lunes, 30 de abril de 2012

CITA PREVIA OFICINA DE EMPREGO

A partir do 3 de maio é obrigatorio pedir cita previa para realizar calquer xestión en relación coas prestacións e subsidios por desemprego nas oficinas de emprego da provincia de Lugo, incluida a de Viveiro.




A cita pode solicitarse:

- A través de internet, na web: www.sepe.es/citaprevia

- Chamando o teléfono 901 010 210

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante oposición, dun educador familiar, a media xornada, con adscrición o departamento de servizos sociais do concello de O Vicedo.


Requisitos:

- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.

- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.

- Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: graduado/diplomado en educación social ou traballo social, licenciado en psicoloxía, pedagoxía e psicopedagoxía.

No caso de titulacións obtidas no extranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidelmente a súa homologación.



O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata as 9:30 horas do día 8 de maio de 2012, realizándose a proba de selección ese mismo día a partir das 10:00 horas na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina de técnico de emprego, Manuela Domínguez, sita na Casa da Cultura.

martes, 24 de abril de 2012

OFERTA DE EMPREGO


Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun educador infantil para o Punto de atención á infancia, desde o día 11 de maio ata o 13 de xuño de 2012.


Os requisitos para os candidatos son:
- Ser español ou cidadán da Unión Europea.
- Ter cumpridos os 16 anos.
- Estar en posesión do título de mestre especializado en educación infantil ou técnico superior en educación infantil.
- Ter coñecementos de primeiros auxilios.
- Dispoñer do carné de manipulador de alimentos.
- Estar vacinado contra a rubéola.
- Non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes a ese posto.

O prazo de inscrición finaliza o próximo día 2 de maio ás 9:30 horas, a partir das 10:00 do mesmo día realizaranse as probas de selección.

Para máis información e inscricións contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura de O Vicedo, ou chamando ó 982590195.

viernes, 20 de abril de 2012

CURSO DE CAPACITACIÓN PROFESIONAL (CAP)

A Autoescuela Mundial celebrará en O Vicedo os días 4,5,6,11,12 e 13 de maio, un curso para a obtención do CAP.

A inscripción debe formalizarse antes do 24/04/2011.

Para máis información e inscricións: contactar coa autoescula chamando o 982590395 ou 686415722.

CARNÉ MANIPULADOR DE ALIMENTOS

O proximo día 25 de abril a empresa AGROCOSTA, S.L celebrará unha xornada na Casa da Cultura de O Vicedo co fin de obter o certificado de manipulación de alimentos.


Máis información e inscrición: poñerse en contacto coa empresa chamando ó 982124344

viernes, 13 de abril de 2012

REXISTRO PROFESIONAL DE SOCORRISTAS AUCÁTICOS DE GALICIA

Este decreto será de aplicación aos/ás socorristas que exerzan a súa actividade en instalacións acuáticas e/ou espazos acuáticos naturais de Galicia que, segundo a normativa vixente, teñan a obriga de ter un/unha ou máis socorristas con titulación suficiente en materia de salvamento e socorrismo acuático.


Para o exercicio profesional do socorrismo acuático na Comunidade Autónoma de Galicia será necesario que o/a profesional solicite a inscrición no correspondente Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia presentando a preceptiva declaración responsable e que dispoña da correspondente habilitación profesional.


Formación mínima:


1. Socorrismo en instalacións acuáticas:
a). Certificado de profesionalidade de socorrismo en instalacións acuáticas

b). Título de técnico deportivo en salvamento e socorrismo establecido polo Real decreto 878/2011, do 24 de xuño, título de técnico deportivo superior en salvamento e socorrismo, establecido polo Real decreto 879/2011, do 24 de xuño, ou calquera outro título de grao medio ou superior de formación profesional que inclúa no seu currículo os módulos formativos asociados a todas as unidades de competencia da cualificación de socorrismo en instalacións acuáticas do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

c). Acreditación de ter superado as catro unidades de competencia da cualificación profesional de socorrismo en instalacións acuáticas, obtidas a través do procedemento, que desenvolva o Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral.2.


