NOTA: Cambios nas condicións de esta oferta por necesidades de servizo, aprobados por resolución da alcaldía do 01/02/2013:
1º.- A xornada parcial será de 34 horas/semana, en lugar de 20.
2º.- O prazo de presentación de solicitudes amplíase ata o día 13 de febreiro de 2013, ás 9:30 horas, sendo a selección o mesmo día a partir das 10:00 horas
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, de UNHA AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO, a xornada parcial, durante 3 meses.
1º.- A xornada parcial será de 34 horas/semana, en lugar de 20.
2º.- O prazo de presentación de solicitudes amplíase ata o día 13 de febreiro de 2013, ás 9:30 horas, sendo a selección o mesmo día a partir das 10:00 horas
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, de UNHA AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO, a xornada parcial, durante 3 meses.
Deben cumprirse entre outros os seguintes requisitos:
-Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
-Dispor de vehículo e carné de conducir B1 ou vehículo que facilite o traslado polo termo municipal (motocicleta, etc.)
- Estar en posesión da titulación de Estudios Primarios ou Certificado de Escolaridade ou equivalente.
- Estar en posesión de curso homologado de auxiliar de axuda a domicilio ou curso de atención socio – sanitaria a persoas no domicilio, certificado de profesionalidad ou equivalente.
- Declaración xurada do aspirante de non haber traballado para este Concello máis de 21 meses dentro dos últimos 30 meses inmediatamente anteriores, de ser o caso, á data de inicio do contrato, sin ter en conta para o cómputo anterior o tempo transcurrido entre o 31 de agosto de 2011 e o 31 de decembro do 2012. Non se terán en conta os contratos formativos, de relevo e interinidade, a os contratos temporais celebrados no marco de programas públicos de emprego-formación, así como os contratos temporais que sexan utilizados por empresas de inserción debidamente rexistradas e o obxecto de ditos contratos sexa considerado como parte esencial dun itinerario de inserción personalizado.
O prazo de inscrición remata o vindeiro día 08 de febreiro, ás 09:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:00 na Casa Consistorial. NOTA: Prórrogado ata ás 9:30 horas do día 13 de febreiro o prazo de presentación de solicitudes, e a selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:00 horas.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.