lunes, 28 de noviembre de 2022

Oferta de emprego: limpador/-a para cubrir vacacións

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  LIMPADOR/-A, para cubrir vacacións, con adscrición ao servizo municipal de limpeza do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 26 de decembro de 2022

O prazo de inscrición comeza mañá día 29 de novembro de 2022 e remata o 09 de decembro de 2022. A selección realizarase o día 12 de decembro de 2022, a partir das 10:30 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es

viernes, 18 de noviembre de 2022

Acta selección administrativo/-a, como funcionario interino. Subvencionado polo programa Fomento do emprego 2022

Publicada no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do concello do Vicedo acta da selección para o nomeamento como funcionario interino dun administrativo, dentro do programa: fomento do emprego do plan provincial único de cooperación cos concellos 2022, financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

viernes, 11 de noviembre de 2022

Lista de admitidos/excluidos definitiva para a selección dun administrativo, como funcionario interino. Subvencionado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo "Fomento do emprego 2022"

Publicouse no día de hoxe 11/11/2022 a lista de admitidos e excluidos definitiva  en relación coas bases  para o nomeamento como funcionario interino dun ADMINISTRATIVO, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2022", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

As probas e valoración de méritos terán lugar o día 17 de novembro de 2022, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo (Casa da Cultura).

Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no  + para ver toda a información) 

Resolución selección persoal xerente do GALP A Mariña-Ortegal

  Publicado resolución selección persoal de xerente para o GALP A Mariña-Ortegal.

 Máis información: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board 

Publicada acta do terceiro exercicio e final do proceso de selección dunha praza de auxiliar administrativo de administración xeral, vacante na plantilla de persoal funcionario

Publicada acta do terceiro exercicio e final do proceso de selección e provisión mediante oposición libre, dunha praza de auxiliar administrativo de administración xeral, vacante na plantilla de persoal funcionario do Concello de O Vicedo. Igualmente tamén se fixa a data de realización do terceiro exercicio.

Máis información: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board 

miércoles, 9 de noviembre de 2022

Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar. Xornada parcial: 31 horas/semana

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (31 horas/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 1 de decembro de 2022, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición comenza mañá día 10 e remata o día 21 de novembro de 2022. A selección realizarase o día 22 de novmebro de 2022, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0  

martes, 8 de noviembre de 2022

Lista de admitidos/excluidos provisional para a selección dun administrativo, como funcionario interino. Subvencionado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo "Fomento do emprego 2022"

Publicouse no día de hoxe 08/11/2022 a lista de admitidos e excluidos provisional  en relación coas bases  para o nomeamento como funcionario interino dun ADMINISTRATIVO, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2022", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

Segundo se establece na resolución os excluidos dispoñen dun prazo de dous días hábiles, é decir, dos días 09 e 10 de novembro para efectuar as alegacións que estimen oportunas.

 As probas e valoración de méritos terán lugar o día 17 de novembro de 2022, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo (Casa da Cultura).

Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no  + para ver toda a información)

lunes, 7 de noviembre de 2022

Publicada acta do segundo exercicio do proceso de selección dunha praza de auxiliar administrativo de administración xeral, vacante na plantilla de persoal funcionario

Publicada acta do segundo exercicio do proceso de selección e provisión mediante oposición libre, dunha praza de auxiliar administrativo de administración xeral, vacante na plantilla de persoal funcionario do Concello de O Vicedo. Igualmente tamén se fixa a data de realización do terceiro exercicio.

Máis información: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board 

viernes, 4 de noviembre de 2022