lunes, 29 de octubre de 2012

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun educador familiar, a media xornada, con adscrición o departamento de servizos sociais do concello de O Vicedo.



Requisitos:
- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
- Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: graduado/diplomado en educación social ou traballo social, licenciado en psicoloxía, pedagoxía e psicopedagoxía.
No caso de titulacións obtidas no extranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidelmente a súa homologación.
- Declaración xurada do aspirante de non haber traballado para este Concello máis de 19 meses dentro dos últimos 30 meses inmediatamente anteriores ó 31 de agosto de 2011. Non se terán en conta os contratos formativos, de relevo e interinidade, a os contratos temporais celebrados no marco de programas públicos de emprego-formación, así como os contratos temporais que sexan utilizados por empresas de inserción debidamente rexistradas e o obxecto de ditos contratos sexa considerado como parte esencial dun itinerario de inserción personalizado.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata as 9:30 horas do día 7 de novembro de 2012, realizándose a proba de selección ese mismo día a partir das 10:00 horas na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina de técnico de emprego, Manuela Domínguez, sita na Casa da Cultura.



OBRADOIRO DE COMUNICACIÓN "COMUNÍCATE"


Si estás buscando traballo ou si xa estás traballando cara ao público pode resultarche moi útil o obradoiro de comunicación que se celebrará o venres día 2 de novembro.

Non esquezas inscribirte, na O.M.I.X do concello de O Vicedo, situada na Casa de Cultura ou na do concello de Mañón. O prazo remata o próximo 31 de outubro.

miércoles, 24 de octubre de 2012

OFERTA DE EMPREGO DA EMPRESA SEAGA PARA TRABALLAR EN EXTINCIÓN DE INCENDIOS

Ata o próximo día 31 de outubro está aberto o prazo para actualización de méritos e novas inscricións nas listas de contratación da empresa pública SEAGA, que actualmente contrata o persoal para as brigadas de extición de incendios. Os requisitos varían según as categorías e a documentación a presentar sería:


- Fotocopia cotexada do DNI

- Fotocopia cotexada do título esixido para cada categoría.

- Declaración de non ter sido separado mediante expediente disciplinario da prestación de servizos para a empresa SEAGA.

- Certificado médico (un por categoría).

- Fotocopia cotexada do carné de conducir si é o caso.

- Documentación acreditativa dos méritos.

- Fotocopia cotexada da acreditación do coñecemento da lingua galega.

- Vida laboral actualizada.

- Certificado de empadroamento.

- Si é o caso, copia cotexada da acreditación da minusvalía.

Para máis información e inscricións: axente de emprego e desenvolvemento local, Dña. Manuela Domínguez Bermúdez, con oficina sita na casa de cultura. Ou a través da páxina web da empresa seaga: http://www.epseaga.com (apartado ofertas de emprego)

martes, 16 de octubre de 2012

OFERTA DE EMPREGO

O Concello do Vicedo ten previsto contratar un animador sociocultural, a xornada parcial, durante seis meses, subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar a través dos chamados "Programas de cooperación".


O primeiro requisito é estar desempregado e inscrito na oficina de emprego de Viveiro, oficina na cal se presentou a correspondente oferta.

Para máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura, ou chamando o 982590195

lunes, 15 de octubre de 2012

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun operario de servizos múltiples, a xornada completa, con adscrición ao Colexio Público de O Vicedo.

Requisitos:
- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
- Estar en posesión da titulación de Estudios Primarios ou Certificado de Escolaridade. No caso de titulacións obtidas no extranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidelmente a súa homologación.
-Declaración xurada do aspirante de non haber traballado para este Concello máis de 20 meses dentro dos últimos 30 meses inmediatamente anteriores ó 31 de agosto de 2011. Non se terán en conta os contratos formativos, de relevo e interinidade, a os contratos temporais celebrados no marco de programas públicos de emprego-formación, así como os contratos temporais que sexan utilizados por empresas de inserción debidamente rexistradas e o obxecto de ditos contratos sexa considerado como parte esencial dun itinerario de inserción personalizado.

O prazo de inscrición remata ás 09:30 horas, do próximo día 24 de outubro e a selección realizarase a partir dás 10:00 h. do mesmo día.



miércoles, 10 de octubre de 2012

OFERTAS DE EMPREGO


Empresa lider no sector necesita 10 empleados para Vicedo e arredores.

Perfil: comercial, experiencia en el sector de formación, don de xentes, traballo en equipo.

Ofrecen altas remuneracións. Condicións según valia.

Enviar CV a rrhh@amesformacion.com ou chamar o 662646137 en horario comercial.