viernes, 31 de julio de 2020

OFERTA DE EMPREGO

Residencia de Ortigueira necesita auxiliar de clínica, enfermería ou atención sociosanitaria (formación profesional). Interesados/-as contactar coa oficina de emprego de As Pontes

martes, 28 de julio de 2020

Obriga de comunicación de datos de viaxeiros de determinados territorios por COVID




Calquera persoa que chegue á Comunidade Autónoma de Galicia despois de ter estado, dentro do período dos catorce días naturais anteriores á súa chegada, fóra do territorio autonómico e que experimente algún dos síntomas máis comúns compatibles co COVID-19, tales como febre, calafríos, tose, sensación de falta de aire, diminución do olfacto e do gusto, dor de garganta, dores musculares, dor de cabeza, debilidade xeral, diarrea ou vómitos, deberá permanecer no seu domicilio ou no lugar de aloxamento e comunicalo ao Servizo Galego de Saúde coa maior brevidade.

No caso de persoas non residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, estas de­berán chamar ao teléfono 881 00 20 21, co fin de que se lles dean as indicacións que procedan.


Medidas aplicables ás persoas procedentes de determinados territorios:

As persoas que cheguen á Comunidade Autónoma de Galicia despois de ter estado, dentro do período dos catorce días naturais anteriores á dita chegada, en territorios cunha alta incidencia do COVID-19 en comparación coa existente na Comunidade Autónoma galega ou respecto dos cales non se dispoña de información ou de datos fiables sobre a situación epidemiolóxica existente neles, quedan sometidas ás seguintes medidas de prevención:

-          No prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia, as ditas persoas deberán comunicar os datos de contacto e de estadía na Comunidade Autónoma de Galicia que se recollen no anexo.
Para tal fin, deberán cubrir o formulario dispoñible no enderezo
https://coronavirus.sergas.gal/viaxeiros ou ben subministrar os ditos datos chamando ao teléfono 881 00 20 21. Así mesmo, tamén será posible a comunicación dos datos de contacto a través da aplicación que para estes efectos poida habilitar a Consellería de Sanidade.


Os datos debe subministralos a propia persoa ou o seu representante legal, que serán responsables de que a información recollida sexa veraz e precisa. A obriga prevista nesta letra é aplicable tanto ás persoas residentes no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia como ás non residentes no dito territorio e deberá cumprirse independentemente da presenza ou non de síntomas compatibles co COVID-19.


-           Os datos subministrados serán empregados polas autoridades sanitarias autonómicas exclusivamente para contactar coas ditas persoas para o cumprimento de finalidades de saúde pública, para os efectos de facilitarlles a información e as recomendacións sanitarias que procedan, así como, de ser o caso, en atención ás concretas circunstancias concorrentes, para a adopción das medidas sanitarias que resulten necesarias, sempre de acordo coa lexislación aplicable e buscando, de maneira preferente, a colaboración voluntaria da persoa afectada coas autoridades sanitarias.


Obrigas de información e colaboración na difusión


Os establecementos de aloxamento turístico situados na Comunidade Autónoma de Galicia deben informar as persoas usuarias da obriga prevista na letra a) do número 1 do punto cuarto. En particular, deberán situar na recepción e en lugares visibles dos establecementos cartelaría informativa co contido que determine a Consellería de Sanidade.


A continuación aparece o enlace donde se fixan os territorios que en esta quincena están incluidos na obriga de comunicación:


viernes, 24 de julio de 2020

Vacantes para os postos de xefe de brigada e condutor motobomba, campaña de incendios 2020

O día da data temos vacantes por renuncia das persoas seleccionadas os seguintes postos: xefe de brigada e un condutor motobomba.

As persoas interesadas poden chamar canto antes ao Concello do Vicedo, contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, chamando ao 982590029/982590195, vamos a proceder a presentar oferta na oficina de emprego de Viveiro.

LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS/EXCLUIDOS PARA A SELECCIÓN DE DOUS/DÚAS TÉCNICOS/-AS EN EDUCACIÓN INFANTIL PARA O PAI. CURSO ESCOLAR 2020/2120

Está exposta desde o día de hoxe, 24 de xullo de 2020, no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello do Vicedo, apartado taboleiro de anuncios, a lista de admitidos e excluIdos definitiva para a contratación laboral temporal de dous/dúas Técnicos/-as en educación infantil,  para o Punto de atención a infancia.

