jueves, 30 de diciembre de 2021

AXUDAS PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO

AXUDAS PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO (TR341D)

Finalidade 

A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral.

Beneficiarios potenciais

1. Serán beneficiarias aquelas persoas que causen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2021 e o 30 de setembro de 2022, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, sempre que cumpran as seguintes condicións:

a) Estar inscrito como demandante de emprego nos servizos públicos de emprego, carecendo de ocupación efectiva segundo informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e atoparse en tal situación na data de inicio da actividade laboral.

b) Ter iniciada a actividade segundo a definición do artigo 5.2 con anterioridade á presentación da solicitude da subvención.

c) Que desenvolvan fundamentalmente a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia (segundo a alta no imposto de actividades económicas ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria, modelo 036 ou 037).

d) Que non percibisen subvencións ao abeiro dos distintos programas de emprego autónomo nos tres anos anteriores á data do inicio da nova actividade. Este prazo computarase desde a data de notificación da resolución de concesión da anterior subvención.

e) Que non desenvolvesen como persoas traballadoras autónomas a mesma ou similar actividade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivesen de alta como persoas traballadoras autónomas en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores. Para estes efectos, entenderase por mesma actividade a coincidencia ao nivel de 3 díxitos da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE). Este requisito non se aplicará cando a actividade desenvolvida fose realizada por persoas autónomas colaboradoras.

2. As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarias das axudas deste programa, cando formen parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal. Neste caso, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención.

3. Quedan excluídas deste programa as persoas socias de sociedades mercantís, sociedades laborais e os autónomos colaboradores.

Cuantía de las axudas

Co obxecto de axudar ás persoas desempregadas ao inicio e ao mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma e deste xeito facilitarlle ingresos durante o inicio da súa actividade laboral, establécese para todas aquelas persoas que teñan a condición de beneficiarias de acordo co establecido no artigo 20, segundo a súa situación no momento de inicio da actividade laboral, unha subvención segundo o método de custos simplificados asociado á operación coas seguintes contías:

a) 2.000 € para persoas desempregadas en xeral.

b) 4.000 € para o caso de persoas desempregadas que se atopen nalgún dos seguintes colectivos, que non serán acumulables:

Persoas menores de 30 anos.

Persoas desempregadas de longa duración.

Persoas desempregadas con discapacidade.

Persoas desempregadas que se atopen en situación ou risco de exclusión social.

A contía base correspondente incrementarase nun 25 % nos seguintes casos:

a) Se a persoa incorporada é unha muller.

b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural (considéranse concellos rurais todos os concellos galegos agás os seguintes: Cambre, A Coruña, Culleredo, Ferrol, Narón, Oleiros, Santiago de Compostela, Lugo, Barbadás, Ourense, Poio, Pontevedra e Vigo).

c) Persoas maiores de 45 anos.

d) Se a persoa incorporada é unha persoa emigrante retornada.

e) Persoas trans.

f) Profesións e oficios nos cales a muller estea subrepresentada, segundo informe do Instituto Galego das Cualificacións, que se reflicte na lista que figura no anexo III.

Estes seis incrementos son acumulables e deste xeito a contía máxima posible, de aplicárense todos os incrementos, sería de 10.000 euros.

Aplicarase a subvención polo colectivo e os incrementos indicados pola persoa solicitante, en caso de non exercer a opción, entenderase solicitada pola contía superior que quede acreditada coa documentación achegada coa solicitude. Se non queda acreditada a pertenza a ningún colectivo entenderase que solicita pola contía base mínima.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes de axudas do programa para a promoción do emprego autónomo será contado a partir do día seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (DOG 30/12/2021) ata o 30 de setembro de 2021.

Mäis información contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal

AXUDAS A AUTÓNOMOS PARA INVESTIMENTOS (BONO AUTÓNOMO)

 Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do programa do bono das persoas autónomas e se procede a súa convocatoria para o ano 2022 (TR341Q). Consellería de Emprego e Igualdade. DOGA DO 30 DE DECEMBRO DE 2021

Persoas Beneficiarias:

-      Persoas autónomas de Galicia de alta no RETA ou mutualidade, con domicilio fiscal en Galicia, e antigüedade ininterrumpida no mesmo superior a 42 meses, que ademáis acaden un rendemento neto reducido anual inferior a 30.000 euros e facturación mínima anual de 12.000 euros IVE incluído, todo isto declarado no ano 2020.

