viernes, 27 de agosto de 2010

CURSOS PARA DESEMPREGADOS

Aberto o prazo ata o 14 de setembro para inscribirse nos cursos organizados polo Inludes para desempregados. Contemplanse dous grupos de accións formativas dirixidas a dous perfiles de beneficiarios diferentes:

- Perfil A (desempregados en xeral)
1) Formación específica:
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio.
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

2) Formación complementaria:
- Cuidador de discapacitados físicos e psíquicos.
- Atención especializada a enfermos de alzheimer.
- Técnico en transporte sanitario.
- Auxiliar de enfermería xeriátrica.


- Perfil B (desempregados con dificultades de inserción laboral: menores de 30 anos, maiores de 45 anos, parados de máis de 1 ano de duración, colectivos en risco de exclusión social).
1) Formación específica:
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio.
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
- Servizos de restaurante.
- Operacións básicas de pisos e aloxamentos.
- Promoción turística local e información ó visitante.
- Operacións auxiliares de fabricación.
- Aprobeitamentos forestais.

2) Formación complementaria:
- Coidador de discapacitados físicos e psíquicos.
- Atención especializada a enfermos de alzheimer.
- Técnico en transporte sanitario.
- Auxiliar de enfermería xeríatrica.
- Animador sociocultural.
- Monitor de actividades de tempo libre infantil e xuvenil.

En ambos casos, para participar na formación complementaria será necesario ter realizado previamente o curso ó que complementan, haber participado en outras accións formativas cun programa formativo coincidente ou poseer o certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia profesional.


REQUISITOS E DOCUMENTACIÓN A APORTAR
Os requisitos que deberán cumprir os beneficiarios son:
- Nivel formativo igual ou superior ó graduado escolar, certificado de estudos anterior a 1975 ou titulación equivalente.
- Pertencer a un dos perfiles establecidos.
- Estar empadroado preferentemente en algún municipio da provincia de Lugo, excepto o municipio de Lugo.

A documentación que deberán aportar os interesados é a seguinte:
- Fotocopia do DNI.
- Fotocopia da tarxeta de demandante de emprego.
- Documento acreditativo da formación mínima.
- Fotocopia do libro de familia no caso de ser familia numerosa.
- No caso de encontrarse en situación de precariedade económica deberase acreditar dita situación cun informe dun traballador social.


REMUNERACIÓN
Concederase ós participantes unha axuda equivalente ó 75% do IPREM do ano 2010 (465,95€).
Estas axudas serán compatibles coa percepción da prestación e subsidio por desemprego, ainda que o conxunto das rendas percibidas polo beneficiario, incluido o importe da beca, non poderá superar o 75% da contía fixada para dito indicador.


Para máis información e inscripcións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local sita na Casa da Cultura.

martes, 24 de agosto de 2010

OFERTAS EMPREGO RESIDENCIA DE MAIORES VIVEIRO

Para a próxima apertura da residencia de maiores de Viveiro é necesario cubrir os seguintes postos de traballo:

- Médico
- Ats
- Traballador Social
- Fisioterapeuta
- Técnico de mantemento
- Animador/a
- Administrativo
- Limpador/a
- Persoal de Cociña
- Xerocultor
- Recepcionista

Para optar á praza é necesario enviar os datos persoais e de contacto, ademáis do curriculum vitae, indicando a que praza se quere optar e que ésta pertence á localidade de Viveiro.
Para presentar a solicitude é necesario enviar unha carta a Xeriatros, C/García Barbón, nº 60 baixo 36201, Vigo; ou a través do correo electrónico correo@geriatros.com

Para máis información, chamar ó teléfono 986 227 103. O prazo de presentación de solicitudes remata o 4 de setembro de 2010.

lunes, 23 de agosto de 2010

SUBVENCIÓNS CON PRAZO ABERTO. AGOSTO 2010


CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

* AUTOEMPREGO

o Iniciativas de emprego: ILES-IER. Procedemento de cualificación e inscrición rexistral.
Prazo de presentación: Indefinido.
DOG Nº 18, do 27 de xaneiro do 2000.

o Aboamento de cotas á seguridade social a traballadores que percibisen a prestación por desemprego na súa modalidade de pagamento único.
Prazo de presentación: Finalizará o 18 de setembro de 2010; prazo extraordinario: 1 de xaneiro ó 31 de maio de 2011.
DOG Nº 158, do 18 de agosto do 2010.

* APOIO A COLECTIVOS DESFAVORECIDOS

o Programa de apoio ás traballadoras e traballadores afectados por expedientes de suspensión de contratos do sector téxtil e da confección.
Prazo de presentación: A data límite será, en todo caso, o 1 de novembro de 2010.
DOG Nº 147, do 3 de agosto do 2010.
o Subvencións para os/as traballadores/as excedentes do sector téxtil e da confección.
Prazo de presentación: Tres meses contados desde o día seguinte da publicación da orde no DOG.
DOG Nº 149, do 5 de agosto do 2010.

