As actividades e prazas ofertadas
son as que se relacionan no seguinte
cadro, en cada unha delas impartirase unha formación concentrada nos aspectos
básicos e fundamentais mais valorados polas empresas de cada unha das
especialidades a impartir de 50 horas, atendo as recomendacións das asociacións
sectoriais coñecedores das necesidades do mesmo dentro da provincia, e outras
50 horas adicadas a xestión da empresa, parte fundamental de cara o futuro
empredemento ou o traballo por conta allea, xa que o coñecemento xeral de
xestión do funcionamento interno dunha empresa é básico para desempeñar
calquera posto dentro dunha empresa.
ACTIVIDADE
|
HORAS
|
DÍAS
|
PRAZAS OFERTADAS
|
CENTRO
|
Hostaleria e turismo
|
100
|
20
|
14
|
1.SUR*
|
Enerxía e auga
|
100
|
20
|
13
|
2.A MARIÑA*
|
Agricultura e gandaría
|
100
|
20
|
8
|
3.CENTRO*
|
Medio ambiente
|
100
|
20
|
15
|
4.MONTAÑA*
|
Autoemprego
|
50
|
10
|
9
|
5.***
|
*Celebrarase no concello máis
céntrico en función dos beneficiarios seleccionados.
*** Celebrarase no lugar onde se
concentre a maioría dos beneficiarios para evitar desprazamentos.
No caso de que non existan suficientes
solicitudes nas zonas referidas, a formación poderá ter lugar nunha zona
distinta a mencionada para cada unha das actividades anteriormente propostas.
DESTINATARIOS
Está dirixida aqueles mozos e mozas que desexen participar na formación dalgunha das materias específicas propostas que queiran asentar a súa vivenda nalgún concello dos participantes definidos no Anexo I destas bases, e cumpran cos requisitos seguintes:
- Mozos e mozas maiores de 16 e menores de 30 anos no momento da solicitude. Para o caso de cumprir os 30 anos en breve , poderá ser destinatario destas axudas sempre e cando inicie a súa participación no programa antes de que transcorran 4 meses dende o seu cumprimento, neste caso especifico poderá finalizar a participación no mesmo.
- Estar inscritos no ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil.
- E obriga indispensable que os mozos e mozas beneficiarios de calquera medida estean empadroados durante o período de vixencia da subvención nalgún dos municipios definidos no artigo 2 do Real Decreto 1234/2018, de 5 de outubro, e recollidos no Anexo I – Listaxe Concellos desta convocatoria.
- Non estar incurso/a en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a recollidas nos apartados 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, de novembro, xeral de subvencións en concordancia coa Lei 9/2007 de xuño, de subvencións de Galicia.
- PRAZOS DE PRESENTACIÓN: O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles dende o seguinte a publicación da convocatoria do presente programa no BOP, previa publicación no Base de Datos Nacional de Subvencións. Inicio do prazo: 17/12/2019 e fin do prazo: 09/01/2020.
Máis información: http://www.deputacionlugo.gal/temas/emprego/prende/genera