A proba realizarase o próximo día 28 de xullo de 2020, ás 10:00 h, na Casa da Cultura. R. Cidade de Mondoñedo, 23. 27860 O Vicedo.


Pinche aquí para consultala lista: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1 (Taboleiro de anuncios /emprego público/pinchar no +)

miércoles, 22 de julio de 2020

Recordatorio de fin prazo de presentación de solicitudes axudas para a reactivación do comercio, turismo e servizos


​​PROGRAMAS REACTIVA COMERCIO, TURISMO E SERVIZOS SEGUROS: PRAZO DE
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES ATA O 31 DE XULLO

Autónomos e pemes poden solicitar ata o 31 de xullo as axudas dos programas
Reactiva Comercio, Turismo e Servizos Seguros, postos en marcha pola
Xunta para impulsar a reactivación dos sectores dos servizos, o comercio, o
turismo e o transporte, apoiando a instalación de medidas de protección
que garantan a seguridade de traballadores e clientes.

A tramitación realízase de xeito rápido e sinxelo e inclúe a achega de
anticipos no momento da resolución favorable da axuda, pola metade da
contía dos investimentos realizados. As iniciativas subvencionadas poden
ser novas ou estar xa realizadas desde a declaración do estado de alarma.

As axudas destinaranse a cubrir os gastos realizados para a adquisición de
equipos de protección individual e de desinfección; a adaptación dos
espazos con equipamento de seguridade e redución do contacto entre persoas;
a realización das obras de renovación, limpeza e ventilación do aire;
e a posta á disposición dos clientes de información relativa ás medidas
hixiénicas e de protección.

Máis información:
Programa Reactiva Comercio Seguro (
Programa Reactiva Servizos Seguros (
Programa Reactiva Turismo Seguro (

Relación de admitidos e excluidos e designación tribunal para a selección dun funcionario de carreira, para acceder a praza de operario de servizos múltiples

No BOP de Lugo de hoxe día 22/07/2020, publícase a lista definitiva de admitidos e excluidos así como a composición do tribunal de cualificación,  do proceso de selección dun funcionario de carreira, mediante concurso oposición, para acceder a unha praza vacante de operario de servizos múltiples do Concello do Vicedo.

A continuación aparecen os enlaces co BOP e coa sede electrónica do concello do Vicedo (Apartado taboleiro de anuncios/documento denominado "ANUNCIO":

https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

http://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/Documentos/bop_167_22072020.pdf

lunes, 20 de julio de 2020

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS/EXCLUIDOS PARA A SELECCIÓN DE DOUS/DÚAS TÉCNICOS/-AS EN EDUCACIÓN INFANTIL PARA O PAI. CURSO ESCOLAR 2020/2120

Está exposta desde o día de hoxe, 20 de xullo de 2020, no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello do Vicedo, apartado taboleiro de anuncios, a lista de admitidos e excluIdos provisional para a contratación laboral temporal de dous/dúas Técnicos/-as en educación infantil,  para o Punto de atención a infancia.

O prazo para subsanar erros ou aportar documentación é de dous días hábiles (non contan nin sábados, nin domingos, nin festivos)a contar dende o día seguinte ó da publicación, polo tanto serán os días 21 e 22 de xullo.

As persoas que non entreguen neste concello a documentación, é decir que a presenten noutros rexistros habilitados, deberán adelantar toda a documentación por fax  ou 982590001 ou ao correo electrónico: concello@concellodovicedo.org, dentro do prazo establecido para a subsanación de erros, a parte da súa presentación no rexistro correspondente.

A proba realizarase o próximo día 28 de xullo de 2020, ás 10:00 h, na Casa da Cultura. R. Cidade de Mondoñedo, 23. 27860 O Vicedo.


Pinche aquí para consultala lista: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1 (Taboleiro de anuncios /emprego público/pinchar no +)

miércoles, 8 de julio de 2020

Oferta de emprego: vacantes para os postos de xefe de brigada e peón brigada incendios forestais, campaña de incendios 2020


Realizado os procesos selectivos para a contratación dos cinco membros da brigada de prevención e defensa contra incendios forestais, resultou quedar vacantes por renuncia das persoas seleccionadas os seguintes postos: xefe de brigada e un posto de peón.

