viernes, 28 de mayo de 2021

AXUDAS AUTOEMPREGO A PERSOAS EMIGRANTES GALEGAS RETORNADAS

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se modifica a Resolución do 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora e de subvencións COVID-19 para o mantemento do autoemprego na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento PR937A).

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210528/AnuncioG0595-250521-0001_gl.pdf


martes, 25 de mayo de 2021

Oferta emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada completa

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 16 de xuño, e por un período de tres meses.


O prazo de inscrición é desde o día 26 de maio de 2021 e ata o 07 de xuño de 2021 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 08 de xuño de 2021, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.


Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

martes, 18 de mayo de 2021

Oferta emprego: oito peóns de protección do ambiente e espazos naturais

Están expostas na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do concello os bases de selección para a contratación, mediante oposición, de 8 PEÓNS DE PROTECCIÓN DO AMBIENTE E ESPAZOS NATURAIS, a xornada completa, sendo a data de inicio o 10 de xuño e a de finalización o 09 de setembro de 2021.


O prazo de solicitude comenza o día 19 de maio e remata o día 31 de maio de 2021. A proba de selección realizarase o día 01 de xuño de 2021, ás 10:00 horas na Centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade de O Vicedo (Casa Cultura).
 
 Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, ou pinchando no seguinte enlace: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

jueves, 13 de mayo de 2021

AMPLIADO O PRAZO DE ADHESIÓN AOS BONOS ACTIVA COMERCIO ATA O DÍA 31 DE MAIO DE 2021

 OBXECTIVO: Incentivar a demanda comercial

BONOS ACTIVA COMERCIO:

Cada bono terá un valor de 30 euros, pode ser usado en varios establecementos, e con el poderán obterse descontos:

-          Desconto de 5 euros para compras superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros (IVE incluido).

-          Desconto de 10 euros para compras iguais ou superiores a 50 euros (IVE incluido).

 

Os bonos estarán dispoñibles para os usuarios a partir do 3 de maio na web https: //www.bonosactivacomercio.gal, e  terán unha validez de tres meses.

 

Importe máximo a canxear por cada empresa 5.000 euros.

 

COMERCIOS MINORISTAS QUE PODEN ADHERIRSE A ESTE PROGRAMA DE BONOS: os establecementos minoristas interesados poderán solicitado na web http://www.bonosactivacomercio.gal. ATA O DÍA 31 DE MAIO DE 2021.  Requisitos para poder adherirse:

-Desenvolver a  súa actividade comercial en Galicia.

- Ser empresarios autónomos ou pequenas e medianas empresas.

- Estar de alta nalgún dos epígrafes do IAE que aparecen nesta orde, publicado no DOG de 14/04/2021.

 

FUNCIONAMENTO DOS BONOS:

-          Os comerciantes adheridos recibirán semanalmente na conta bancaria indicada, a cantidade equivalente a os bonos canxeados no seu establecemento.

-          Para canxear os bonos e poder aplicar os descontos os comerciantes terán que descargar no seu móvil a APP corespondente, e no momento da compraventa, o comerciante terá que introducir nesa APP o importe e concepto da venda, aparecendo automáticamente o importe a cobrar (aplicado xa o desconto ao cliente). Pola sua parte, o usuario deberá mostrar o bono en formato código QR e pagar, en efectivo ou con tarxeta, o importe final da compra.

OBRIGAS DOS COMERCIOS ADHERIDOS:

-          Cumprir coas medidas de prevención frente a COVID-19.

-          Anunciar no exterior do establecemento a adhesión ao programa.

-          Realizar o desconto directo do bono, sin que  o usuario chegue a desembolsar o importe do desconto.

-          Especificar na zona de caixa, de forma visible, a política de devolución.

-          Someterse de ser o caso as actuacións de comprobación e vixilancia necesarias.

-          Conservar durante un ano os tickets de compra e facturas xustificativas da aplicación dos bonos.

-          Custodiar as claves de acceso á plataforma co fin de evitar un uso indebido da mesma.


 

FORMACIÓN EN DIXITALIZACIÓN E ASESORAMENTO SUBVENCIÓNS A RESTAURANTES, PEIXERÍAS E PEQUENO COMERCIO


 

lunes, 10 de mayo de 2021

Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada parcial (32 horas/semana)

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (32 h/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 01 de xuño, e por un período de seis meses.


O prazo de inscrición é desde o día 11 de maio de 2021 e ata o 20 de maio de 2021 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 21 de maio de 2021, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.


Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

jueves, 6 de mayo de 2021

PRÉSTAMOS DIRECTOS A EMPRESAS DO INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

 RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2021 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras de préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408B).

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210506/AnuncioO92-260421-0001_gl.html

miércoles, 5 de mayo de 2021

AXUDAS AO SECTOR COMERCIAL E ARTESANAL PARA DIXITALIZACIÓN E MODERNIZACIÓN

 

ORDE do 19 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a implantación e o pulo da estratexia dixital e modernización do sector comercial e artesanal, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código do procedemento CO300C). DOGA 04/05/2021.

Obxecto: subvencións para a implantación e impulso da estratexia dixital e modernización do sector comercial e artesanal.

Beneficiarios:

-      comerciantes minoristas con domicilio fiscal e de traballo en Galicia que empregen menos de 20 traballadores, cinha superficie de venda igual ou inferior a 300m2, incluidos nos seguintes IAE que constitúa a actividade principal:641,642,643,644,645,647,651,652,653,656,657,659,665; asimesmo poderán optar os que están de alta nos seguintes epígrafes sempre que o están tamén nalgún dos epígrafes mencionados anteriormente:255.2,253.6,41,421,43,44,45.

