O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca axuda á mocidade para a compra de vivenda en concellos de menos de 5000 habitantes
Requisitos das persoas beneficiarias:
Mocidade entre 18 e 35 anos na data de presentación da solicitude e que reúnan os seguintes requisitos:
- Posuír a nacionalidade española ou, no caso de ser estranxeiras, ter a residencia legal en España.
- Que os ingresos anuais das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a tres veces o IPREM*.
Este límite será de catro veces o IPREM* se se trata dunha familia numerosa de categoría xeral ou dentro da súa composición existan persoas cunha discapacidade.
O referido límite será de cinco veces o IPREM*
cando sexa unha familia numerosa de categoría especial ou na súa
composición existan persoas con algunha das seguintes discapacidades:
1.
Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou
discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido
igual ou superior ao 33 %.
2. Discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.
- Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa
unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no
momento de presentación da correspondente solicitude, para o caso de que
a adquisición fora realizada con anterioridade á data da publicación da
correspondente convocatoria.
- Estar ao día das súas obrigas
tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan
pendente ningunha outra débeda, por ningún outro concepto, coa
Administración pública da Comunidade Autónoma.
- Non ser propietario/a dalgunha vivenda en territorio español.
Requisitos da vivenda
1. Que a vivenda estea localizada nun concello pertencente ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia de menos de 5.000 habitantes.
2. Que o prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, sen os gastos e tributos inherentes a ela, sexa igual ou inferior a 100.000 euros.
3. Que se trate dunha vivenda xa construída. Para estes efectos, admitiranse tanto as vivendas novas como as usadas.
Contía das axudas
A contía da axuda para a
adquisición será de ata 10.800 euros por vivenda, co límite do 20 % do
prezo de venda, sen incluír os gastos e tributos inherentes a esa
adquisición.
O formulario de solicitude están dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal co código VI435A
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o o 31 de outubro de 2019, ou en todo caso, no momento do esgotamento do crédito.
Máis información no DOG do 11 de xaneiro de 2019 e en http://igvs.xunta.gal/web/igvs
*O valor do IPREM para 2019 está en 537,84 euros/mes
jueves, 31 de enero de 2019
OFERTA DE EMPREGO
CAMARER@S e AXUDANTES DE COCIÑA. Enviar currículum a: parrilladalosarboles@hotmail.com
miércoles, 30 de enero de 2019
OFERTAS DE EMPREGO PARA A SELECCIÓN DE DOUS PEÓNS DE ZONAS NATURAIS E DUN PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLES, DENTRO DO PROGRAMA: "FOMENTO DO EMPREGO DO PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2018”, FINANCIADO POLA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
Están aprobadas e expostas as bases para a
contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, de DOUS PEÓNS DE
MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS e DUN PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLES, a
xornada completa, dentro do programa: "Fomento do Emprego do Plan
Provincial Único de Cooperación cos concellos 2018", financiado pola da
Excma. Deputación Provincial de Lugo.
Próximamente está previsto que se publiquen as
convocatorias no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, e o prazo de inscripción
será de 10 días naturais contados a partir da dita publicación.
lunes, 28 de enero de 2019
Subvencións para proxectos de adquisición de maquinaria e equipamento en actividades non agrícolas. DOGA 28/01/2019
Axudas a proxectos de adquisición de maquinaria e equipamento en actividades non agrícolas.
Prazo:
28 de febreiro de 2019
Beneficiarios: microempresas
e pequenas empresas situadas en zonas rurais, autónomos, e titulares dunha
explotación agraria ou membros da súa unidade familiar, de alta con anterioridade
ao 1 de setembro de 2018.
Axuda:
45 % dos gastos subvencionables, cun límite de 100.000 euros no sector do transporte
e de 200.000 euros noutros casos.
Destacar: os
proxectos non poden estar iniciados na data de presentación da solicitude. Quedarán
excluídos os proxectos cun orzamento elixible inferior a 10.000 € ou superior a
220.000 €.
Probas acceso a ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional. Doga 25/01/2019
Probas de acceso a ciclos
formativos de grao medio (ED312C).
Requisitos: persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.
Prazo: do 7 ao 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.
Realización da proba: día 28 de maio de 2019.
Requisitos: persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.
Prazo: do 7 ao 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.
Realización da proba: día 28 de maio de 2019.
Probas de acceso a
ciclos formativos de grao superior (ED312D).