As persoas interesadas poden chamar canto antes ao Concello do Vicedo, contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, chamando ao 982590029/982590195, vamos a proceder a presentar oferta na oficina de emprego de Viveiro.

lunes, 6 de julio de 2020

AXUDS PARA O FOMENTO DO EMPRENDEMENTO FEMININO (PROGRAMA EMEGA)


RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo Fondo Social Europeo (FSE) Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2020 (procedemento SI429A).

Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Emega as empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen os seus plans Innova ou Activa no período comprendido entre o 1 de agosto de 2019 e a data da fin do prazo de presentación de solicitudes, sempre que cumpran todas as condicións e requisitos comúns e os específicos da correspondente liña ou tipo de axuda previstos nas bases reguladoras. Debe tratarse de empresas coa categoría de micro ou pequenas empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten: empresarias individuais, sociedades civís ou sociedades mercantís, incluídas as sociedades laborais e as cooperativas de traballo asociado.

Prazo solicitude: un mes, a contar a partir de mañá día 07/07/2020.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200706/AnuncioG0244-230620-0001_gl.html

CHEQUE AUTÓNOMO DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


PRAZO DE SOLICITUDE: un mes, a partir de mañá día 07/07/2020, pero as solicitudes vanse resolvendo por orde de entrada ata o esgotamento do crédito.
QUEN PODE SOLICITAR:
1. As persoas traballadoras autónomas ou mutualistas de mutualidade do colexio profesional con domicilio fiscal en Galicia que estean en activo e cumpran os seguintes requisitos:
a) Que non percibisen prestación extraordinaria por cesamento temporal de actividade motivada pola pandemia do COVID-19, o que demostrará cunha declaración responsable.
b) Que teñan unha diminución na facturación superior ao 50 % comparando a facturación do segundo trimestre de 2020 coa do primeiro trimestre de 2020, o que demostrarán cunha declaración responsable.
c) Que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2019 (ou do último ano que a presentara), que demostrará cunha declaración responsable.
2. As sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia que estean en activo e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que as persoas traballadoras autónomas societarias non percibisen prestación extraordinaria por cesamento temporal de actividade motivada pola pandemia do COVID-19, o que demostrará cunha declaración responsable.
b) Que teñan unha diminución na facturación superior ao 50 % na facturación, comparando a facturacións do segundo trimestre de 2020 coa do primeiro trimestre de 2020, o que demostrará cunha declaración responsable.
c) A empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración referida ao ano 2019 (ou á última declaración presentada) inferior a 30.000 euros (segundo o recadro 552 do imposto do sociedades), que demostrará cunha declaración responsable. No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas este importe de 30.000 euros refirirase ao rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declaradas no IRPF da suma de todos os membros da sociedade ou comunidade de bens, que demostrará cunha declaración responsable. Que a sociedade teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2019 (ou do último ano que a presentase), que demostrará cunha declaración responsable.
3. Quedan excluídos desta orde os familiares que, de maneira habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas ou mutualistas de colexio profesional e que non teñan a condición de persoas traballadoras por conta allea conforme o establecido no artigo 1.3.e) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.
4. Tanto as persoas traballadoras autónomas como as mutualistas e as sociedades deben ter un período mínimo de actividade de 12 meses inmediatamente anteriores á declaración do Estado de alarma (Real decreto 463/2020, do 14 de marzo BOE núm. 67, do 14 de marzo), segundo a comprobación de vida laboral para a persoa traballadora autónoma ou alta no IAE para as sociedades.
CUANTÍA DAS AXUDAS:
1. Axuda a gastos loxísticos e de transporte de envíos da empresa comercializadora de produtos finais ao domicilio das persoas consumidoras finais. A axuda será de de 3 € por envío contratado con empresas loxísticas externas.
Subvencionarase un máximo de 100 envíos para a persoa autónoma individual. Se a empresa ten entre 1 e 5 persoas empregadas por conta allea, o máximo serán de 150 envíos. Se a empresa ten máis de 5 persoas empregadas por conta allea, os envíos máximos serán 200.
2. Axuda do 100 % dos seguintes gastos da actividade da empresa establecidos consonte o artigo 4.3 da Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020:
O pagamento por estar nalgunha plataforma de e-commerce local.
O pagamento por licenza de uso de software de venta en liña.
Gastos de publicidade en redes sociais.
Gastos correntes de seguridade motivadas polo COVID-19 entre os que están, entre outros, os gastos en máscaras, luvas, desinfectante, limpeza, anteparos, asesoramento en prevención de riscos laborais.
Gastos de subministracións e de telecomunicacións.
En todo caso, só serán subvencionables os gastos nos recursos, aplicacións e equipamentos que non teñan a consideración de investimento nos termos sinalados no artigo 4.3 da referida Orde ESS/1924/2016.
3. Axudas máximas:
A axuda máxima para o punto un deste artigo será:
– Para a persoa autónoma individual 300 €.
– Se a empresa ten entre 1 e 5 persoas empregadas por conta allea 450 €.
– Se a empresa ten máis de 5 persoas empregadas por conta allea 600 €.
A axuda máxima para o punto dous deste artigo será:
– Para a persoa autónoma individual 600 €
– Se a empresa ten entre 1 e 5 persoas empregadas por conta allea 900 €.
– Se a empresa ten máis de 5 persoas empregadas por conta allea 1.200 €.
Ambas as axudas son compatibles polo que as axudas máximas do punto un máis do dous deste artigo serán:
– Para a persoa autónoma individual, 900 €.
– Se a empresa ten entre 1 e 5 persoas empregadas por conta allea, 1.350 €.
– Se a empresa ten máis de 5 persoas empregadas por conta allea, 1.800 €.
A axuda máxima será de 1.800 €.
4. Na solicitude haberá de presentar un proxecto en forma de orzamento feito pola persoa solicitante cos conceptos polos que solicita a axuda, tanto das axudas previstas nos punto un como as do punto dous, e a cantidade que solicita para cada concepto deles.
5. Deberase facer unha declaración responsable co número de persoas traballadoras por conta allea contratados pola empresa.
6. Serán subvencionables os envíos e gastos realizados desde o inicio do estado de alarma o 15 de marzo de 2020 (Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, BOE núm. 67, do 14 de marzo) ata o 20 de decembro de 2020.
ENTRE AS OBRIGAS ESTÁ:

- No caso das persoas autónomas individuais e mutualistas, manter a alta no RETA ou mutualidade durante un tempo mínimo de 3 meses desde a concesión da subvención e que a persoa traballadora autónoma ou mutualista estea en activo tras o período de duración do Estado de alarma declaración polo Real decreto 463/2020 e as sucesivas prórrogas, salvo cesamento por causas alleas á súa vontade, o cal deberá acreditar fidedignamente.

Máis información contactando coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello, e tamén pinchando no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200706/AnuncioG0424-260620-0003_gl.html

viernes, 3 de julio de 2020

Axudas para concellos, empresas e entidades sin ánimo de lucro para proxectos de enerxías renovables

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas, para os anos 2020-2021, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN421G).


AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORAS E EMPRESAS AFECTADAS POR ERTE

En prazo:  02/07/2020 – 31/10/2020

Obxecto

A presente orde ter por obxecto regular a convocatoria de axudas para paliar a situación económica e compensar a perda do poder adquisitivo das persoas traballadoras afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) de suspensión de contratos ou de redución da xornada, así como axudar as empresas afectadas no relativo á compensación dos custos que supoña a formación das persoas traballadoras afectadas polos ERTE, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (TR820F).
Así mesmo, xunto con esta orde procédese á convocatoria das citadas axudas para o ano 2020

Máis información pinchando no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200701/AnuncioG0424-190620-0004_gl.html

ABERTO O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA A SELECCIÓN DE DOUS/DÚAS TECNICOS/-AS EN EDUCACIÓN INFANTIL

No BOP de Lugo de día 03/07/2020 publícase o anuncio da convocatoria para a selección de DOUS/DÚAS TÉCNICOS/AS DE EDUCACIÓN INFANTIL, e como o prazo son 10 días naturais a partir do día seguinte o da publicación no boletín, o PRAZO DE SOLICITUDE QUEDA ABERTO DESDE O DÍA 04/07/2020 ATA O 13/07/2020.

