lunes, 26 de septiembre de 2016

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, con carácter urxente, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (35 horas/semana), con adscrición ao srvizo municipal de axuda ó fogar do concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista é o día 14 de outubro, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 05 de outubro, ás 09:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

jueves, 22 de septiembre de 2016

AXUDAS A EMPRESAS QUE TEÑAN MOZ@S REALIZANDO PRÁCTICAS NON LABORAIS

ORDE da Consellería de Economía, Emprego e Industria, do 12 de setembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladorase  se procede á convocatoria pública, no ámbito da Comunidade Autónoma deGalicia, das subvencións para o financiamento das bolsas ás persoas novas que   realizan prácticas non laborais en empresas.
 
Máis información:

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160922/AnuncioG0424-140916-0017_gl.pdf

miércoles, 21 de septiembre de 2016

PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO "MANCOMUNIDADE DA MARIÑA LUCENSE

DURACIÓN: 12 MESES inicio 1-9-2016 e fin 31-08- 2017

MINIMO PERSOAS PARTICIPANTES:60 e compromiso inserción do 35% 21 persoas.
Cada participante ten que ter mínimo 5 atencións individuais e 3 accións de formación

COMPROMISOS INSERCIÓN: 35% durante os 12 meses teñen que ser contratados por conta allea 3 meses ou nos 12 meses ou nos3 meses seguintes inicien unha actividade como autónomo mínimo 6 meses

Nestes programas incluiranse de xeito obrigatorio accións de carácter formativo e de intermediación laboral e estableceranse obxectivos cuantitativos de inserción laboral das persoas demandantes de emprego participantes neles.


FORMACIÓN TRANSVERSAL
1.- INICIACIÓN Á INFORMATICA E INTERNET

2.- FORMACION PARA A IGUALDADE

3.- INSERCION LABORAL

4.- TÉCNICAS DE COACHING

4.- INGLÉS BÁSICO

FORMACIÓN ESPECÍFICA  CON PRACTICAS EN EMPRESA
1.- ATENCIÓN SOCIOSANITARIA

2.- OPERACIÓNS BÁSICAS DE RESTAURANTE E BAR

3.- SILVICULTURA E MANTEMENTO DE ZONAS VERDES

Este programa está dirixido a persoas desempregadas inscritas na correspondente oficina de emprego, e que pertenzan algún dos seguintes colectivos:
- Persoas con discapacidade.
- Persoas en risco de exclusión social.
- Mulleres víctimas de violencia de xénero.
- Menores de 30 anos.
- Mulleres desempregadas en xeral.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do Concello de O Vicedo, ou chamando ao 982590195/982590029


PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL CON SUBVENCIÓNS A CONTRATACIÓN DE DESEMPREGADOS/-AS EMPADROADOS NESTE CONCELLO




PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL DO CONCELLO DO VICEDO

OBXECTO:
Fomentar a inserción laboral de persoas inscritas no Servizo Público de Emprego e empadroadas cunha antigüidade mínima de 12 meses no concello do Vicedo.

DIRIXIDO A :
Empresas calquera que sexa a súa forma xurídica, asociacións…. que contraten, por un período mínimo de catro meses, a persoas que cumpran entre outros os seguintes requisitos:
- Estar inscritas no Servizo Público de Emprego
- Empadroadas no concello do Vicedo cunha antigüidade mínima de 12 meses a data de solicitude.

CUANTÍA DAS AXUDAS:
Ata 3.000 euros.
TIPO DE CONTRATACIÓN
HOMES
1º ANO
2º ANO
3º ANO
TOTAL
INDEFINIDA
800
800
800
2.400
TEMPORAL
500
500
500
1.500

TIPO DE CONTRATACIÓN
MULLERES
1º ANO
2º ANO
3º ANO
TOTAL
INDEFINIDA
1000
1000
1000
3000
TEMPORAL
600
600
600
1.800

Para contratacións inferiores a 12 meses ou con xornada inferior á completa, as axudas reduciranse proporcionalmente.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
No prazo dun mes desde a data de alta na Seguridade Social da persoa contratada.
As solicitudes irán resolvéndose por orde de entrada ata o esgotamento do crédito.


PÓDENSE CONSULTAR AS BASES NO SEGUINTE ENLACE:
https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.5 


lunes, 19 de septiembre de 2016

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, con carácter urxente, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (31 horas/semana), con adscrición ao srvizo municipal de axuda ó fogar do concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista é o día 06 de outubro, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 28 de setembro, ás 09:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día, a partir das 11:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal,  mediante concurso-oposición, dunha LIMPADORA, a xornada completa. A data de inicio prevista é o día 06  de outubro de 2016,e por un período de 6 meses

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 28 de setembro, ás 09:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día 28 de setembro de 2016, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

lunes, 12 de septiembre de 2016

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal,  mediante concurso-oposición, dunha LIMPADORA, a media xornada. A data de inicio prevista é o día 28  de setembro de 2016,e por un período de 6 meses

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 21 de setembro, ás 09:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día  21 de setembro, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.