Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a
contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha
AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO, a xornada completa, para cubrir unha baixa por enfermidade. A data de
inicio prevista é o día 13 de outubro de 2015.
O prazo de inscrición remata o vindeiro día 05 de outubro, ás 15:00 horas.
A selección realizarase o día 06 de outubro de 2015, a partir das 10:30 na Casa
Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local sita na Casa da Cultura, ou chamar ao 982590195