-      Talleres artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos talleres poderán inscribirse no dito rexistro ata o día 4 de xuño de 2021.

Solicitude: por medios electrónicos.

Actuacións subvencionables e importe máximo sen IVE:

1.    Línea de dixitalización comercial, subvención do 80% cos seguintes máximos: implantación e actualización de páxinas web con venta en liña e implantación e actualización de webs comerciais (de 800 a 4.000 euros dependendo do tipo de páxina); implantación de ferramentas de xestión e de sitemas integrados para planificación de recursos empresariais comerciais e de software (3.000 euros), así como as tabletas asociadas (300 euros); actuacións de comunicación, publicidade e ferramentas de markting 4.0 na internet ou usando novas tecnoloxías (16.000 euros); actuacións de comercialización dixital (participación en eventos efímeros ou feiras dixitais)(1.000 euros); loxística i e-commerce (1.000 euros); loxística i e-commerce sostenible no Km cero (1.000 euros).

2.    Adquisición der equipamentos propios da actividade comercial e artesanal, subvención do 80% cun máximo sen IVE de 10.000 euros: non pode ser de segunda man, e inclúe: maquinaria, ferramentas ou equipamento auxiliar, de fabricación externa cualificada, directamente relacionada coa actividade ou que melloren o diseño ou calidade do produto final.

Non son subvencionables: ordenadores, móbiles, televisores, reprodutores de sonido e imaxe, TPV; adquisición de maquinaria propia de procesos industriais; adquisición de maquinaria e instrumentos propios de servizos profesionais; materia prima da actividade empresarial; inversións en locais para uso da actividade artesanal

 

Prazo presentación de solicitudes: ata o 4 de xuño de 2021.

Destacar: serán subvencionables as actuacións que foran realizadas e pagadas desde o 1 de decembro do 2020 ata a data límite de xustificación. Obriga de manter as inversión subvencionables por un período mínimo de dous anos desde a concesión, e publicitar a axuda concedida.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchar no seguinte enlace https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210504/AnuncioG0596-220421-0001_es.pdf



LISTA DEFINITIVA ADMITIDOS/EXCLUIDOS SELECCIÓN AXENTE TIC 2021

 Publicouse no día de hoxe 05/05/2021 a lista de admitidos e excluidos definitva  en relación coas bases para a selección, dun/dunha AXENTE TIC, como persoal laboral temporal do Concello do Vicedo


Recordámosvos que as probas e valoración de méritos terán lugar o día 11 de maio de 2021, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo (Casa da Cultura).

Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no  + para ver toda a información)

lunes, 3 de mayo de 2021

BONO IMPULSO.- DEPUTACIÓN DE LUGO (BONO PARA HOSTELARÍA E COMERCIO LOCAL)

O Boletín Oficial da Provincia publicou este luns día 03 de maio de 2021 as bases do programa BONO IMPULSA. Poden anotarse todos os establecementos da provincia, incluídos os locais de hospedaxe, tendo en conta que non se poderá participar para canxear lotaría, bebidas alcohólicas non alimentarias nin tabaco.


Na páxina web da Deputación habilítase un espazo no que, durante os vindeiros 15 días hábiles, os negocios interesados deberán cumprimentar un formulario para adherirse, o prazo estará aberto do 04/05/2021 ata o 25/05/2021.

Unha vez se coñezan os locais participantes, abrirase o prazo para que a veciñanza interesada solicite o seu Bono Impulso, que deberá gastar nos locais adheridos do concello no que resida. Cada bono deberá gastarse nun único establecemento.

A institución provincial repartirá 17.000 bonos nominativos de 30€ á cidadanía (ó concello do Vicedo correspóndelle 84 bonos), que terán “efecto multiplicador nos negocios, pois para poder usalos haberá que realizar unha compra ou unha consumición mínima de 60€”.

Cada consumidor poderá solicitar un bono como máximo, podendo chegar a outorgárselle un segundo bono en caso de excendentes.

A modo de exemplo: se unha persoa vai a unha florería e realizar un gasto de 65 euros, debe pagar 35 euros ao establecemento no momento da compra e os 30 euros restantes serán aboados ao establecemento por parte da Deputación de Lugo cando presente a documentación xustificativa.

Os gastos serán realizados desde o día seguinte á publicación dos consumidores no BOP e páxina web da Deputación e ata o 31 de  agosto de 2021, coa excepción dos bonos procedentes do sorteo que se habilitará un período adicional de 15 días hábiles

Requisitos dos establecementos para adherirse:

-       -Ser empresarias autónomoas, microempresas ou pequenas empresas.

-     -Non atoparse incursos nas prohibicións de contratar coas administración.

-      - Non ter débedas con facenda, seguridade social, Xunta de Galicia ou Deputación no momento da xustificación, poden telas no momento da solicitude . No caso de débedas coa Deputación, serán compensadas co importe da axudas.

As empresas poderán facer efectivos os bonos aplicables ao finalizar o período de cosumo presentando:

-       - Anexo III

-      - Bonos utilizados.

-       -Ticket de compra/factura (con conceptos desagregados, non sirve mencións xenéricas tipo: “varios”, “bebidas” ou similares.

-     - Documento emitido pola entidade bancaria no que conste a conta bancaria.

-     - Certificados de non débedas, e en algúns casos chega con declaración.

Obrigas dos establecementos adheridos:

-       -Publicitar no exterior/interior do establecemento a adhesión ao programa.

-      -Comprobar a identidade e residencia co DNI antes de facer efectivo o bono.

-       -Non trocar os bonos aos consumidores por diñeiro en metálico en ningún caso.

-       -Colaborar coa Deputación de Lugo para o correcto funcionamento.

P

MMáis información e inscricións: http://deputacionlugo.gal/temas/emprego/bonoimpulso



M