Requisitos: persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.
Prazo: do 28 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2019, ambos os dous incluídos.
Realización da proba: día 10 de abril de 2019.
Requisitos: persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.
Prazo: do 28 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2019, ambos os dous incluídos.
Realización da proba: día 10 de abril de 2019.
SELECCIÓN AXENTE TIC PARA AULA CEMIT DO VICEDO
No Boletín
oficial da provincia de Lugo do día 26/01/2019, publicouse
o anuncio da convocatoria para a selección, mediante concurso-oposición, dun AXENTE TIC,
a xornada parcial (20 horas/semana), como persoal laboral temporal do concello de O Vicedo, e
encargado da aula CEMIT.
Poden
consultar as bases e descargar a instancia de solicitude no seguinte enlace:
https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 (apartado taboleiro de anuncios).
Según aparece nas bases de selección a documentación que debe acompañar a instancia de solicitude é:
https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 (apartado taboleiro de anuncios).
Según aparece nas bases de selección a documentación que debe acompañar a instancia de solicitude é:
- DNI.
- Titulación esixida: estar en posesión dalgunha titulación de Técnico superior ou FPII da rama informática
- Acreditación de estar en posesión do CELGA 4 ou curso de
perfeccionamento do galego.
-
Acreditación dos méritos de ser o caso: vida laboral máis contratos de traballo, diplomas dos cursos e outras titulacións
relacionados co posto de
traballo.
Si
a
documentación se presenta directamente neste concello, deben traer os
orixinais da documentación anterior para o seu cotexo (faríanselles
aquí as fotocopias). Si se presenta noutro rexistro, deberán enviar orixinais ou copias compulsadas ou cotexadas, sen perxuizo de que en calquer momento se lle poda requerir o orixinal.
Si presentan
a solicitude noutro rexistro distinto o do propio concello, ademáis de todo o
anterior, deben de enviar por fax ao 982590001, dentro do prazo
estipulado, unha copia da solicitude correctamente presentada e datada, según o
estipulado nas bases.
O prazo de solicitude é de 10 días naturais a contar desde o día seguinte o da publicación no Boletín oficial da provincia, finaliza o próximo día 5 de febreiro de 2019.
viernes, 25 de enero de 2019
Probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria no ano 2019. DOGA 24/01/2019
Requisitos:
1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da
proba. 2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación
secundaria. 3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2018/19 nas
ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional
básica. 4. O alumnado matriculado durante o curso 2018/19 na educación
secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente
cumpre as seguintes condicións: 4.1. Para acudir á primeira convocatoria, o
alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así
mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán
renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos. 4.2. Para inscribirse na
segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre,
ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos. O incumprimento
dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das
probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.
Prazos de matrícula: –
Convocatoria de maio: 11 de marzo ao 22 de marzo de 2019, ambos os dous
incluídos. – Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo de 2019, ambos os dous
incluídos. As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan
a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda
convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.
AXUDAS PARA A PROMOCIÓN E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO. Doga 25/01/2019.
Establécense dúas liñas de axuda:
- Programa I: promoción do emprego autónomo:
Finalidade: concesión dunha axuda
económica a persoas desempregadas que se dean de alta coma traballadoras
autónomas, para facer fronte aos gastos xerados no comezo da actividade.
Requisitos: estar inscrito como
demandante de emprego antes da alta na actividade; ter iniciado a actividade
con anterioridade á presentación da solicitude; desenvolver a actividade en
Galicia; non ter sido beneficiario da mesma subvención nos tres anos anteriores
á data de inicio da nova actividade; non ter desenvolvido como autónomo a mesma
actividade na mesma localidade nos seis meses anteriores, nin ter estado de
alta en autónomos nos tres meses anteriores.
Excluídos: socios de sociedades
mercantís, laborais e autónomos colaboradores.
Contía:
. 2000 euros para persoas
desempregadas en xeral.
. 4000 euros no caso de: menores
de 30 anos; persoas desempregadas de longa duración; persoas desempregadas con
discapacidade; persoas desempregadas en situación ou risco de exclusión social.
Non acumulable.
. A contía incrementarse nun 25%
cando: sea muller; o centro de traballo estea nun concello rural; maior de 45
anos; emigrante retornado; persoas trans. O incremento é acumulable.
Prazo: ata o 30 de setembro de
2019.
