EGASA necesita técnico en electrónica para Viveiro. Os interesados poden enviar o currículum por e-mail a: rrhh@egasa.com , ou poñerse en contacto con Jesús García chamando ó 981173700.
lunes, 3 de diciembre de 2007
viernes, 23 de noviembre de 2007
OFERTA DE EMPREGO URXENTE
Necesítanse 2 persoas para carga e descarga para Celeiro. Os interesados deben poñerse en contacto, canto antes, chamando a Laura 982267196, de Flexiplam.
miércoles, 21 de noviembre de 2007
SELECCIÓN OBRADOIRO DE EMPREGO O VICEDO
Desde hoxe están expostas no taboleiro de anuncios do concello as actas de selección dos alumnos-traballadores admitidos no obradoiro de emprego "Concello de O Vicedo". Así como, a relación de monitores e administrativo que superaron as probas de selección, ordeados según a puntuación acadada.
A data de inicio prevista para a posta en marcha de dito obradoiro é o próximo 14 de decembro.
viernes, 16 de noviembre de 2007
CURSOS PARA DESEMPREGADOS ORGANIZADOS POLO INLUDES
O INLUDES ten previsto organizar distintas actividades de formación para desempregados, relacionadas coa atención e coidado de persoas maiores e discapacitadas.
A ubicación das accións formativas será nos concellos con maior número de solicitudes.
Para máis información e inscricións, pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local do concello, situada na Casa de Cultura, antes do próximo 30 de novembro.
martes, 6 de noviembre de 2007
OFERTAS DE EMPREGO
Necesítase recepcionista de hotel, para Viveiro. Interesados chamar ó 982598434
SOLDADORES para Viveiro. Empresa de traballo temporal Ader. Máis información: 982284379 (Laura).
Necesítase DISEÑADOR/-A OU DECORADOR/-A, con experiencia en autocad para tenda de porcelanosa en Viveiro. Enviar currículum e foto a seguinte dirección: Ortegal Baño, s.l. Ctra. AC-862, s/n 15332 Cuíña. Ortigueira. A Coruña. Ref. Currículum

lunes, 29 de octubre de 2007
CURSO FIP " INICIACIÓN Á REDE INTERNET"
Con data 23/10/2007, iniciouse un curso do plan FIP de "Iniciación a rede internet" para persoas desempregadas e inscritas na correspondente oficina de emprego. O curso está subvencionado pola Consellería de Traballo e o Fondo Social Europeo. A duración é de 80 horas lectivas, ademáis dos módulos propios do curso impartiranse outros dous: un de formación para a igualdade e outro de técnicas de busca de emprego.
SELECCIÓN DIRECTOR E ALUMNOS DO OBRADOIRO DE EMPREGO
Tanto para o director como para os alumnos presentarase a correspondente oferta de traballo na oficina de emprego.
No caso do director é necesario estar en posesión do título de arquitecto. A selección entre todas as persoas remitidas pola oficina de emprego celebrarase o 29/10/2007.
Para os alumnos
Requisitos xerais:
- Estar inscrito como desempregado na oficina de emprego de Viveiro e empadroados no Concello de O Vicedo.
- Ser maior de 25 anos.
- Cumplir os requisitos establecidos na normativa reguladora do contrato para a formación durante toda a duración do proxecto.
- Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal aprendizaxe das ensinanzas a impartir con ocasión do desenvolvemento do proxecto formativo.
- Comprometerse activamente no obxecto fundamental do obradoiro de emprego: a aprendizaxe da especialidade formativa á que sexa adscrito, como medida orientada a favorecer a súa inserción profesional e o acceso ó mercado de traballo, por conta propia ou allea.
Requisitos específicos:
- Nivel profesional: ata oficial de 2ª inclusive.
- Idade: de 25 a 65 anos.
Entre todas as persoas remitidas pola oficina de emprego, realizarase unha selección o día 19 de novembro do 2007.

CONTRATACIÓN MONITORES OBRADOIRO DE EMPREGO
Con data 25/10/2007, publicouse no periódico o Progreso a convocatoria para a contratación laboral temporal a media xornada do administrativo e a xornada completa de 2 mestres de obradoiro de albanelería, e un mestre de obradoiro de carpintería de madeira. Os interesados poden consultar as bases, así como presentar o anexo de solicitude xunto coa documentación xustificativa dos méritos, antes das 14 horas do día 2 de novembro de 2007, no rexistro do Concello de O Vicedo, ou na Delegación Provincial da Consellería de Traballo, sita na Ronda da Muralla, 70.
Obradoiro de emprego "Concello de O Vicedo"
A Consellería de Traballo e o Fondo Social Europeo, subvencionarán a posta en marcha dun obradoiro de emprego neste concello. Preténdese formar a 26 persoas, a través da práctica profesional, para facilitar a súa posterior inserción no mundo laboral. As especialidades elexidas son albanelería e carpintería. Durante a duración do mesmo, un ano, contratarase os alumnos traballadores, a través dun contrato para a formación, e realizarán os traballos de rehabilitación e acondicionamento de dous edificios para centro sociales, sitos un na parroquia de San Román e outro en Riobarba.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)