viernes, 31 de enero de 2014

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (29 horas/semana), desde o próximo día 17 de febreiro ata o 28 de marzo de 2014..

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 12 de febreiro, ás 9:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:30 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (34 horas/semana), durante cinco meses, sendo a data de inicio prevista o día 14 de febreiro.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 12 de febreiro, ás 9:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

OFERTA DE EMPREGO

No Progreso do día de hoxe, publícase un anuncio de que o Concello de Lourenzá está buscando un Técnico superior en educación infantil para cubrir unha baixa de maternidade no Punto de atención á infancia, cunha duración de seis meses.

Os interesados deberán contactar directamente co concello de Lourenzá.

lunes, 27 de enero de 2014

SEMINARIO PARA A ELABORACIÓN DO PLAN DE EMPRESA



Descrición e obxectivo do seminario 
O seu obxectivo é proporcionar aos participantes de ferramentas sinxelas e útiles para que poidan elaborar o seu plan de negocio e determinar a viabilidade do seu proxecto. Para acadar este obxectivo proponse unha metodoloxía de traballo participativa, apoiada nas TIC.

Destinatarios

Persoas emprendedoras que teñan un proxecto de negocio que desexen analizar.

Empresarios e autónomos con menos de 42 meses de actividade que desexen reorientar ou analizar o seu plan de negocio.



Estrutura

O seminario consta de cinco sesións distribuídas do seguinte xeito:


·     Tres sesións formativas cunha duración total de 14 horas

·     Dúas titorías por proxecto, cunha duración de 45 minutos por titoría



Lugar de realización
Edificio Escola obradoiro.
Avda. de Galicia nº 6
Cervo (Lugo)


Datas e horario 
• Primeira sesión: 6 de febreiro de 16:00 a 20:00 horas
• Segunda sesión: 13 de febreiro de 12:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas
• Primeira titoría : 19 de febreiro (fixarase un horario por proxecto)
• Terceira sesión: 20 de febreiro de 16:00 a 20:00 horas
• Segunda titoría: 27 de febreiro (fixarase un horario por proxecto)



 Número de prazas
O número máximo de proxectos empresariais por seminario é de vinte, sendo dúas o  número máximo de persoas que poden participar por  proxecto.



Criterios de selección de alumnos
A selección dos alumnos participantes realizarase por orde de inscrición, ata cubrir as prazas ofertadas.



A acción formativa é completamente gratuíta para o alumno.


Comunicarase a todas as persoas inscritas se están admitidas ou non, mediante o envío dun correo electrónico.


Para máis información e inscricións:
http://xornadas.igape.es/seminario-para-a-elaboracion-do-plan-de-negocio.-febreiro-2014-cervo-2.html

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (31 horas/semana), durante dous meses, sendo a data de inicio prevista o día 10 de febreiro.


O prazo de inscrición remata o vindeiro día 5 de febreiro, ás 9:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

miércoles, 22 de enero de 2014

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

Ata o 21 de febreiro de 2014, está aberto o prazo, para a acreditación das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia profesionalidade ou ensinanzas non formais en distintas cualificacións e a súa convalidación cun ciclo formativo ou parte do mesmo , por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Para acceder a este procedemento, os candidatos e as candidatas deberán cumprir os seguintes requisitos:

A. Posuír a nacionalidade española, dispor do certificado de rexistro de cidadanía comunitaria ou da tarxeta de familiar de cidadá ou cidadán da Unión Europea, ser titular dunha autorización de residencia ou de residencia e traballo en España en vigor, nos termos establecidos na normativa española de estranxeiría e inmigración.

B. Ter 18 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición, para unidades de competencia correspondentes a cualificacións de nivel I, e ter 20 anos para as unidades de competencia de nivel II e III.

C. Ter experiencia laboral e/ou formación relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar:
c.1. No caso de experiencia laboral, xustificar polo menos tres anos cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total, nos últimos dez anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria, para as unidades de competencia de niveis II e III e, para unidades de competencia de nivel I, xustificarán polo menos 2 anos cun mínimo de 1.200 horas traballadas en total.
c.2. No caso de formación, xustificar polo menos 200 horas para unidades de compencia de nivel I ou 300 horas para as unidades de competencia dos niveis II e III, nos últimos 10 anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria. Nos casos nos que os módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretenda acreditar prevexan unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas nestes módulos.

D. As persoas candidatas non poderán estar matriculadas nin cursando simultaneamente un curso de formación profesional inicial (ordinario ou modular), nin para o emprego conducente á acreditación das unidades de competencia en que soliciten a súa inscrición. Tampouco poderán ter completado un curso de formación profesional inicial nin de formación para o emprego polo que teñan dereito á acreditación directa das mesmas unidades de competencia que agora se convocan. Para todo isto, presentarán declaración xurada.

As persoas maiores de 25 anos que cumpran os requisitos de experiencia laboral ou formativa indicados na alínea anterior e que non poidan xustificalos mediante os documentos sinalados, poderán solicitar a súa inscrición provisional no procedemento, sempre e cando presentaran a xustificación mediante algunha proba admitida en dereito, da súa experiencia laboral ou das aprendizaxes non formais de formación. Unha comisión de coordinación será a encargada de estudar estes casos, e emitirá un informe sobre a procedencia ou non da participación da persoa candidata no procedemento. Se o informe é positivo, procederase á súa inscrición definitiva. 

