lunes, 30 de noviembre de 2020

AXUDAS DA CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE ÁS MICROEMPRESAS E Á HOSTALERÍA

PROGRAMA I DE APOIO A MICROEMPRESAS, de mantemento do emprego e a
actividade económica das microempresas de Galicia máis afectadas pola
COVID-19


Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde:

1. As persoas ou entidades beneficiarias serán as persoas traballadoras
autónomas con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as
microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica e, excepcionalmente,
as pemes, sempre desenvolvan a súa actividade económica nos sectores
especialmente paralizados. As persoas ou entidades beneficiarias deberán
cumprir todos e cada un destes requisitos:

– Que teñan domicilio fiscal en Galicia.

– Que teñan ou tivesen autorizado un expediente de regulación temporal de
emprego (ERTE) pola COVID-19 desde a declaración do estado de alarma.

– Que a facturación baixase polo menos o 45 % no ano 2020, realizándose
unha comparación entre o facturado en todo o ano 2019 e os tres primeiros
trimestres do ano 2020.

2. Entenderase como actividade especialmente paralizada:

a) En todo caso o lecer nocturno. Son negocios de lecer nocturno aqueles con  establecementos de discotecas, pubs, cafés-espectáculo e salas de festas, salas de concertos, cafés con categoría especial, karaokes..


b) Aquelas actividades económicas que se desenvolvan no ámbito das
atraccións de feiras e que se trate de actividades en que non existe
establecemento aberto ao público e que pertenzan aos seguintes CNAE: 4724,
4729, 4781, 4782, 4789, 5610, 5629, 5630 e 9200.

c) Os negocios encadrados nos seguintes CNAE:

CNAE 4932: Transporte por taxi.

CNAE 5010: Transporte marítimo de pasaxeiros.

CNAE 5030: Transporte de pasaxeiros por vías navegables interiores.

CNAE 5621: Provisión de comidas preparadas para eventos.

CNAE 5914: Actividades de exhibición cinematográfica.

CNAE 7911: Actividades das axencias de viaxes.

CNAE 7912: Actividades dos operadores turísticos.

CNAE 7990: Outros servizos de reservas e actividades relacionadas con eles.

CNAE 8230: Organización de convencións e feiras de mostras.

CNAE 9001: Artes escénicas.

CNAE 9002: Actividades auxiliares ás artes escénicas.

CNAE 9004: Xestión de salas de espectáculos.

CNAE 9321: Actividades dos parques de atraccións e os parques temáticos.

CNAE 9329: Outras actividades recreativas e de entretemento.

Cuantía das axudas:

-4.000 euros en dúas anualidades: 2.000 euros no 2020 e 2.000 no 2021.

-5.000 euros para os que pertenzan a sectores especialmente paralizados, en dúas anualidades: 2.500 euros en 2020 e 2.500 euros en 2021.


Prazo de presentación de solicitudes: do 28/11/2020 ata o 27/12/2020, pero os expedientes vanse resolvendo por orde de entrada.

Principais obligacións: manter a actividade económica e o empleo durante 6 meses desde a fecha de publicación desta orde, 27/11/2020.



Programa II de apoio ao sector da hostalaría

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas ou entidades beneficiarias as persoas traballadoras
autónomas persoa física, ou con persoal contratado por conta allea ao seu
cargo, as microempresas, pemes do sector de hostalaría, tamén se consideran
dentro do sector da hostalaría os hoteis, hostais, casas rurais e outros
tipos de aloxamentos que cumpran estes requisitos:

– Ter domicilio fiscal en Galicia.

– Estar afectado polos supostos de peche do establecemento ou de peche
perimetral do concello en que se sitúen os hoteis, hostais, casas rurais e
outros tipos de aloxamentos, ditados pola autoridade sanitaria da Xunta de
Galicia nas ordes que se relacionan:

– Orde da Consellería de Sanidade do 7 de outubro de 2020
– Orde da Consellería de Sanidade do 4 de novembro de 2020
– Orde da Consellería de Sanidade do 8 de novembro de 2020
– Orde da Consellería de Sanidade do 13 de novembro de 2020


Ou en calquera outra orde ou disposición ditada pola autoridade sanitaria
da Comunidade Autónoma de Galicia nesta materia ata o remate do prazo de
solicitudes.

– Ter pechada a actividade durante un mínimo de dúas semanas. Entenderase
que está afectada polo peche aquela actividade económica que non permita o
consumo dos clientes dentro do establecemento ou nas súas terrazas.


Cuantía das axudas:

-1.500 euros por establecemento e mes de paralización desde outubro (cun mínimo de duas semanas). Os que teñen paralizado a actividades só dúas semanas reciben a parte proporcional 750 euros.

