viernes, 28 de septiembre de 2012

OFERTAS DE EMPREGO.INTERNET

Ofertas de emprego publicadas en infojobs.net:


- ACOMPAÑANTE ESCOLAR para a Mariña Lucense. Grupo NORTE E.T.T, S.A. A Coruña

- MÉDICO DE FAMILIA. Centro médico As Pías, S.L. Viveiro
Máis información e inscricións: http://www.infojobs.net/jobsearch/search-results/list.xhtml

jueves, 27 de septiembre de 2012

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha LIMPIADORA a media xornada, durante seis meses.

Requisitos:
- Estar en posesión da titulación de estudios primarios ou certificado de escolaridade.
- Ter cumpridos os 16 anos.
- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.

O prazo de inscrición remata o próximo día 05 de outubro, ás 09:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:00 h. na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

viernes, 21 de septiembre de 2012

PROBAS COMPETENCIAS CLAVE NIVEL 2

Está aberto o prazo de inscrición  a partir do día de hoxe e ata o próximo día 10 de outubro, para asistir ás probas de avaliación en competencias clave para acceder ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2.

As probas realizaranse en Silleda o día 24 de novembro.

Estas probas é necesario superalas para acceder a algúns cursos de formación dirixidos prioritariamente a desempregados subvencionados pola Consellería de Traballo e Benestar, no caso de non posuir a formación mínima esixida: titulación ESO, FP1, outro certificado de profesionalidade do mesmo nivel, outro certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia, non ter acreditada competencia en galego nivel CELGA2, etc.

Para máis información e solicitude pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura de O Vicedo ou chamar o 982590195

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO a xornada parcial (28 horas/semana).


Deben cumprirse os seugintes requisitos:

-Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
-Dispor de vehículo e carné de conducir B1 ou vehículo que facilite o traslado polo termo municipal (motocicleta, etc.)
- Estar en posesión da titulación de Estudios Primarios ou Certificado de Escolaridade ou equivalente.
- Estar en posesión de curso homologado de auxiliar de axuda a domicilio ou curso de atención socio – sanitaria a persoas no domicilio, certificado de profesionalidad ou equivalente.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 28 de setembro, ás 09:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.



martes, 18 de septiembre de 2012

OFERTAS DE EMPREGO

Ofertas de emprego publicadas en infojobs.net:

-2ª ENCARGADO/A TIENDA en Viveiro (Lugo). Importante empresa do sector textil e calzado.
- LICENCIADO/-A EN FARMACIA para a Costa de Lugo. ADER, E.T.T.
- PALISTA para SERVICIOS FORESTALES A MARIÑA, S.L, con permiso de conducir trailer.

Máis información e inscricións: http://www.infojobs.net/jobsearch/search-results/list.xhtml

OFERTA DE EMPREGO

Oferta de emprego publicada no Progreso de hoxe: Empresa ubicada na Mariña solicita un torneiro de control numérico e manual, experiencia mínima de 2 ou 3 anos. Tlf.: 982595100

BOLSAS PARA A FORMACIÓN NO ESTRANXEIRO

A Excma. Deputación Provincial de Lugo convocou no BOP de hoxe 20 bolsas para a formación profesional fora de España para ex-alumnos da escola de Imaxe e Son da Fundación TIC, entre outros requisitos está o de haber finalizado os estudios nos tres últimos anos.

Para máis información:

lunes, 17 de septiembre de 2012

PROXECTO "LUGOJOB" AXUDAS ESTANCIAS NO ESTRANXEIRO

A Excma. Deputación Provincial de Lugo convoca no BOP de hoxe axudas para estancias no estranxeiro coa finalidade formativa-profesional a través da realización de prácticas en Alemania, Austria, Italia, Portugal, República Checa, Reino Unido e Irlanda. Os beneficiarios serán 50 persoas tituladas en diversas especialidades a partir do 2009.

O prazo de solicitude remata o próximo día 2 de outubro.

Máis información en:

miércoles, 12 de septiembre de 2012

AXUDAS A EMPRESAS

No enlace da Consellería de Traballo e Benestar que aparece a continuación poderá consultar as axudas a empresas e emprendedores con prazo de solicitude aberto, a maioría son axudas para contratación de traballadores por conta allea:

http://traballo.xunta.es/axudas-e-subvencions

OFERTA DE EMPREGO

EUROFIRMS, E.T.T busca candidatos/as que estean disponibles para traballar na lonxa (OPERARIO DE PESCADO); especialmente en días soltos ainda que podría ser bastante continuado; valórase en gran medida a experiencia en tarefas similares.



Os interesados/-as deben contactar con Belén Pena chamando ós teléfonos 982 562 906 / 669 574 512 (Viveiro).