-      Sociedades de calquera clase e comunidades de bens que teñan unha persoa autónoma societaria con antigüedade ininterrumpida na actividade superior a 42 meses, cuxa empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros (IVE incluído) na última declaración realizada, e cuxa base impoñible no imposto de sociedades da última declaración realizada sexa inferior a 30.000 euros.

Excluidos: as persoas que cobraron a axuda do bono autónomo en convocatorias anteriores

Importe: 80% do custo das actividades (sin IVE) sinaladas na Orde dirixidas á mellora da competitividade a través de servizos ou investimentos, cun límite máximo de 3.000 euros. Podense solicitar ambas liñas, atendéndose primeiro a Liña 1 e co límite máximo de 3.000 euros para o conxunto das actividades.

 

Liña 1: Mellora da competitividade a través de servizos: investigación de mercado; plan de marketing; plan de comunicación do negocio; plan estratéxico do negocio; plan de crecemento: constitución da sociedade; plan de reorientación do negocio; plan de transformación dixital; plan de refinanciamento.

 

Liña 2: Mellora da competitividade a través de investimentos: compra de maquinaria; compra e instalación para a mellora da eficiencia enerxética, inversión para a sustitución de combustibles fósiles ou materiais críticos ou escasos, compra de útiles e ferramentas; reforma do local de negocio; equipos informáticos; equipamento de oficina e/ou negocio, rótulos; aplicacións informáticas, páxinas web, apps e redes sociais, deseño da marca. (No caso de reforma do local do negocio exclúese da axuda o domicilio habitual da persoa traballadora autónoma, a menos que quede acreditado que é imprescindible para o desenvolvemento da actividade).

Inclúe os investimentos realizados desde o 01/01/2022 e ata o fin do prazo de xustificación, en todo caso antes do 5 de decembro de 2022.

Prazo presentación solicitudes: desde o día 14 de xaneiro de 2022 ata o 14 de febreiro de 2022 ou ata o esgotamento do crédito. As solicitudes van concedéndose seguindo a orde de entrada ou cando o expediente esté completo, ata o esgotamento do crédito.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal

martes, 28 de diciembre de 2021

Oferta de emprego: arquitecto superior a xornada parcial

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso de méritos, dun/dunha ARQUITECTO SUPERIOR, a xornada parcial (75%), e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición comenza mañá día 29/12/2021 e por un período de 8 días naturais.

Para máis información e inscricións: pasar pola concello ou pinchar no seguinte enlace:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info (apartado: taboleiro de anuncios, pinchar no + para ver toda a información)

miércoles, 22 de diciembre de 2021

Oferta emprego: peón de recollida de lixo para cubrir vacacións

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha PEÓN RECOLLIDA DE LIXO baixo a modalidade de contrato de traballo de interinidade, para cubrir vacacións, a xornada completa, desde o próximo día 7 de xaneiro ata o 21 de xaneiro de 2022.

O prazo de inscrición comenza o día 22  e ata o 28 de decembro de 2021, ambos inclusive, realizándose o proceso de selección o día 29 de decembro de 2021, ás 10:00 horas, na casa consistorial.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinchando no seguinte enlace:  https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info (apartado: taboleiro de anuncios, pinchar no + para ver toda a información)

jueves, 16 de diciembre de 2021

Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar (xornada parcial, 29 horas/semana)

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial 29 horas/semana, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 10 de xaneiro de 2022, e por un período de tres meses.

O prazo de inscrición comenza mañá día 17 e remata o día 27 de decembro de 2021. A selección realizarase o día 28 de decembro, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 

jueves, 9 de diciembre de 2021

Selección auxiliar de axuda no fogar a xornada completa

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 03 de xaneiro de 2022, e por un período de tres meses.

O prazo de inscrición comenza mañá día 10 e remata o día 20 de decembro de 2021. A selección realizarase o día 22 de decembro, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 

viernes, 3 de diciembre de 2021

Oferta oficina de emprego de limpador/-a para cubrir vacacións

Presentouse na oficina de emprego de Viveiro, unha oferta de traballo de limpador/-a para cubrir vacacións, por quedar deserta a convocatoria realizada.

Para máis información contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local chamando ao 982590029. Tamén poden consultar as bases no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0