viernes, 30 de mayo de 2014

ASESORAMENTO GRATUITO PARA EMPRESAS



Mañá día 31 de maio remata o prazo para inscribirse no programa DINAMÍZATE da Excma. Deputación provincial de Lugo

O obxectivo é convidar as empresas a seguir innovando no seu negocio a través de boas prácticas de mercado, grazas a un programa novidoso na nosa provincia. Este programa, totalmente gratuíto para as empresas, conta coa colaboración da prestixiosa Fundación da Escola de Organización Industrial e está cofinanciado con fondos europeos.

Con el, as empresas obterán:
1.        Diagnose das necesidades e oportunidades de mellora da súa empresa
2.        Elaboración dun plan para acometer as melloras necesarias
3.        Asesoramento técnico continuo por parte dun equipo de profesionais

En función das necesidades de empresa, tamén poderá personalizalo e escoller entre:
1.        Asesoramento en implantación de novas tecnoloxías, solucións de software, etc.
2.        Asesoramento en xestión comercial, apertura de novos mercados, novos canais de venda, fidelización de clientes, etc.

As empresas poden reservar unha das prazas limitadas neste innovador programa totalmente gratuíto para os participantes da provincia enviando os seus datos persoais a dinamizate@deputacionlugo.com ou no teléfono 982 260 008. Máis información en  www.deputacionlugo.org.



jueves, 29 de mayo de 2014

OFERTA DE EMPREGO

Empresa de externalización de servizos selecciona persoal para conserveira en Cariño para o pelado de atún. Preferiblemente con experiencia. Os interesados poden chamar ó 981005612 (Preguntar por Arancha ou Lucía), de luns a xoves de 9:00 a 14:00 e os venres de 9:00 a 15:00

martes, 27 de mayo de 2014

AXUDAS PARA A CONSTITUCIÓN COMO TRABALLADORES AUTÓNOMOS

A Consellería de Traballo e Benestar convocou dúas axudas, unha para menores de 30 anos e outra para maiores de 30,  que se deron de alta no réxime de autónomos así como en outros réximes especias ou mutua profesional, desde o 1 de outubro de 2013, ou que se comprometan a cursar alta nos mesmos antes do 30 de setembro de 2014.

Estas axudas van resolvéndose por orde de entrada, polo tanto e por razóns de presuposto e moi importante presentalas o antes posible. Mañá ábrese o prazo.

Máis información:
http://traballo.xunta.es/axudas-e-subvencions

lunes, 26 de mayo de 2014

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello os bases de selección para a contratación, mediante oposición, de 5 PEÓNS DE PROTECCIÓN DO AMBIENTE E ESPACIOS NATURAIS, a xornada completa, sendo a data de inicio o 09 de xuño e a de término o 08 de setembro.


Algúns dos requisitos que deben cumprir os candidatos son:

- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.

- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.

- Estar en posesión do certificado de estudios primarios ou certificado de escolaridade.

O prazo de solicitude remata o próximo día 04 de xuño, ás 9:30 horas, celebrándose ese mesmo día o proceso selectivo a partir das 10:00 horas, na casa do concello.

Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

martes, 20 de mayo de 2014

OFERTA DE EMPREGO

GRUPO NEXO INFINITY necesita de forma urxente un CHÓFER DE AUTOBUS con experiencia. Interesados chamar ao 647608047

viernes, 16 de mayo de 2014

CURSO AGRICULTURA ECOLÓXICA



CURSO DE AGRICULTURA ECOLÓXICA

SÁBADO 24 DE MAIO, EN ORTIGUEIRA

 
PROGRAMA:

10:30 h. MUSEO ORTEGALIA. Javier García Lozano. Secretario C.R.A.E.G.A.
 "A certificación ecolóxica en Galicia"

11:30 - 12:00 h. Pausa

12:00 - 14:00 h. MUSEO ORTEGALIA. Henrique Puentes Novo
 "Agricultura e froiticultura ecolóxicas"
 CONTIDOS:
-Definición
-Tipos
-Principios e fundamentos
-Beneficios e vantaxes
-O pomar ecolóxico: Mazás de Landín (O Mosteiro). Historial
-Cultivo. Abonado, laboreo e loita contra pragas e enfermidades.
-Comercialización
-Diversificación: outras froiteiras

