QUEN PODE SOLICITAR ESTAS AXUDAS:
Poderán ser persoas ou
entidades beneficiarias as persoas traballadoras autónomas, persoas físicas ou
con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas e as pemes do sector de hostalaría que teñan o seu
domicilio fiscal en Galicia.
Para os efectos destas axudas considéranse dentro do sector da
hostalaría os hoteis, hostais, casas rurais e outros tipos de aloxamentos,
ademais de restaurantes, bares e outros establecementos de restauración.
QUE SE SUBVENCIONA:
Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas
que se desenvolvan entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2021. En
ningún caso se admitirán nin facturas nin xustificantes de pagamento emitidos
en datas non incluídas no dito período.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en
réxime de concorrencia non competitiva.
Gastos subvencionables e importe máximo da subvención por
entidade solicitante .
1. Considéranse gastos subvencionables aqueles en que incorrese
a entidade solicitante entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2021 con
respecto aos conceptos seguintes:
1.1. Instalación de novos PMS (Property Management System).
1.2. Integración de PMS actuais.
1.3. Instalación de novos CRM (Customer Relationship Management)
integrados con PMS.
1.4. Instalación de novos CRM non integrados con PMS.
1.5. CMR integrado con PMS e ferramentas de Big Data e Chatbots
intelixentes.
1.6. Produtos/servizos de márketing orientados a captar e
fidelizar novos mercados e clientes:
– Estudos de mercado (internacionalización, análise de
competencia, benchmarking...).
– Estudos de comportamento e satisfacción de clientes (enquisas,
mistery shopper, focus group...).
– Sistemas de marketing automation.
– Xestión profesionalizada de RR.SS. (redes sociais).
– Publicidade en liña.
– Campañas publicitarias con prescritores.
– Reportaxes fotográficas e de vídeo.
– Revisión das APPCC (análises de perigos e puntos control
crítico).
1.7. Web corporativa con motor de reservas.
1.8. Adquisición de hardware informático.
1.9. Gastos de persoal:
– Sistemas de control do teletraballo.
1.10. Equipamento tecnolóxico:
– Equipamento tecnolóxico, directo ou indirecto, que poida
servir de apoio ou difusión no control da pandemia.
– Equipamento tecnolóxico
tanto básico (equipamentos informáticos, software, comunicacións, etc.) como
específico.
2. En ningún caso serán obxecto de subvención os gastos de xuros
debedores en contas bancarias, os derivados de recargas e sancións
administrativas e penais, nin ningún outro fóra dos especificados no punto dous
deste artigo.
3. O importe da subvención será do 100 % para un gasto
subvencionable de ata 15.000,00 euros por persoa beneficiaria.
PRAZO DE SOLICITUDE: do 25/09/2021 a 25/10/2021, ou ata o
esgotamento do crédito (van resolvendo por orde de entrada.
MÁIS INFORMACIÓN: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento
local municipal ou pinchar no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TU503C&ano=2021&numpub=1&lang=gl