martes, 26 de septiembre de 2023

Axudas a autónomos, empresarios, entidades sin ánimo de libro .. para proxectos aprobados aos grupos de acción local (GALP)

 ORDE do 14 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura 2021-2027, e se convocan as correspondentes ao ano 2023 (código de procedemento PE155A).

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchando nos seguintes enlaces

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PE155A&ano=2023&numpub=1 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230926/AnuncioG0427-150923-0003_gl.html


martes, 12 de septiembre de 2023

Obradoiro online gratuito sobre Emprendemento no medio rural

 


Máis información e inscricións: https://agaca.coop/gl/emprenderural/

Axudas a comerciantes retallistas, artesáns... Programa de comercio circular

ORDE do 16 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións do programa de comercio circular e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300D).

Consideraranse subvencionables para comerciantes retallistas (determinados epígrafes establecidos na orde) e obradoiros artesáns:

– Caixas e sobres de cartón ou papel reciclado.

– Recheos, proteccións acolchadas e escumas para a embalaxe.

– Cordas ou cintas de rafia, algodón ou outros materiais naturais.

– Film de material biodegradable.

– Etiquetas.

– Pegamento e cinta adhesiva.

– Bolsas comerciais de fibras naturais ou material reciclado.

Prazo de presentación de solicitudes: 09/09/2023 00:00 - 09/10/2023 23:59 (pero vanse resolvendo según orde de entrada

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230908/AnuncioG0692-170823-0001_gl.html ; https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=CO300D

Convocadas probas para a obtención dos certificados de lingua galega niveis Celga 2, 3 e 4

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se realiza a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2023 (código de procedemento PL500C).

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230904/AnuncioG0655-080823-0001_gl.html

martes, 5 de septiembre de 2023

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se realiza a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2023 (código de procedemento PL500C).

 Obxecto: convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de língua galega Celga 2, 3 e 4.

Destinatarios: Maiores de 16 anos ou que os cumpran no ano 2023.

Datas das probas: na segunda quincena de novembro e, de ser o caso, na primeira de decembro de 2023. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (https://www.lingua.gal)

Localidades: Santiago de Compostela e Ponferrada. Os lugares e horarios publicaranse na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

Inscripción: anexo I; xustificante de pagamento da taxa (código 304401); certificado de discapacidade de ser o caso. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Taxa: 16,92 euros. Mediante impreso de autoliquidación.(Excepto persoas con discapacidaderecoñecida igual ou superior ao 33%, que estarán exentas). O pago das taxas deberá realizarse dentro do prazo de presentación de solicitudes.

Prazo: ata o día 25/09/2023.

Destacar: non se admite o ingreso da taxa fóra de prazo. As persoas excluídas terán dous meses para solicitar a devolución da taxa ingresada, a partir da publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas.

Duración das probas

Celga 2

Escrita: 2 horas

Oral: máximo 10 minutos

Celga 3

Escrita: 2 horas e media

Oral: máximo 15 minutos

Celga 4

Escrita: 3 horas

Oral: máximo 15 minutos

Máis información no DOG do 4 de setembro de 2023: https://www.xunta.gal/dog ou dirixirse á Axente de emprego e desenvolvemento local do concello.