miércoles, 24 de febrero de 2021

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e (código de procedemento ED534A).DOGA 24/02/2021.

 

Obxecto: convocar a proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos correspondente ao ano 2021.

A proba convócase para as modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais. 2. Non obstante poderanse inscribir na proba, e titular pola modalidade de Artes, as persoas que estean en condicións de validar o segundo exercicio.

Requisitos:

a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2021.

b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para efectos académicos.

c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2020/21.

Prazo: entre o 3 e o 10 de marzo de 2021.

Para máis información dirixirse a axente de emprego e desenvolvemento local do concello.

lunes, 22 de febrero de 2021

Oferta emprego: peón recollida de lixo

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  PEÓN RECOLLIDA DE LIXO, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de recollida de lixo do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 16 de marzo, e por un período de seis meses.


O prazo de inscrición iniciase o próximo día 23 de febreiro
 e remata o 04 de marzo de 2021 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 5 de marzo de 2021, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

miércoles, 17 de febrero de 2021

CURSOS PREVENCIÓN RISCOS LABORAIS

 RESOLUCIÓN de 11 de febrero de 2021 por la que se convocan cursos de prevención de riesgos laborales, nivel básico, para personal empleado público, trabajador por cuenta ajena o autónomo, empresario y persona con inquietudes en el ámbito de la prevención de riesgos laborales.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210216/AnuncioO150-040221-0001_es.html


Videoconferencia sobre ALTERNATIVAS DO RURAL


 

Apertura do prazo para a presentación de solicitudes para a selección dun peón de servizos múltiples e dous peóns de mantemento de zonas naturais. Programa "Fomento do emprego 2020"

No BOP de Lugo de hoxe día 17/02/2021 publícase o anuncio da convocatoria para a selección, mediante concurso-oposición, de DOUS PEÓNS DE MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS e DUN PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLESa xornada completa, como persoal laboral temporal, dentro do programa: "Fomento do Emprego do Plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2020", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo. As bases de selección están expostas: no taboleiro de anuncios do concello, na sede electrónica e na páxina web da Excma. Deputación Provincial de Lugo

Como o prazo de inscripción é de 10 días naturais contados a partir da dita publicación, comenza mañá día 18/02/2021 e remata o día 01/03/2021 (por resultar inhábil o último día do prazo).

Para máis información ou consulta das bases contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local do Concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0 (apartado taboleiro de anuncios, pinchar no + para ver tódalas novas)

Ofertas de emprego: selección de dúas auxiliares de axuda no fogar, a xornada parcial

Están expostas as bases (unhas bases diferentes para cada un dos postos) para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, de dúas  AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial, unha delas para 27 horas/semana e a outra cunha xornada de 25 horas/semana, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 16 de  marzo, en ambolos dous casos, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición é desde o día 18 de febreiro ata o 01 de marzo de 2021 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 02 de marzo de 2021, a partir das 10:00 horas a de 27 horas/semana e a partir das 10:30 horas a de 25 horas/semana, na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0  (no apartado de taboleiro de anuncios, pinchar no símbolo + para ver tódalas publicacións)

Publicada acta de selección do monitor de compensatoria para o obradoiro Terras do Sor IV

Publicada acta de selección do monitor de compensatoria do obradoiro de emprego Terras do Sor IV.

Máis información: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board (apartado taboleiro de anuncios, pinchar no + para ver tódalas novas)

Publicados resultados entrevista selección monitor compensatoria obradoiro de emprego Terras do Sor IV

Publicada puntuación da entrevista da selección do monitor de compensatoria do obradoiro de emprego Terras do Sor IV.

Máis información: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board (apartado taboleiro de anuncios, pinchar no + para ver tódalas novas)

viernes, 12 de febrero de 2021

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA (ESO) PARA MAIORES DE DEZAOITO ANOS NAS CONVOCATORIAS DE MAIO E SETEMBRO. DOGA 12/02/2021.

 Obxecto: convocar as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria para maiores de dezaoito anos.

Requisitos: Ter cumpridos os 18 anos o día da realización da proba; non ter o título da ESO; non estar nin ter estado matriculado na ESO nin en formación profesional básica no curso 2020/2021 (excepto os matriculados na educación secundaria para persoas adultas sempre que cumpran determinados requisitos).

Datas das probas:

Convocatoria de maio: 21 de maio de 2021.

Convocatoria de setembro: 10 de setembro de 2021.

Prazo de solicitude:

Para a convocatoria de maio: do 8 ao 18 de marzo de 2021.

Para a convocatoria de setembro: do 1 ao 8 de xullo de 2021.