Para máis información pinche aquí:

AXUDAS CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

No DOG do día de hoxe, a Consellería do Medio Rural convocou varias axudas:

- Axudas para a modernización de explotacións agrarias, incorporación de mozos á actividade agraria e para o fomento de instalacións e equipamentos agrarios en réxime asociativo.

- Axudas para constituir e iniciar a actividade de sociedades de fomento forestal (SOFOR).

Para máis información pinche aquí:

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/2014/20140122/Secciones1_gl.html

martes, 21 de enero de 2014

AXUDAS CONTRATO DE FORMACIÓN

Esta orde da Consellería de Traballo e Benestar ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá ( no ámbito da C. A. de Galicia), a convocatoria pública das subvencións para o financiamento da formación asociada aos  contratos de formación e aprendizaxe regulados polo R.D 1529/2012 , do 8 de novembro, que exceda o 25%  da xornada laboral.


ENTIDADES BENEFICIARIAS.
      
Poderán ser entidades beneficiarias as empresas que contratasen traballadores baixo a modalidade do contrato para a formación e a aprendizaje durante o ano 2013 , cunha dedicación ao tempo de formación que exceda o 25% da xornada laboral efectiva do traballador.


REQUISITOS DA CONTRATACIÓN.

A) O contrato para a formación e aprendizaxe deberá celebrarse con traballadores mayores de 16 anos e menores de 30 anos, que carezan de cualificación profesional obtida e recoñecida polo sistema de formación profesional para o emprego ou do sistema educativo requerida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou ocupación obxecto do contrato.

 B) A duración mínima do contrato será dun ano e a máxima de tres.

DETERMINACIÓN DAS SUBVENCIÓNS PARA A ACCIÓN FORMATIVA.

O importe da subvención concretarase no producto das horas de formación que excedan o 25 % da xornada laboral asociadas aos contratos de formación e aprendizaxe polo número de persoas traballadoras contratadas e polo importe do módulo económico . Este importe será de oito euros para a modalidade de formación presencial e de cinco euros para a teleinformación.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: ata o 15 de xuño de 2014

viernes, 17 de enero de 2014

OFERTAS DE EMPREGO


En infojobs.net entre outras aparece a seguinte oferta de emprego:
Adecco Industrial selecciona para importante empresa de Lugo un técnico de mantemento de parques eólicos para traballar na provincia. Pídese dous anos de experiencia.

Para máis información pinche aquí:

https://www.infojobs.net/jobsearch/search-results/list.xhtml

martes, 14 de enero de 2014

OFERTAS DE TRABALLO

Ofertas de emprego publicadas no día de hoxe na Voz de Galicia:

- Autolusa busca MECÁNICO para concesionario oficial de Wolkswagen para A Mariña situado en Burela. Incorporación inmediata. Debe estar en posesión do ciclo de grado medio en electromecánica de vehículos e é imprescindible experiencia. Os interesados poden enviar o seu currículum a Autolusa na Calle Perdouro, número 28. 27880 Burela, ou ben a través do correo ventas3@autolusa.volkswagen.es

- COMERCIAIS para a zona de Burela, San Cibrao, Xove e Viveiro, para traballar no sector de seguros e financeiro.Nivel formativo: estudios profesionais de grado medio en comerio ou marketing. Máis información en: www.infojobs.es

- En Infojobs tamén se publica unha oferta da empresa de traballo temporal Grupo Eulen, Eulen Flexiplan, dun monitor de actividades físicas con coñecementos de ximnasia aeróbica, body combat e body jump, entre outros, para a provincia de Lugo

jueves, 9 de enero de 2014

BOLSAS FORMACIÓN CONSELLERÍA ECONOMÍA E INDUSTRIA

No DOG do día de hoxe convócanse 4 bolsas de formación na Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia para titulados.

 A Dirección Xeral de Comercio elaborará un programa formativo que integrará principalmente aspectos relativos á actividade comercial, o estudo e análise da pequena e mediana empresa comercial, e o sector da distribución e as estruturas comerciais. O programa formativo poderá estenderse a todas aquelas materias sobre as cales o centro directivo ten competencia e, en concreto, a artesanía.  Duración máxima das bolsas ata o 30 de decembro

Requisitos:

a) Ter nacionalidade española ou ser nacionais de calquera Estado membro da Unión Europea, así como estar domiciliado/a na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.

c) Estar en posesión dalgún título universitario de licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a ou de grao. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición, ao remate do prazo de presentación de solicitudes e ter rematado os estudos conducentes a el no ano 2005 ou posterior.

d) Non ter desfrutado anteriormente doutra bolsa de formación na Dirección Xeral de Comercio.
e) Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda.
f) Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro/a.

g) Non estar incursa en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a sinaladas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 xuño).

Prazo de presentación: un mes, ata o 9 de febreiro de 2014



viernes, 3 de enero de 2014

AXUDAS IGAPE


No enlace que aparece a continuación podes consultar as axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para emprendedores e empresarios:

http://www.igape.es/gl/base-xeral-de-axudas/axudas/0/IGAP

AXUDAS DA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Recentemente a Consellería do Medio Rural convocou distintas axudas, entre elas:

- Axudas a creación e mellora de microempresas de aproveitamentos forestais.
- Axudas a agrupacións de productores para a realización de actividades de información e promoción de produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada.
- Axudas a investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais.

Máis información pinchando en:

http://mediorural.xunta.es/