2. En espazos acuáticos naturais:

a). Certificado de profesionalidade de socorrismo en espazos acuáticos naturais

b). Título de técnico deportivo en salvamento e socorrismo establecido polo Real decreto 878/2011, do 24 de xuño, título de técnico deportivo superior en salvamento e socorrismo, establecido polo Real decreto 879/2011, do 24 de xuño, ou calquera outro título de grao medio ou superior de formación profesional que inclúa no seu currículo os módulos formativos asociados a todas as unidades de competencia da cualificación de socorrismo en espazos acuáticos naturais do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

c). Acreditación de ter superado as catro unidades de competencia da cualificación profesional de socorrismo en espazos acuáticos naturais, obtidas a través do procedemento que desenvolva o Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral.


A partir da entrada en vigor do presente decreto, e durante o período transitorio de 5 anos, que permita garantir a obtención por parte das persoas interesadas da acreditación das unidades de competencia da cualificación profesional correspondente, poderán inscribirse de forma provisional no Rexistro Profesional de Socorristas de Galicia as persoas que, no momento da entrada en vigor desta normativa, cumpran algún dos seguintes requisitos:


1.º Estar en posesión dun diploma que acredite a realización dun curso de 80 horas de formación de salvamento e socorrismo acuático impartido pola Academia Galega de Seguridade Pública con anterioridade á data de entrada en vigor do presente decreto.


2.º Estar en posesión dun diploma que acredite a realización dun curso de formación en materia de socorrismo impartido por universidades, federacións deportivas de salvamento e socorrismo, Cruz Vermella ou outras entidades con experiencia na formación de socorristas, con anterioridade á data de entrada en vigor do presente decreto, sempre que o devandito curso obteña a homologación da Academia Galega de Seguridade Pública.


Aqueles cursos que estean en fase de desenvolvemento na data de publicación do presente decreto serán considerados para os efectos do establecido neste punto, sempre que a entidade que organiza o curso o notifique á Agasp no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación deste decreto.


A Academia Galega de Seguridade Pública utilizará como criterio de homologación que o curso teña un mínimo de 80 horas e un contido similar ao curso de salvamento e socorrismo acuático ofertado pola Agasp nos últimos anos.


3.º Estar en posesión dun diploma que acredite a superación con avaliación positiva do Curso de formación profesional para o emprego de socorrista acuático (AFDB10, de 240 horas), expedido por unha Administración pública competente en materia de formación profesional para o emprego.


4.º Acreditar unha experiencia laboral superior a 12 meses. A devandita experiencia acreditarase mediante certificado de vida laboral acompañado de fotocopia compulsada de contrato de traballo ou certificación de empresa onde figuren a duración dos períodos de prestación do contrato, as actividades desenvolvidas e o intervalo de tempo en que se realizaron as devanditas actividades.


As persoas interesadas deberán presentar a solicitude de inscrición segundo o modelo normalizado que figura como anexo III ao presente decreto, dirixida á Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública e acompañada da documentación que se establece na antedita norma.


Máis información:
http://www.xunta.es/catalogo-de-procedementos?codCons=PR&codProc=526A&procedemento=PR526A

OFERTA DE EMPREGO


Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun operario de servizos múltiples, a xornada completa, con adscrición ao Colexio Público de O Vicedo.

Requisitos:
- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
- Estar en posesión da titulación de Estudios Primarios ou Certificado de Escolaridade. No caso de titulacións obtidas no extranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidelmente a súa homologación.

O prazo de inscrición remata ás 09:30 horas, do día 20 de abril e a selección realizarase a partir dás 10:00 h. do mesmo día.

lunes, 2 de abril de 2012

OFERTA DE EMPREGO


Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO, para cubrir vacacións e descansos das auxiliares de axuda a domicilio do servizo municipal de axuda no fogar.


Deben cumprirse os seugintes requisitos:

-Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.

- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.

-Dispor de vehículo e carné de conducir B1 ou vehículo que facilite o traslado polo termo municipal (motocicleta, etc.)

- Estar en posesión da titulación de Estudios Primarios ou Certificado de Escolaridade ou equivalente.

- Estar en posesión de curso homologado de auxiliar de axuda a domicilio ou curso de atención socio – sanitaria a persoas no domicilio, certificado de profesionalidad ou equivalente.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 10 de abril, ás 09:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.