16:00 h. Visita ás explotacións de Henrique Puentes Novo

ORGANIZA:

 FUNDACIÓN ORTEGALIA.
Data límite inscrición: 21 de maio.
Cuota inscrición: 5 euros.
Teléfono: 981402413
E-mail: fundacion@ortegalia.es

SUBVENCIÓNS A PROXECTOS DE BIOMASA 2014

A Consellería do Medio Rural a través de AGADER e o INEGA convocan subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para os proxectos de equipamentos térmicos de biomasa executados en Galicia. Inclúe: estufas de aire (pellets), cociñas calefactoras e xeradoras de aire quente, caldeiras son sistemas de alimentación automática e volume de acumulación de combustible, etc.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 16 de maio, e permanecerá aberto ata o día 16 de xuño de 2014 (a reserva de fondos previa poderase facer a través da aplicación informática desde as 9:00 h do 16 de maio ata as 14:00 h do 16 de xuño). A concesión da axuda farase por rigorosa orde de reserva de fondos a través da correspondente aplicación informática, e quedará confirmada coa presentación da solicitude.


Máis información:
http://www.inega.es/subvencions/subvencions/Energiasrenovables/2014/ficha_renovables2014_0001.html

martes, 13 de mayo de 2014

AXUDAS A EMPRESAS PARA PRÉSTAMOS PARA GASTOS CORRENTES


O IGAPE pon en marcha un programa para facilitar o acceso das empresas a préstamos para financiar activo correntes: pago de nóminas, tributos, seguridade social...

Trámitase a través das entidades financieras colaboradoras e o que ofrece o IGAPE a través das SGR son avais.

Máis información
http://www.igape.es/gl/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP265

lunes, 12 de mayo de 2014

OFERTA DE EMPREGO

Están publicadas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación, mediante concurso-oposición, dun PEÓN-CONDUCTOR para o departamento de limpeza e mantemento do concello de O Vicedo, cunha duración de tres meses.


Requisitos:
- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
- Estar en posesión do carné de conducir tipo C, e de ser o caso, certificado de aptitude profesional (CAP).
- Estar en posesión da titulación de Estudios Primarios ou Certificado de Escolaridade.
No caso de titulacións obtidas no extranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fielmente a súa homologación.
-Declaración xurada do aspirante de non haber traballado para este Concello máis de 21 meses dentro dos últimos 30 meses inmediatamente anteriores, de ser o caso, á data de inicio do contrato, sin ter en conta para o cómputo anterior o tempo transcurrido entre o 31 de agosto de 2011 e o 31 de decembro do 2012. Non se terán en conta os contratos formativos, de relevo e interinidade, a os contratos temporais celebrados no marco de programas públicos de emprego-formación, así como os contratos temporais que sexan utilizados por empresas de inserción debidamente rexistradas e o obxecto de ditos contratos sexa considerado como parte esencial dun itinerario de inserción personalizado.
 
O prazo de solicitude está aberto ata o día 21 de maio ás 9:30, sendo as probas de seleccción ese mesmo día a partir das 13:00 h. na Casa da Cultura.
 
Para máis información e inscricións contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura, ou chamando ó 982590195

miércoles, 7 de mayo de 2014

CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS

A empresa Agrocosta, S.L. solicitou unha aula na Casa de Cultura de O Vicedo, para impartir un curso de manipulador de alimentos, o cal terá lugar o mércores día 11 de xuño ás 17:00 h. cunha duración aproximada de 3 horas.

Para calquer aclaración chamar o teléfono 982507089.

martes, 6 de mayo de 2014

CURSOS DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A PERSOAS DESEMPREGADAS

Novos cursos no Centro de formación ocupacional de Viveiro, sito na Misericordia:

- Operacións de fontanería, calefacción e climatización doméstica.
- Docencia da formación profesional para o emprego.

Máis información:
http://traballo.xunta.es/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/Contidos_Estandar/formacion_e_cualificacions/afd/afd2014-Lugo.pdf

Os interesados deben dirixirse á oficina de emprego de Viveiro ou directamente o Centro de formación.