Procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral
Este procedemento vailles ofrecer unha oportunidade ás persoas non vinculadas aos sistemas educativos, que aprenderon a través da práctica profesional ou a través de cursos non “oficiais”, para que poidan demostrar os seus coñecementos e capacidades, mediante un proceso de asesoramento e avaliación, no que se comprobará a súa competencia profesional en relación coas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
No caso de que superen esta avaliación, poderán obter unha acreditación oficial, con validez nacional, que terá os correspondentes efectos profesionais e/ou académicos. Expedirase unha acreditación parcial acumulable por cada unha das unidades de competencia superadas, que poderán ser validadas polos correspondentes módulos da formación profesional para o emprego (desempregados e ocupados) ou polos correspondentes módulos da FP inicial, podendo chegar a obter un certificado de profesionalidade nunha ocupación ou parte dun título de técnico ou técnico superior de FP.
Máis información:
http://emprego.ceei.xunta.gal/orde-do-30-de-decembro-de-2016
No DOG do día 19/01/2017 convócase por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria este procedemento para varias especialidades entre as cales están: Atención sociosanitaria a persoas no domicilio, atención sociosanitaria a persoas en institucións, socorrismo en instalacións acuáticas, socorrismo en instalacións naturais...
A continuación aparecen todas as especialidades desta convocatoria:
http://emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/Contidos_Estandar/formacion_e_cualificacions/reconecemento_experiencia_profesional/2017/2017_dog_gl_rexp_anexos_i_ii.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario