viernes, 30 de diciembre de 2022

Subvencións para o Programa de Modernización do Comercio: fondo tecnolóxico, no marco do plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU

 1.1. Liña de axudas destinada a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais.

As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que o establecemento comercial para o cal se solicita a axuda teña carácter físico e permanente e estea localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña ou comerciantes retallistas fóra dun establecemento comercial permanente, deberán ter o domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Que teña a condición de peme conforme o establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE 187, do 26 de xuño).

c) Que a actividade principal do negocio se corresponda con algunha das actividades incluídas nos códigos 46 ou 47 da Clasificación nacional de actividades económicas 2009 (CNAE-2009), aprobada polo Real decreto 475/2007, do 13 de abril, polo que se aproba a Clasificación nacional de actividades económicas 2009 (CNAE-2009).

En todo caso, requirirase que a actividade principal estea dada de alta nalgunha epígrafe do imposto de actividades económicas que se corresponda coas actividades incluídas nos CNAE 46 ou 47, agás as epígrafes 616, 654 e 655, así como calquera outra actividade económica que non se considere subvencionable de acordo co disposto nestas bases reguladoras.

No caso de que no establecemento se exerzan de maneira simultánea actividades subvencionables con outras non subvencionables, a persoa solicitante deberá acreditar mediante declaración responsable que a actividade comercial subvencionable é a principal (anexo III).

1.2. Liña de axudas destinada a asociacións de comerciantes.


Próxima apertura:  31/12/2022 - 30/01/2023


Máis información: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=CO300G

jueves, 29 de diciembre de 2022

PUBLICACION NO BOP DE LUGO DAS BASES PARA CREACION DUNHA BOLSA DE TECNICOS DE URBANISMO A TEMPO PARCIAL POR PROCEDEMENTO DE CONCURSO DE MERITOS

 

Publicadas no BOP DE LUGO de hoxe día 29 de decembro de 2022 as  BASES PARA CREACION DUNHA BOLSA DE TECNICOS DE URBANISMO A TEMPO PARCIAL POR PROCEDEMENTO DE CONCURSO DE MERITOS.  Pode consultarse: no taboleiro de anuncios do Concello do Vicedo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello do Vicedo no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, a contar desde o día siguiente a publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP de Lugo).

martes, 27 de diciembre de 2022

Lista admitidos e excluidos provisional elevada a definitiva para a selección dun/dunha auxiliar de axuda no fogar a xornada parcial (80%)

Está exposta no taboleiro de edictos da Corporación e na sede electrónica do Concello do Vicedo, a lista de admitidos e excluidos provisional, elevada a definitiva por non haber persoas candidatas excluídas,  para a contratación, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (80%), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 11 de xaneiro de 2023.

A  proba realizarase o día 2 de xaneiro de 2023, ás 10:00 horas, na casa consistorial do Concello do Vicedo.

Pinche aquí para consulta da lista: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1 (Taboleiro de anuncios /emprego público/pinchar no +)  

miércoles, 21 de diciembre de 2022

viernes, 16 de diciembre de 2022

Publicación DOG convocatoria bases estabilización do emprego temporal

Publicadas no DOG de hoxe día 16 de decembro de 2022 a convocatoria das bases de estabilización de emprego temporal. Pode consultarse: no taboleiro de anuncios do Concello do Vicedo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello do Vicedo no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

O prazo de presentación de solicitudes será de veinte (20) días hábiles, a contar desde o día siguiente a publicación do extracto da convocatoria e das bases no Boletín Oficial do Estado (BOE).


jueves, 15 de diciembre de 2022

AXUDAS PARA ALUGUEIRO 2023

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das subvenciones do Programa de axuda ao alugueiro de vivenda do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, e procedese a súa convocatoria, con financiamento plurianual, códigos de procedemento VI483A (para concesión inicial) e VI483B (para renovación da subvención).

 · PRAZO SOLICITUDE: do 02/01/2023 ao 05/05/2023 sempre que non se esgote antes o crédito (pode ampliarse por resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, que deberá publicarse no DOG).

· BENEFICIARIOS: persoas físicas maiores de idade, que reúnan os seguintes requisitos:

1. Nacionalidade española ou dalgún dos Estados membros da UE ou do Espazo Económico Europeo, Suiza, ou o parentesco determinado pola normativa que sexa de aplicación. Os estranxeiros non comunitarios deben ter autorización de estancia ou residencia en España.

