lunes, 30 de mayo de 2016

CHARLA DO GAC NA CASA DE CULTURA DE O VICEDO


Mañá día 31 de maio, ás 19:00 horas na Casa daCultura, terá lugar unha charla do Grupo de acción costeira A Mariña-Ortegal, onde se falará entre outras cuestións da próxima convocatoria de axudas para emprendedores e empresarios.



CURSO DIRIXIDO PRIORITARIAMENTE A PERSOAS DESEMPREGADOS/-AS NA PROVINCIA DE LUGO

Pincha no seguinte enlace para ver os cursos programados para a provincial de Lugo, e subvencionados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Fondo social europeo


http://emprego.ceei.xunta.gal/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/Contidos_Estandar/formacion_e_cualificacions/afd/afd2016-Lugo.pdf

No concello de Xove organizan un curso de socorrismo e salvamento acuático en espazos naturais, e recordámosvos a todolos/-as interesados/-as que a apartir do ano 2017 é necesario ter o certificado de profesionalidade para poder traballar de socorrista.

CUSO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS


viernes, 27 de mayo de 2016

CURSO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS

A Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu unha axuda a este concello para a organización dun CURSO DE ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS (PLAN AFD), dirixido prioritariamente a persoas desempregadas.
Os/-as interesados/-as deberán estar inscritos na oficina de emprego de Viveiro.
Requisitos de acceso: o ser un curso de nivel 2 a titulación mínima sería a ESO ou equivalente.
No caso de superar o curso, obterían o correspondente certificado de profesionalidade expedido pola Xunta de Galicia.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello, teléfono: 982590195/982590029.


OFERTA DE EMPREGO

O Concello de O Vicedo ten concedida unha axuda por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria para a contratación de 1auxiliar de biblioteca e 1 peón.
 
Requisito imprescindible ser perceptor da RISGA (Renda de integración social), estar desempregado e inscrito na oficina de emprego de Viveiro, e carecer de ocupación según informe de vida laboral.
 
Para máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura, ou directamente coa oficina de emprego.

OFERTAS DE EMPREGO

O Concello de O Vicedo ten concedida unha axuda por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria para a contratación de 6 SOCORRISTAS.
 
Requisito imprescindible estar desempregado e inscrito na oficina de emprego de Viveiro, e carecer de ocupación según informe de vida laboral.
 
Para máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura, ou directamente coa oficina de emprego.

martes, 24 de mayo de 2016

RESULTADOS PROBA SELECCIÓN PERSOAL PARA GALP A MARIÑA-ORTEGAL

Está exposta nos taboleiros de anuncios dos concellos e en internet a lista dos resultados da proba escrita de selección e o pase a seguinte fase, para a oferta de emprego de persoal administrativo do GALP  A Mariña-Ortegal

Máis información:
http://www.accioncosteira.es/?q=gl/taxonomy/term/3

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello os bases de selección para a contratación, mediante oposición, de 2 PEÓNS DE PROTECCIÓN DO AMBIENTE E ESPACIOS NATURAIS, a xornada completa, sendo a data de inicio o 13 de xuño e a de término o 12 de setembro.

Algúns dos requisitos que deben cumprir os candidatos son:
- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
- Estar en posesión do certificado de estudios primarios ou certificado de escolaridade.

O prazo de solicitude remata o próximo día 02 de xuño, ás 15:00 horas. A proba de selección realizarase o día seguinte,  03 de xuño, ás 09:30 horas na Casa consistorial.
Máis información e inscricións: pasando pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

miércoles, 18 de mayo de 2016

SELECCIÓN DE PERSOAL EN PRÁCTICAS PARA A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO


No BOP de Lugo de hoxe convócase o proceso de selección de persoal para cubrir varios postos con contratos en prácticas, pola Excma. Deputación Provincial de Lugo

Máis información:

http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/p_20_contenedor1.jsp?seccion=s_fdoc_ultimoBOP.jsp&codbusqueda=305&language=gl&layout=p_20_contenedor1.jsp

Prazo de solicitude: 10 días naturais a contar a partir da publicación do anuncio

LISTA ADMITIDOS E EXCLUIDOS DEFINITIVA OFERTA EMPREGO GALP A MARIÑA-ORTEGAL


Está exposta nos taboleiros de anuncios dos concellos e en internet a lista da admitidos e excluidos definitiva para a oferta de emprego de persoal administrativo do GALP  A Mariña-Ortegal


Máis información:
http://www.accioncosteira.es/?q=gl/taxonomy/term/3

jueves, 12 de mayo de 2016

IX RUTA DE PINCHOS CONCELLO DO VICEDO 2016

Hoxe luns 16 de maio, ás 18:00 horas na Casa da Cultura de O Vicedo. Terá lugar a entrega do premio do público ó mellor pincho e o sorteo dun vale de compra de 200 euros.




martes, 10 de mayo de 2016

CURSOS DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A PERSOAS DESEMPREGADAS



O Centro de formación ocupacional de Viveiro organiza proximamento os seguintes cursos dirixidos prioritariamente a persoas desempregadas:

* Montaxe,posta en servizo, manten,inspec e revisión de instalac receptoras e

Levantamentos e replanteos

* Mecanizado por arranque de labra
 
Máis información chamando o CFO cuio número aparece no seguinte enlace ou directamente na oficina de emprego de Viveiro:
 

AXUDAS REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS DE VIVENDAS PROTEXIDAS


No DOG do día de hoxe publícase a convocatoria de axudas ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, así como dos transferidos polo Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, e se abre a súa convocatoria para o ano 2016.


Máis información:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160510/AnuncioG0423-270416-0001_gl.html