* DISCAPACIDADE

o Programa de apoio á creación, ampliación e mantemento de centros especiais de emprego.
Prazo de presentación: Con carácter xeral, finalizará o 15 de setembro de 2010. O prazo para presentación do custo salarial, finalizará o 30 de xuño de 2010.
DOG Nº 82, do 3 de maio do 2010.

* PROGRAMAS DE COOPERACIÓN

o Subvencións para a contratación, por órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro, de traballadores para a realización de obras e servizos de interese xeral e social.
Prazo de presentación: Finalizará o 22 de abril, agás as solicitudes de axudas e subvencións para a contratación de mulleres vítimas de violencia, que poderán presentarse ata o 15 de novembro do 2010.
DOG Nº 54, do 22 de marzo do 2010.

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

* Axudas a proxectos de aforro e eficiencia enerxética.
Prazo de presentación: Finalizará o 30 de setembro do 2010.
DOG Nº 143, do 28 de xullo do 2010.


INSTITUTO DE CRÉDITO OFICIAL

* LIÑAS DE FINANCIACIÓN

o Liña ICO – Inversión Nacional 2010.
Vixencia: Ata o 20 de decembro de 2010 ou ata o consumo dos fondos dispoñibles.

o Liña ICO – Inversión Internacional 2010.
Vixencia: Ata o 20 de decembro de 2010 ou ata o consumo dos fondos dispoñibles.

o Liña ICO - Liquidez 2010.
Vixencia: Ata o 20 de decembro de 2010 ou ata o consumo dos fondos dispoñibles.

o Liña ICO – Economía sostible 2010.
Vixencia: Ata o 20 de decembro de 2010 ou ata o consumo dos fondos dispoñibles.


Instituto Galego de Promoción Económica

* IMPULSA LUGO. Plan de axudas para proxectos empresariais.
DOG Nº 231, do 25 de novembro de 2009.

* LIÑAS DE FINANCIAMENTO

o Liña Microempresas 2009.
Prazo de presentación: Finalizará o 30 de decembro de 2010.
DOG Nº 148, do 30 de xullo de 2009 (Bases reguladoras).
DOG Nº 128, do 7 de xullo de 2010 (Modificación prazo solicitudes).

o Liña PEME Xove 2009.
Prazo de presentación: Finalizará o 30 de decembro de 2010.
DOG Nº 148, do 30 de xullo de 2009 (Bases reguladoras).
DOG Nº 128, do 7 de xullo de 2010 (Modificación prazo solicitudes).

o Liña PEME Competitiva 2009.
Prazo de presentación: Finalizará o 30 de decembro de 2010.
DOG Nº 148, do 30 de xullo de 2009 (Bases reguladoras).
DOG Nº 128, do 7 de xullo de 2010 (Modificación prazo solicitudes).

* SUBVENCIÓN EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA

o RE-EMPRENDE 2010 - Proxectos de creación de empresas ou investimentos en empresas novas promovidas por novos emprendedores.
Prazo de presentación: Finalizará o 30 de novembro de 2011.
DOG Nº 65, do 8 de abril de 2010.

martes, 17 de agosto de 2010

OFERTAS DE EMPREGO

- Vendedor/a (Viveiro)

Seleccionamos para nuestra tienda de "O Zapatazo" de Viveiro, a una persona para el puesto de VENDEDOR/A a JORNADA COMPLETA para cubrir las vacaciones del personal.
Es un puesto eventual que durará hasta el 11 de Septiembre.
El horario de trabajo será de lunes a sábado: 9.30h-14h+16.30h-20.30h.
Buscamos una persona con experiencia en comercio, que esté acostumbrada a una venta muy directa y asesorada.

Máis información e inscripción na páxina: http://www.infojobs.net/viveiro/vendedor-cobertura-vacaciones/of-idbdbf398f3466fb17b5ee7024a03cf


-Asesores comerciales (A Mariña)

Requisitos mínimos:
Capacidad de comunicación y organización. Aptitud para establecer relaciones comerciales. Experiencia y/o disposición a trabajar por objetivos. Ambición de desarrollo económico y profesional.

Para máis información e incripción: http://www.infojobs.net/seleccionar/asesores-comerciales/of-i8e879f0a724e4b93855ce9f108001c


- Jefe mantenimiento (A Mariña)

Experiencia mínima:
Al menos 2 años
Requisitos mínimos:
- Ingeniero Superior Industrial, especialidad Automáticas y/o Electricidad
- Nivel usuario avanzado de informática- Experiencia en Gestión de Equipos de Trabajo
- Capacidad de Delegación
Requisitos deseados:
- Conocimientos de frio industrial y sistemas de bombeo

Máis información e inscripción no enlace: http://www.infojobs.net/seleccionar/jefe-mantenimiento-marina-lucense/of-i9ee0094c1f42c4ab6cbf5551692495



- Calderero, tubero, soldador (San Ciprián)

Experiencia mínima: Al menos 1 año
Requisitos mínimos: Incorporación inmediata

Para máis información e solicitudes: http://www.infojobs.net/cervo/calderero-tubero-soldador/of-ia9a7a5a1384bd3be52b7ffd90ac788