- 2.000 euros por establecemento e mes paralizado desde outubro si ten 10 ou máis traballadores. Os que teñen paralizado a actividades só dúas semanas reciben a parte proporcional 1.000 euros.


Prazo de presentación de solicitudes
: do 28/11/2020 ata o 27/12/2020, pero os expedientes vanse resolvendo por orde de entrada.

Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201127/AnuncioG0599-261120-0001_es.pdf , ou contactando coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal.

lunes, 23 de noviembre de 2020

PRÉSTAMOS IFI EXTRAORDINARIOS COVID-19. IGAPE.

Obxecto: Apoiar financeiramente ás pemes afectadas pola COVID-19

Requisitos: pemes e micropemes, persoas físicas, comunidades de bens e sociedades civís que cumpran os requisitos para a modalidade de préstamo  solicitado, e que cumpran unha das seguintes condicións:

-      Necesidade de recuperar o capital de explotación perdido durante a crise Covid-19.

-      Necesidade de incrementar o seu capital de explotación en previsión dunha lenta recuperación do mercado (cando deban almacenar as súas existencias durante máis tempo do habitual, ou cando deban conceder períodos de cobro máis dilatados nas súas vendas)

-      Dificultade de acceso a financiamento bancario para capital de explotación.

 

Importe dos préstamos: mínimo 3.000 euros e máximo 500.000 euros, amortización máx. 7 anos, e máximo 3 anos de carencia. Garantía adicional requirida a partir de 200.000 euros.

Tipo de xuro: tipo de referencia a media do Euribor a un ano do mes anterior á resolución de concesión, cun marxe adicional de 0,2 puntos porcentuais. Será do 0% cando resultase negativo.

Finalizado o período de carencia, o reintegro do préstamo será mediante cotas trimestrais, o último día do trimestre natural.

Prazo: aberto e ata esgotamento de crédito, en todo caso finaliza o 30 de decembro de 2020.

Máis información: en www.igape.es; informa@igape.es; 981541147; oficinas territoriais do Igape; ou dirixirse á Axente de Emprego do concello.


Oferta de emprego: Auxiliar de axuda no fogar (Xornada:19 horas/semana)

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (19 h/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 14 de decembro de 2020, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición comenza mañá día 24 de novembro e remata o día 03 de decembro de 2020. A selección realizarase o día 04 de decembro, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

viernes, 20 de noviembre de 2020

PROGRAMA DE AXUDAS PRA REHABILITACIÓN ENERXÉTICA EN VIVENDAS E EDIFICIOS

 

DOGA 06/11/2020: INSTITUTO GALEGO VIVENDA E SOLO: PROGRAMA DE AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN ENERXÉTICA EN EDIFICIOS EXISTENTES, CON CARÁCTER PLURIANUAL. (código procedemento VI406C)

Sistema: por orde de presentación de solicitudes         ata esgotamento do crédito, tendo en conta que se considerarán válidamente presentadas cando vaian acompañadas da totalidade dos documentos esixidos nas bases.

Prazo: do 02/01/2021 ao 31/07/2021

Restricións: son requisitos indispensables para optar a estas axudas os seguintes:

-      Que o ano de construcción sexa anterior ao 2007.

-      Que se acade unha redución do consumo de enerxía final mínimo do 10% respecto á situación de partida.

-      Que se acade unha mellora da cualificación enerxética mínimo dunha letra  respecto á situación de partida (excepto para inmobles calificados coa letra A)

Beneficiarios:

Persoas físicas propietarias de vivendas unifamiliares, edificios residenciais e vivendas nestes edificios. Comunidades de persoas propietarias e agrupacións de comunidades de persoas propietarias de edificios residenciais. Agrupacións de persoas propietarias.

Axudas:

-      Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica

-      Mellora da eficiencia enerxética das instalacións térmicas

-      Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación

Podendo realizarse unha tipoloxía de actuación ou unha combinación de varias.

 

A axuda varía para cada actuación e segundo os resultados de aforro enerxético acadados. Para o cálculo da axuda correspondente a cada tipoloxía de actuación pode consultarse o seguinte enlace: http://pree-calculo.idae.es/ 

Destacar:

     -          Non serán subvencionables os custes de licencias, impostos, taxas nin tributos, EXCEPTO o IVE (será subvencionable cando non se poida recuperar ou compensar) 

-          Son subvencionables os custos de xestión da solicitude (máx. 4% axuda ou 3.000 euros) e de xestión da xustificación da axuda (máx. 7% axuda ou 7.000 euros)

-          As actuacións non poderán estar iniciadas con anterioridade á data de rexistro da solicitude de axuda, EXCEPTO para as actuacións preparatorias para solicitar a solicitude (proxecto, memoria técnica, certificados…) que non poderán ser anteriores ao 07/08/2020.