Lista de admitidos/excluidos definitiva para a selección dun Auxiliar de información turística. Subvencionado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo: Programa "Fomento do emprego 2020""

No enlace que aparece a continuación, no apartado de emprego público do taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello (pinchar no + para ver tódalas noticias), pode verse a resolución da alcaldía pola que se aproba a lista de admitidos e excluídos definitiva para a selección dun Auxiliar de información turística, como persoal laboral do concello do Vicedo, a xornada completa, ao abeiro do programa "Fomento do emprego 2020. Plan único de cooperación cos concellos" da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.3

Recordámoslles que a proba de selección realizarase o próximo día 18 de febreiro de 2021, ás 09:30 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade do Vicedo, sita na r/Cidade de Mondoñedo, 23. O Vicedo

jueves, 11 de febrero de 2021

Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada completa

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 09 de  marzo, e por un período de seis meses.


O prazo de inscrición é desde o día 12 ata o 24 de febreiro de 2021 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 25 de febreiro de 2021, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0  (no apartado de taboleiro de anuncios, pinchar no símbolo + para ver tódalas publicacións)

martes, 9 de febrero de 2021

Axudas para o fomento do emprendemento en economía social da Consellería de Emprego e Igualdade

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións da Consellería de Emprego e Igualdade, en réxime de concorrencia non competitiva, coa finalidade de fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras a cooperativas e sociedades laborais e proceder á súa convocatoria para o ano 2021.

 

Establécesen os seguintes programas de axuda:

- Programa I: fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais (procedemento TR802G).

- Programa II: fomento do acceso á condición de persoa socia (procedemento TR802J).

 

Prazo de solicitude: con carácter xeral, desde o 09/02/2021 ata o 30/09/2021, ou ata o esgotamento do crédito.

 

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchar no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210208/AnuncioG0599-210121-0001_es.html 


Convocatoria probas accesos a ciclos e cursos para a formación de socorristas

ORDEN de 21 de enero de 2021 por la que se convocan pruebas de acceso a ciclos formativos de grado medio y de grado superior de formación profesional del sistema educativo para el año 2021 (códigos de procedimiento ED312C y ED312D). 

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210209/AnuncioG0598-280121-0010_es.html

RESOLUCIÓN de 26 de enero de 2021 por la que se convocan cursos de adaptación de la actividad física y deportiva al socorrismo en instalaciones acuáticas (CAFDO-IA) y en espacios acuáticos naturales (CAFDO-EAN), para licenciados o graduados en Ciencias de la Actividad Física y el Deporte y técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas y Deportivas, con el objetivo de conseguir la formación mínima que deben reunir los/las socorristas acuáticos/as para su ejercicio profesional en el ámbito territorial de la Comunidad Autónoma de Galicia y su inscripción en el Registro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia. 

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210208/AnuncioO3C2-260121-0002_es.html

Calquera dúbida tamén poden contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal

lunes, 8 de febrero de 2021

Lista de admitidos/excluidos provisional para a selección dun Auxiliar de información turística. Subvencionado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo dentro do Programa "Fomento do emprego 2020"

Publicouse no día de hoxe 08/02/2021 a lista de admitidos e excluidos provisional  en relación coas bases para a selección, mediante oposición, dun AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA, a xornada completa, como persoal laboral temporal, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2020", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo, ao abeiro das bases publicadas no BOP de Lugo de 3 de abril de 2020, con adscrición ao servizo municipal de turismo.


Segundo se establece na resolución os excluidos dispoñen dun prazo de dous días hábiles, é decir, dos días 09 e 10 de febreiro para efectuar as alegacións que estimen oportunas ou corrixir, no seu caso, os erros que proceda, directamente no propio concello ou , enviando dentro do mesmo prazo a documentación orixinal ou en fotocopia compulsada ou cotexada por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 01 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas. Neste último caso, adelantaran por fax ó número 982590001 ou por correo electrónico o enderezo: concello@concellodovicedo.org, toda a documentación presentada nun rexistro habilitado e dentro do prazo estipulado.

As probas e valoración de méritos terán lugar o día 18 de febreiro de 2021, ás 09:30 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo (Casa da Cultura).



Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no  + para ver toda a información)

Designación tribunal selección monitor compensatoria para o Obradoiro de emprego Terras do Sor IV

Publicada resolución de designación do tribunal para a selección do monitor de compensatoria para o obradoiro de emprego Terras do Sor IV.

Máis información: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

jueves, 4 de febrero de 2021

Subvencións para actuacións de mellora das infraestruturas dos esteblecementos turísticos de aloxamento e de restauración.

OBXECTO DAS AXUDAS:

Son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos:

a) Os establecementos hoteleiros, campamentos de turismo, establecementos de turismo rural e albergues turísticos, de acordo co artigo 55.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

b) As empresas de restauración

2. Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2021.

3. En concreto, poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establece nesta resolución, os seguintes investimentos:

3.1. Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.

3.2. Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial a Q de Calidade Turística.

3.3. Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.

3.4. Actuacións de renovación e modernización das instalacións e embelecemento do contorno da instalación.

3.5. Equipamentos mobles necesarios para o funcionamento.

3.6. Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade coa implementación de medidas de aforro enerxético, así como a instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación do aire.