As bases de selección están expostas no taboleiro de anuncios do concello, así como na sede electrónica, e pode consultarse pinchando no seguinte enlacehttps://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + que está a dereita para ver todas as publicacións)

jueves, 2 de julio de 2020

BONO TURÍSTICO: QUEDAMOS EN GALICIA



Prazo solicitude:  03/07/2020 – 13/12/2020
Obxecto
O obxecto desta resolución é establecer o procedemento e as condicións que deben reunir os establecementos turísticos e as axencias de viaxes para a participar no programa Bono Turístico.
O Bono Turístico é una tarxeta de prepagamento que se entregará ás persoas beneficiarias que voluntariamente o soliciten e se cargará dunha soa vez cun total de 250 €, e que terá unha vixencia comprendida entre a data de entrega da tarxeta prepago pola entidade bancaria colaboradora aos beneficiarios do programa e o 13 de decembro de 2020. Poderá ser empregado nos establecementos de aloxamento turístico e axencias de viaxes, así como nos seus servizos asociados, que se adhiran ao programa a través da presente convocatoria.
Duración da prestación
Os servizos, actividades ou produtos turísticos poden prestarse desde o día da entrega pola entidade colaboradora da tarxeta prepago aos beneficiarios e ata o 13 de decembro de 2020, no que este programa quedará extinguido.

A quen vai dirixido?

Empresas turísticas
Obrigas dos solicitantes
Os solicitantes obríganse ao cumprimento das seguintes condicións na prestación dos servizos ou produtos:
• Cumprimento das medidas de prevención de riscos sanitarios e laborais establecidas pola autoridade sanitaria, laboral ou turística para a prevención de contaxios derivados da COVID-19.
• Dispor dunha terminal de punto de venda (TPV) para a realización da transacción de compra do servizo ou actividade turística a través da tarxeta moedeiro Bono Turístico #QuedamosenGalicia. Para os efectos da validación da TPV, o establecemento adherido deberá facilitar o número/s de comercio de que dispoña á entidade bancaria.
• Dispor dun desconto mínimo do 15 % sobre o prezo ordinario do servicio. Non obstante, o establecemento adherido poderá optar por entregar ao beneficiario do servizo, actividade ou produto turístico un agasallo ou servizo complementario, polo valor equivalente ao dito 15 %.

Requisitos

Poderán solicitar a súa adhesión aquelas empresas, empresarios ou agrupacións empresariais que dispoñan de aloxamentos, excepto as vivendas de uso turístico, e tamén as axencias de viaxe que, con independencia do lugar en que radique a súa sede social, desenvolvan as súas actividades dentro do sector turístico vinculado a Galicia e presten os servizos, actividades ou produtos vinculados a este programa na Comunidade Autónoma de Galicia.
Todas estas empresas deberán estar dadas de alta no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas (REAT) no momento da publicación desta convocatoria e dispor de TPV con número de comercio que os identifiquen no servizo de pagamentos, para a execución das correspondentes operacións de pagamento efectuadas coas ditas tarxetas.

Pincha aquí para consultar a normativa:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200702/AnuncioG0256-170620-0001_gl.html
Print Friendly, PDF & Email

Oferta de emprego: vacante para o posto de condutor motobomba, campaña de incendios 2020

Realizado o proceso selectivo para a contratación de 3 condutores motobomba para a campaña 2020, resultou quedar unha vacante por renuncia da persoa seleccionado.

As persoas interesadas poden chamar canto antes ao Concello do Vicedo, contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, chamando ao 982590029/982590195, vamos a proceder a presentar oferta na oficina de emprego de Viveiro.

miércoles, 1 de julio de 2020

Bases selección dous/dúas Técnicos de educación infantil para o Punto de Atención á Infancia. Curso escolar 2020/2021

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, de DOUS/DÚAS TÉCNICOS DE EDUCACIÓN INFANTIL, para o Punto de atención á infancia municipal, durante o curso 2020/2021, desde o próximo día 1 de setembro de 2020, si a situación sanitaria o permite, e ata o día 31 de agosto de 2021.


Poder consultar as bases  e conseguir a instancia de solicitude e a declaración que acompaña a documentación, pinchando no seguinte: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

O prazo de solicitude é de 10 días naturais, contados a partir da publicación do anuncio no BOP de Lugo. Cando se publique e polo tanto se abra o prazo, anunciarase novamente nesta páxina.