2. Ser titular (arrendatario) dun contrato de aluguer de vivenda con duración mínima dun ano e no que conste a referencia catastral da vivenda alugada.

3. A vivenda alugada ten que ser a residencia habitual e permanente da persoa arrendataria (certificado ou volante de empadroamento).

4. Renda mensual da vivenda non superar os seguintes importes recollidos no punto octavo das bases reguladoras.

5. A suma total das rendas anuais das persoas con domicilio habitual ou permanente na vivenda arrendada sexa igual ou inferior a 3 veces o IPREM. No caso de que a unidade de convivencia sexa familia numerosa de categoría xeral ou dentro da mesma haxa persoas con discapacidade ou vítimas de terrorismo o límite será de 4 veces o IPREM. Se a unidade de convivencia sexa familia numerosa de categoría especial ou haxa persoas con discapacidade nun grado igual ou superior ao 33% o límite será de 5 veces o IPREM.

6. Os ingresos mínimos da unidade de convivencia non sexan inferiores a 0,5 veces o IPREM.

7. Atoparse ao corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa S.S. e non ter pendente ningunha outra débeda coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

· PROCEDEMENTO: concorrencia non competitiva, ata esgotar o crédito dispoñible.

· CONTÍA: o 50% da renda ( non podendo superar a renda un prezo máximo establecido por zonas)

· DURACIÓN:  concesión anual, podendo alcanzar un máximo de 5 anos. Para desfrutar as anualidades do segundo e posteriores anos deberá solicitarse a renovación anual en prazo.

Para máis información pinche no seguinte enlace https://www.xunta.gal/dog ou diríxase á Axente de emprego e desenvolvemento local do concello. 

Lista admitidos e excluidos provisional elevada a definitiva para a selección dun/dunha auxiliar de axuda no fogar a xornada completa

Está exposta no taboleiro de edictos da Corporación e na sede electrónica do Concello do Vicedo, a lista de admitidos e excluidos provisional, elevada a definitiva por non haber candidatos/-as excluídas,  para a contratación, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 04 de xaneiro de 2023.

A  proba realizarase o día 26 de decembro de 2022, ás 10:30 horas, na casa consistorial do concello do Vicedo.

Pinche aquí para consultala lista: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1 (Taboleiro de anuncios /emprego público/pinchar no +)  

miércoles, 14 de diciembre de 2022

Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada parcial (80%)

Está exposto o anuncio publicado no BOP de Lugo do día de hoxe 14/12/2022 e as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (80%), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 11 de xaneiro de 2023.

O prazo de inscrición comenza ao día seguinte da publicación do antedito anuncio e por un período de oito días naturais. 

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0  

lunes, 12 de diciembre de 2022

Bases dos procesos selectivos de estabilización do emprego temporal (sistemas concurso e concurso-oposición) convocados polo Concello do Vicedo

Publicadas no BOP de Lugo de hoxe día 12 de decembro de 2022 as bases xerais e específicas que regulan os procesos de estabiliación do emprego temporal (sistema concurso) e as bases pola que se regula o proceso selectivo de estabilización do emprego temporal (sistema concurso-oposición). Tamén poden consultarse: no taboleiro de anuncios do Concello do Vicedo e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello do Vicedo no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

O prazo de presentación de solicitudes de momento non está aberto, e será de  vinte días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOE

lunes, 5 de diciembre de 2022

Oferta de emprego: peón de recollida de lixo (cubrir vacacións)

 Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  PEÓN DE RECOLLIDA DE LIXO, (cubrir vacacións, coa xornada da persoa a que sustitúe desde o 02 de xaneiro de 2023 ata o 10 de xaneiro de 2023), con adscrición ao servizo municipal de recollida de lixo do Concello do Vicedo.

O prazo de inscrición comenza o día 07 de decembro de 2022 e remata o día 16 de decembro de 2022

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada parcial (29h./semana)

 

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (29h./semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 04 de xaneiro de 2023 e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición comenza o día 07 de decembro de 2022 e remata o día 16 de decembro de 2022.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

 

Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada completa

Está exposto o anuncio publicado no BOP de Lugo de data 03/12/2022 e as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 04 de xaneiro de 2023.

O prazo de inscrición comenza ao día seguinte da publicación do antedito anuncio e por un período de oito días naturais. 

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0  

viernes, 2 de diciembre de 2022

Axudas para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluídas no Plan de modernización e competitividade do sector turístico do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión EuropeaNextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2023 (código de procedemento TU986B).

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221202/AnuncioG0256-251122-0002_gl.html