Obrigas destacables: manter a alta
en autónomos un mínimo de dous anos; o pagamento queda condicionado á
presentación da documentación que se exixa na resolución de concesión, no prazo
estipulado na mesma.
- Programa II: axudas a persoas autónomas para contratación indefinida de
persoas asalariadas:
Beneficiarios: Persoas traballadoras autónomas ou profesionais pola
primeira contratación con caracter indefinido de persoas desempregadas durante
o primeiro ano de actividade de persoas desempregadas, e pola segunda e
terceira contratación de caracter indefinido de persoas desempregadas nos tres
primeiros anos de actividade.
Incompatibilidades:
. Non poderán ser beneficiarias
as persoas que desenvolvesen como autónomas a mesma actividade nos tres meses
inmediatamente anteriores a data do inicio na nova situación de alta na
Seguridade Social, de ser o caso.
. Non poderán ser
beneficiarias nin as sociedades civís, nin as comunidades de bens, nin persoas
socias comuneiras nin autónomos colaboradores.
Destacar:
. Serán subvencionables as
contratacións indefinidas iniciais que se formalicen desde o 1 de outubro de
2018 ata o 30 de setembro de 2019.
. A contratación inicial poderá
ser a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo
discontinuo, e deberá comunicarse á
oficina de emprego na forma reglamentaria.
. Nos casos de xornada parcial
farase un cálculo proporcional para a concesión da axuda.
. Quedan excluídos os
contratos realizados co cónxuxe, ascendentes, descendentes e demáis parentes
ata segundo grado inclusive.
. Excepción: poderanse
contratar aos fillos/as menores de 30 anos ainda que convivan co solicitante.
Poderáse contratar un só familiar menor de 45 anos que non conviva nin estea a
cargo do solicitante.
. Non se poden contratar
pesoas que que traballaran na mesma empresa con contrato indefinido nos 24
meses anteriores, ou con contrato temporal nos últimos 3 meses; nin aquelas que
remataran unha relación laboral indefinida noutra empresa nos tres meses
previos (agás que sexa despedimento improcedente ou causa sinalada nesta orde).
Importe:
. primeira persoa contratada
indefinida: de 3.000 a
5.000 € (según colectivo), que se incrementará un 25% en cada un dos casos
seguintes:mulleres; concello rural; maiores de 45 anos; emigrantes retornados;
persoas trans.
. segunda e terceira
contratación indefinida: de 5.000
a 7.000 € (según colectivo) que se incrementará un 25%
en cada un dos caos seguintes:mulleres; concello rural; maiores de 45 anos;
emigrantes retornados; persoas trans.
Prazo de solicitude:
a) Para contratacións realizadas entre o 1/10/2018 e o 25/01/2019:
ata o 25 de marzo de 2019.
b) Para contratacións realizadas desde o 26/01/2019: ata o
último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral.
Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día
hábil seguinte.
c) O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará
o 30 de setembro de 2019, aínda que non trancorrese o prazo sinalado no
parágrafo anterior.
jueves, 24 de enero de 2019
CURSO DE TELEFORMACIÓN PARA A PREPARACIÓN DA PROBA PARA A OBTENCIÓN DA COMPETENCIA DIXITAL EN OFIMÁTICA
RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2019 pola que se efectúa unha convocatoria
para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática,
tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.
Aberto o prazo de inscrición desde o mércores 23 ata o martes 29 de xaneiro de 2019, ambos inclusive.
Aberto o prazo de inscrición desde o mércores 23 ata o martes 29 de xaneiro de 2019, ambos inclusive.
Máis información e inscricións: https://cemit.xunta.gal/es/codix
OFERTAS DE EMPREGO VARIAS
GRUPO EULEN;SELECCIONA EQUIPO
TÉCNICO PARA GESTIONAR EL SERVICIO DE GESTIÓN MEDIOAMBIENTAL, INFORMACIÓN,
DIVULGACIÓN Y LOGÍSTICA EN LA PLAYA DE
LAS CATEDRALES Y SU CONTORNO.4
PUESTOS DE INFORMADORES: IMPRESCINDIBLE NIVEL B2 INGLÉS Y FORMACIÓN
PROFESIONAL O CICLO DE GRADO MEDIO 4 PEONES: GRADUADO EN ESO O EQUIVALENTE.
4 MONITORES AMBIENTALES: NIVEL B2 DE INGLÉS,TITU
LACION DE GRADO MEDIA O SUPERIOR O LICENCIATURA RELACIONADA CON MEDIO AMBIENTE, GUIA, TURISMO, CIENCIAS ABMIENTALES, FORESTALES, BIOLOGÍA, CIENCIAS DEL MAR, SOCIOLOGÍA...
EXPERIENCIA DE 2 AÑOS EN EL PUESTO AL QUE OPTA...
1 COORDINADOR: EXPERIENCIA EN GESTION MEDIOAMBIENTAL, EDUCACION MEDIOAMBIENTAL, DIVULGACIÓN DE ESPACIOS PROTEGIDOS... http://www.infojobs.net/ofertas-trabajo
4 MONITORES AMBIENTALES: NIVEL B2 DE INGLÉS,TITU
LACION DE GRADO MEDIA O SUPERIOR O LICENCIATURA RELACIONADA CON MEDIO AMBIENTE, GUIA, TURISMO, CIENCIAS ABMIENTALES, FORESTALES, BIOLOGÍA, CIENCIAS DEL MAR, SOCIOLOGÍA...
EXPERIENCIA DE 2 AÑOS EN EL PUESTO AL QUE OPTA...
1 COORDINADOR: EXPERIENCIA EN GESTION MEDIOAMBIENTAL, EDUCACION MEDIOAMBIENTAL, DIVULGACIÓN DE ESPACIOS PROTEGIDOS... http://www.infojobs.net/ofertas-trabajo
BURELA: PROCESO DE SELECCIÓN PARA
CONTRATACIÓN DUN/HA LOGOPEDA . BOP LUGO 22/01/2019.
http://www.deputacionlugo.gal/
BURELA: Administrativo/a para
desenvolver a ocupación na empresa EJE ATLÁNTICO 3000 SL ubicada na localidade
de Burela INFOJOBShttp://www.infojobs.net/ofertas-trabajo
VIVEIRO: Esteticista con
experiencia para desenvolver a ocupación na empresa BEAUTY BY CAROLINA DURAN
ubicada na localidade de Viveiro INFOJOBShttp://www.infojobs.net/ofertas-trabajo
CERVO: Técnico/a en moldes e
matrices para desenvolver a ocupación nunha empresa ubicada na localidade de
Cervo GALEJOBS http://www.galejobs.com/empleo
VIVEIRO: Soldador/a para
desenvolver a ocupación nunha empresa ubicada en Viveiro INFOJOBS. http://www.infojobs.net/ofertas-trabajo
martes, 22 de enero de 2019
PROCEDEMENTO RECOÑECEMENTO DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS
doga 21/01/2019 CONSELLERÍA DE
ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
ORDE do 31 de decembro de 2018 pola que se
realiza a segunda convocatoria pública para o ano 2019 do procedemento de
recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia
laboral, naComunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de
competencia do Catálogo nacional de cualificaciónsprofesionais, cofinanciado
nun 80 % polo FSE con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020.
Obxecto: realizar a segunda
convocatoria para o ano 2019, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, do
procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais
adquiridas polaspersoas a través da experiencia laboral e/ou de vías non formais
de formación (código do procedemento: TR305A) para un total de 1.350 prazas,
nas unidades de competencia que se indican no anexo I e cun total de 5.150
unidades de competencia nasseguintescualificaciónsprofesionais:
•
Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 300 prazas.
•
Atención sociosanitaria a persoasdependentes en instituciónssociais (SSC320_2):
250 prazas.
•
Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 225 prazas.
•
Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 225 prazas.
•
Tanatopraxia (SAN491_3): 150 prazas.
•
Docencia da formación para o emprego (SSC448_ 3): 100 prazas.
•
Operacións auxiliares de fabricación mecánica (FME031_1): 100 prazas.
OFERTA DE EMPREGO: AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA, PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO 2018 DO PLAN ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS
No BOP de Lugo de hoxe día 22/01/2019 publícanse as bases para o selección dun AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA, dentro do programa: "Fomento do
Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2018", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
O prazo de solicitude é de 10 días naturais a contar a partir do día seguinte ó da publicación: polo tanto queda aberto desde mañá día 23 de xaneiro de 2019 ata o día 1 de febreiro de 2019.
Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
O prazo de solicitude é de 10 días naturais a contar a partir do día seguinte ó da publicación: polo tanto queda aberto desde mañá día 23 de xaneiro de 2019 ata o día 1 de febreiro de 2019.
Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
lunes, 21 de enero de 2019
OFERTA EMPREGO AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR (20 HORAS SEMANA)
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (20 horas á semana). A data de inicio prevista é o día 04 de febreiro, e cunha duración inicial de tres meses.
O prazo de inscrición queda aberto do día 22 ao 29 de xaneiro de 2019. A selección realizarase o día 30 de xaneiro de 2019, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinche no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
HABILITACIÓNS XEROCULTOR, COIDADOR, AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR E ASISTENTE PERSOAL
A Consellería de política Social fai unha convocatoria de
habilitación excepcional e habilitación provisional das categorías
profesionais de xerocultor/a, coidador/a, auxiliar de axuda no fogar e asistente/a persoal dos centros e servizos do Sistema para a autonomía e atención á dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia
Requisitos:
- Ter desempeñado funcións nas categorías de persoal coidador, xerocultor, auxiliar de axuda no fogar ou asistente/a persoal ou estar en situación asimilada ao alta (ou atoparse en situación de suspensión da relación laboral con dereito a reserva do posto de traballo), ou estar a prestar servizos como persoal voluntario ou bolseiro en empresas, entidades ou institucións que ofrezan atención sociosanitaria en centros ou servizos do Sistema para a autonomía e atención á dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia, na categoría profesional que corresponda, durante polo menos tres anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas na categoría profesional correspondente nos últimos 12 anos.
- Ter desempeñado funcións nas categorías de persoal coidador, xerocultor, auxiliar de axuda no fogar ou asistente/a persoal ou estar en situación asimilada ao alta (ou atoparse en situación de suspensión da relación laboral con dereito a reserva do posto de traballo), ou estar a prestar servizos como persoal voluntario ou bolseiro en empresas, entidades ou institucións que ofrezan atención sociosanitaria en centros ou servizos do Sistema para a autonomía e atención á dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia, na categoría profesional que corresponda, durante polo menos tres anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas na categoría profesional correspondente nos últimos 12 anos.
- No suposto de non alcanzar os requisitos de experiencia mínima, que
se traballara na categoría profesional correspondente e ter acreditada, a
data 31 de decembro de 2017, formación relacionada coas competencias
profesionais que se queren acreditar nun mínimo de 300 horas nos últimos
12 anos.
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 31 de xullo de 2022
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 31 de xullo de 2022
Máis información no DOG do 17 de xaneiro de 2019
viernes, 18 de enero de 2019
OFERTA OPERARIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun operario de servizos múltiples, a xornada completa. A data de inicio prevista é o día 01 de febreiro, e cunha duración de seis meses.
O prazo de inscrición queda aberto desde o próximo día 19 de xaneiro e por un plazo de oito días naturais. Si o último día de prazo é inhábil, pasaría a finalizar o primeiro día hábil despois de dita data. A selección realizarase o día 29 de xaneiro de 2019, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinche no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
lunes, 14 de enero de 2019
viernes, 11 de enero de 2019
BONO ALUGUEIRO SOCIAL DO PLAN REHABITA. INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO
As
subvencións do Programa do bono de alugamento social están destinadas a
atender con carácter urxente as seguintes unidades de convivencia:
a)
Aquelas que precisen dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da
súa vivenda, por estaren inmersas en situacións de especial dificultade
que determinaron que a persoa arrendadora interpuxese unha demanda de
desafiuzamento por non pagamento das rendas.
b) As das vítimas de
violencia de xénero que teñan dificultade para asumir o custo do
arrendamento dunha vivenda e que no momento da solicitude estean
residindo nun recurso de acollida dos integrados na Rede galega de
acollemento para este colectivo e adscrito a unha Administración
pública.
Para os efectos deste programa, consideraranse vítimas
de violencia de xénero as mulleres, os seus fillos e fillas menores
orfos, vítimas tamén desta violencia, así como as mulleres e nenas
vítimas de trata con fins de explotación sexual. Terán tamén esa
consideración as mulleres que padecesen violencia vicaria ou violencia
por interpósita persoa.
c)
Aquelas con dificultades para asumir o custo do arrendamento dunha
vivenda e que fosen privadas da súa vivenda habitual, que posúen en
calidade de propietarias ou usufrutuarias, por danos sufridos nesta,
derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como
incendios, inundacións, etc.
