Consellería de economía e industria a través de entidades colaboradoras adheridas o programa subvenciona a adquisición de equipos informáticos, software, páxinas web, lector código de barras, caixón portamoedas.... para comercios minoristas.


A subvención non superará o 70%, cun máximo de 1.500 euros.


Actualmente o estado desta axuda está na fase de espera a que sexan publicadas as entidades colaboradoras, e unha vez que esto ocurra poderán presentarse as solicitudes nas propias entidades e resolveranse por orde de chegada ata que remate o crédito.


Para máis información, pasar pola oficina de Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura

miércoles, 2 de noviembre de 2011

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante oposición, dun educador familiar, a media xornada, con adscrición o departamento de servizos sociais do concello de O Vicedo.

Requisitos:
- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
- Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: graduado/diplomado en educación social ou traballo social, licenciado en psicoloxía, pedagoxía e psicopedagoxía.
No caso de titulacións obtidas no extranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidelmente a súa homologación.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata as 9:30 horas do día 9 de novembro de 2011.

A proba de selección terá lugar o próximo día 9 de novembro de 2011, a partir das 10:00 horas


Para máis información e inscricións: pasar pola oficina de técnico de emprego, Manuela Domínguez, sita na Casa da Cultura.

CURSOS

Está aberto o prazo de inscrición para participar en dous cursos:

- Curso de benestar animal. Orientado a tratantes de ganado, cazadores, persoal de explotacións gandeiras.... Gratuito para traballadores en activo.

-Curso en conducción e prevención de riscos no manexo de carretillas elevadoras. Imparte Prevea.

Os cursos anteriores impartiríanse no concello de O Vicedo de haber un mínimo de alumnos.

Máis información e inscricións pasando pola Casa da Cultura ou chamando o 982590195.