4. Actuacións de dixitalización dos sistemas de xestión e comercialización do establecemento.

5. Adaptación dos sistemas de seguridade e saúde na prestación de servizos.

 PRAZO DE SOLICITUDE: Do 05/02/2021 ao 04/03/2021

MÁIS INFORMACIÓN: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TU503A ou contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal.


miércoles, 3 de febrero de 2021

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE VIVENDAS DO INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO. DOGA 02/02/2021

Persoas beneficiarias

1. Poderán beneficiarse das axudas as persoas físicas maiores de idade que, tendo menos de trinta e cinco anos na data de presentación da correspondente solicitude, reúnan os seguintes requisitos:

a) Posuír a nacionalidade española ou, no caso de ser estranxeiras, ter a residencia legal en España.

b) Que os ingresos anuais das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a tres veces o IPREM.

Este límite será de catro veces o IPREM se se trata dunha familia numerosa de categoría xeral ou dentro da súa composición existan persoas cunha discapacidade distinta das sinaladas a seguir. O referido límite será de cinco veces o IPREM cando sexa unha familia numerosa de categoría especial ou na súa composición existan persoas con algunha das seguintes discapacidades:

i) Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.

ii) Discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.

c) Ter subscrito a partir do 1 de xaneiro de 2021 ou estar en condicións de subscribir un contrato de adquisición dunha vivenda que reúna os seguintes requisitos:

– Que a vivenda estea localizada nun concello pertencente ao territorio da Comunidade Autónoma de Galicia de menos de 5.000 habitantes. Para estes efectos, tomaranse como referencia as últimas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes publicadas polo Instituto Galego de Estatística na data da correspondente convocatoria.

– Que o prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, sen os gastos e tributos inherentes a ela, sexa igual ou inferior a cen mil euros.

– Que se trate dunha vivenda xa construída. Para estes efectos, admitiranse tanto as vivendas novas como as usadas.

d) Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación da correspondente solicitude, para o caso de que a adquisición fose realizada con anterioridade á data da publicación da correspondente convocatoria.

e) Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia se atopen ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún outro concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

f) Que nin a persoa solicitante nin as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como que non se lles teña revogada, ou fosen obxecto dunha resolución de reintegro dunha axuda prevista neste ou no anterior plan estatal de vivenda, por incumprimento ou causa imputable a aquelas.

g) Que nin a persoa solicitante nin calquera das persoas integrantes da súa unidade de convivencia sexan propietarias ou usufrutuarias dalgunha vivenda en territorio español. Para estes efectos, non se considerará que se posúe a propiedade ou o usufruto dunha vivenda se o dereito recae unicamente sobre unha parte alícuota desta e foi obtido por transmisión mortis causa. Exceptuaranse deste requisito aquelas persoas que, sendo titulares dunha vivenda, acrediten non ter a súa dispoñibilidade por causa de separación ou divorcio, non poidan habitala por calquera outra causa allea á súa vontade ou que a vivenda resulte inaccesible por razón de discapacidade da persoa solicitante ou de calquera membro da súa unidade de convivencia.

 

2. No suposto de adquisición da propiedade da vivenda por máis dunha persoa, cada unha das persoas propietarias deberá cumprir os requisitos sinalados no parágrafo anterior para poder ser beneficiaria da axuda.

 

Importe:

 1. A contía da axuda para a adquisición será de ata dez mil oitocentos euros por vivenda, co límite do 20 % do prezo de venda, sen incluír os gastos e tributos inherentes a esa adquisición.

2. No suposto de adquisición da propiedade da vivenda por máis dunha persoa propietaria, o importe da axuda que puidese recibir un/unha beneficiario/a que adquira unha parte dela determinarase aplicando, ao importe da axuda que correspondería da adquisición do 100 % da vivenda, a porcentaxe de cota adquirida.

 

Prazo de presentación de solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG), ata o 01 de setembro de 2021 e rematando, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario, o que será publicado no DOG mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

 

Máis información: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI435A

 

 


CURSOS PREPARATORIOS CELGA 1,2, 3 Y 4. DOGA 03/02/2021.

Consellería de Cultura e turismo: RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral de Política lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de língua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4. (Código de procedemnto PL600A).DOGA 03/02/2021.

OBXECTO: Convocar cursos preparatorios para a consecución dos certificados de língua galega (Celga 1, 2, 3 e 4), pero NON se obtén o certificado por facer o curso. 

Dúas modalidades de curso: presencial e teleformación.

Os cursos presenciais impartiránse nas seguintes localidades A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra e Vigo. (Niveis e datas especificadas no Anexo II da Orde).

REQUISITOS PARA OS CURSOS DO CELGA: Ser maior de 16 anos ou cumprilos no ano 2021.

PRAZO de solicitude: do 04 ao 24 de febreiro de 2021.  

Só se poderá presentar una única solicitude por participante, e un único curso por persoa, aínda que sexan de modalidades distintas.

Para solicitar máis información contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local deste concello.