-          Aportar na xustificación final fotografías das obras realizadas.

 

Máis información:  IGVS - Portadaigvs.xunta.gal ou dirixirse á Axente de emprego do concello.



igvs.xunta.gal

jueves, 19 de noviembre de 2020

Bases selección alumnos-traballadores e resto de persoal do obradoiro de emprego "Terras do Sor IV"

Están expostas na sede electrónica e taboleiro de anuncios do concello as bases de selección do alumnado e persoal para o obradoiro dual de emprego, conxunto para os concellos de O Vicedo, Ourol e Muras, denominado "Terras do Sor IV" e subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade. O número de alumnos/-as participantes é de 20: 9 para a especialidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e 11 para a especialidade de carpintaría e moble. Ademáis seleccionarase un director, 2 monitores de carpintaría de madeira, 1 monitor de sociosanitaria e 1 administrador a media xornada.


Para máis información, pode pinchar no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

miércoles, 18 de noviembre de 2020

PROGRAMA DE RESCATE A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS OU TRABALLADORES/AS DO MAR POR CONTA PROPIA

 

Orde do 17 de novembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de rescate a persoas traballadoras autónomas afectadas pola crise da COvid-19 financiado con cargo ao programa operativo FSEGalicia 2014-2020 e se procede a súa convocatoria para o ano 2020 (TR400A). DOGA 18/11/2020

Obxecto: Programa de rescate das persoas traballadoras autónomas ou traballadores do mar por conta propia que teñan recoñecido o cesamento ordinario ou extraordinario da actividade.

Perosas beneficiarias:

-          Persoas traballadoras de alta no RETA ou no réxime de traballadores do mar por conta propia, con domicilio fiscal en Galicia e que teñana recoñecido o cesamento ordinario ou extraordinario da actividade.

Axudas:

-          1.200 euros con carácter xeral.

-          2.000 euros para aquelas persoas que ademáis de cumprir o requisito anterior a súa actividade estivera especialmente paralizada (deberán encadrarse nos CNAEs específicos e serán: lecer nocturno, salas de concertos, atraccións de feiras de determinados CNAE, transporte por taxi, transporte marítimo ou por vías navegables interiores de pasaxeiros,  exhibición cinematográfica, axencias de viaxes, operadores turísticos, servizos de reservas e actividades relacionadas co turismo, organización de convencións e feiras de mostras, artes escénicas, actividades auxiliares ás artes escénicas, xestión de slas de espectáculos, parques de atraccións eparques temáticos, outras actividades recreativas e de entretemento).

 

-          Prazo de solicitude: 1 mes ou ata esgotamento de crédito, O prazo comeza o 19 de novembro de 2020. A resolución vai por orde de entrada de solicitudes completas e ata esgotamento de crédito (é dicir, que se unha solictude non está completa a súa orde de entrada pasaría á data de subsanación do requirimento recibido para subsanala).

Destacar:

-          Os importes da axuda non son acumulables entre sí.

-          As persoas solicitantes deberán manter a alta como traballadoras durante un mínimo de dous meses a contar desde o 18 de novembro de 2020.

Máis información: en https://sede.xunta.gal ou dirixirse á Axente de emprego do concello.

lunes, 9 de noviembre de 2020

Oferta emprego: auxiliar de axuda no fogar (Xornada: 34 horas/semana)

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (34 h/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 01 de decembro, e por un período de seis meses.


O prazo de inscrición comenza mañá día 10 e remata o día 19 de novembro de 2020. A selección realizarase o día 23 de novembro, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.


Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

viernes, 6 de noviembre de 2020

OBRADOIRO DE EMPREGO TERRAS DO SOR IV

Está previsto proximamente por en funcionamento un Obradoiro dual de emprego conxunto para os concellos de O Vicedo, Ourol e Muras, denominado "Terras do Sor IV", subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade, para as especialidades de: 


- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
- Traballos de carpintería e moble.

Os candidatos deberán estar inscritos como desempregados na oficina de emprego de Viveiro e carecer de ocupación nese momento, ademáis doutros requisitos que poden establecerse nas bases de selección, as cales contamos que a próxima semana estarán expostas na sede electrónica do concello de O Vicedo, taboleiro de edictos, etc. Para a especialidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais é necesario ter unha titulación mínima: ESO ou equivalente...

Os interesados deben pasar canto antes pola oficina de emprego de Viveiro para inscribirse especificamente para Obradoiros duais de emprego e nunha das dúas especialidades en concreto.

Ademáis, contratarase  outro persoal de xestión e apoio: un director, monitores un adminsistrativo.