QUEN PODE SOLICITAR?
Poderán
ser beneficiarias destas axudas, sempre que teñan residencia fiscal en España,
e as actuacións se realicen en edificacións existentes construídas con anterioridade ao ano 2007:
a) As persoas
físicas ou xurídicas de natureza privada que sexan propietarias de vivendas
unifamiliares ou de edificios de tipoloxía residencial colectiva.
b) As
comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas
propietarias de edificios residenciais de uso vivenda, constituídas conforme o
disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade
horizontal.
c) As
persoas propietarias que de forma agrupada sexan propietarias de edificios que
reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil e non
outorgasen o título constitutivo de propiedade horizontal.
QUE
E CANTO SE SUBVENCIONA?
Tipoloxía 1. Mellora da eficiencia
enerxética da envolvente térmica.
Tipoloxía 2. Mellora da eficiencia
enerxética e uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de
calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria
2.1
Substitución de enerxía convencional por enerxía solar térmica
2.2
Substitución de enerxía convencional por enerxía xeotérmica
2.3
Substitución de enerxía convencional por biomasa en las instalacións térmicas
2.4
Mellora da eficiencia enerxética dos sistemas de xeración non incluídos nas
subtipoloxías 2.1 a 2.3
2.5
Mellora de la eficiencia enerxética dos subsistemas de distribución,
regulación, control e emisión das instalacións térmicas
Tipoloxía 3. Mellora da eficiencia
enerxética das instalacións de iluminación
As actuacións deberán realizarse en edificacións
existentes construídas con anterioridade ao ano 2007, nas seguintes opción:
-
En vivendas unifamiliares ou edificios
de tipoloxía residencial colectiva de vivenda (OPCIÓN A). A
cuantía máxima da axuda é 50% para a tipoloxía 1, 40% para a tipoloxía 2 e 20%
para a tipoloxía 3.
-
En vivendas dun edifcio de tipoloxía
residencial colectiva de vivenda, consideradas individualmente (OPCIÓN B). A cuantía máxima da axuda é 40% para a
tipoloxía 1, 30% para a tipoloxía 2 e 20% para a tipoloxía 3.
Non serán subvencionables:
-
As realizadas en edificios de nova
construcción.
-
As intervencións en edificios existentes
que supoñan unha ampliación ou incremento no volumen construido.
-
As intervencións que supoñan un cambio
de uso do edificio.
-
As
actuacións iniciadas con anterioridade á data de rexistro da solicitude desta
axuda.
PRAZO DE PRESENTACIÓN: desde o día 3 de xaneiro 2022 ata o 30 de setembro de 2022, salvo que con anterioridade se esgotase o crédito orzamentario. As solicitudes van resolvéndose por orde de entrada.
MÁIS INFORMACIÓN: contactar coa axente de emprego e desenvolvemento municipal ou pinchando no seguinte enlace: http://igvs.es/web/actuamos/969