d) Aquelas que, tendo sido
beneficiarias do programa Aluga, regulado polo Decreto 84/2010, do 27 de
maio, para o fomento do alugamento de vivendas na Comunidade Autónoma
de Galicia, desfrutasen na súa totalidade da subvención do dito programa
e lles rematase o período máximo de desfrute desa axuda dentro dos seis
meses anteriores á data da presentación da súa solicitude de subvención
do Programa de bono alugamento social.
e) Aquelas ás cales,
tendo sido arrendatarias dunha vivenda de promoción pública de
titularidade do IGVS, finalizase a vixencia do seu contrato, a partir da
entrada en vigor desta orde.
f) Aquelas ás cales, por concorrer
circunstancias de emerxencia social e non acadar o límite mínimo de
ingresos establecido no Programa de vivendas baleiras, a comisión de
seguimento e coordinación do citado programa lles propoña a adxudicación
dunha vivenda no marco do citado programa.
g) Aquelas que sendo
residentes en vivendas de entidades financeiras ou da Sociedade de
Xestión de Activos procedentes de Reestruturación Bancaria (Sareb), en
virtude dos convenios de colaboración subscritos entre o IGVS e as
citadas entidades, rematasen a vixencia do seu contrato de arrendamento
dentro dos seis meses anteriores á data de presentación da súa
solicitude de subvención do Programa do bono alugamento social.
Prazo de presentación de solicitudes: desde o 11/01/2019 ata o esgotamento do crédito, en todo caso non máis aló do 13/12/2019
Para máis información: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI482A
martes, 8 de enero de 2019
OFERTA DE EMPREGO PARA A SELECCIÓN DUN AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA, DENTRO DO PROGRAMA: "FOMENTO DO EMPREGO DO PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2018, FINANCIADO POLA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
Están aprobadas e expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante oposición, dun AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA, a xornada completa, dentro do programa: "Fomento do
Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2018", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
Próximamente está previsto que se
publique a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, e o
prazo de inscripción será de 10 días naturais contados a partir de dita
publicación.
Para máis información ou consulta das
bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do
concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
lunes, 7 de enero de 2019
AXUDAS Á INSTALACIÓNS DE BIOMASA
SUBVENCIONS ANO 2019 PARA PROXECTOS DE BIOMASA DESTINADAS A PARTICULARES E SELECCIÓN DAS ENTIDADES COLABORADORAS QUE PARTICIPARÁN NA XESTIÓN DESTAS SUBVENCIÓNS
PRAZO
ADHESIÓN ENTIDADES COLABORADORAS:
- Inicio solicitude: 8 de xaneiro de 2019.
- Fin solicitude: 28 de xaneiro de 2019
(incluido).
PRAZO SOLICITUDE
BENEFICIARIOS:
As entidades
colaboradoras adheridas serán as encargadas de tramitar o procedemento
(presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación)
só se admite a tramitación electrónica.
- Inicio solicitude: 29 de xaneiro de 2019.
- Fin solicitude: 28 de febreiro de 2019
(incluido).
Intensidade
da axudas e contía máxima
A inversión
elixible máxima por potencia unitaria (sen IVE) estará limitada polas
características do sistema de conformidade ao disposto no artigo 4.2 das bases
da convocatoria.
Máis información:
http://www.inega.gal/subvencions/subvencions/Energiasrenovables/2019/ficha_renovables2019_0001.html
AXUDAS Á NATALIDADE
No seguinte enlace podes consultar as axudas que ten a Xunta de Galicia para apoiar a natalidade: https://sede.xunta.gal/de-interese/apoio-natalidade
AXUDAS DO IGAPE PARA EMPRESAS E EMPRENDEDORES
* AXUDAS Á CREACIÓN DE EMPRESAS PARA ACTIVIDADES NON AGRÍCOLAS EN ZONAS RURAIS. ANO 2019 (PROGRAMA GALICIA EMPRENDE)
Serán subvencionables os
proxectos dirixidos á creación de emprego nas zonas rurais mediante axudas á
primeira implantación e desenvolvemento de novas actividades económicas non
agrarias viables, que deben contribuír á diversificación económica, crecemento
de emprego, sostenibilidade do medio rural e equilibrio territorial, tanto en
termos económicos como sociais.
Máis información:
*OUTRAS
AXUDAS DO IGAPE CON PRAZO ABERTO
: http://www.igape.es/es/base-xeral-de-axudas/axudas/0/IGAP
Suscribirse a:
Entradas (Atom)