No seguinte enlace podes ter máis información dos cursos dirixidos prioritariamente a traballadores desempregados que vai organizar o Centro de formación ocupacional de Viveiro este ano 2022: https://emprego.xunta.es/diplos/cursos?searchText=viveiro en distintas especialidades: dinamización comunitaria, atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, competencias clave, mecanizado, fontanería e calefacción...
jueves, 28 de abril de 2022
Cursos adaptación para o persoal auxiliar de información e primeiros auxilios para a inscrición no Rexistro de socorrismo de Galicia
RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2022 pola que se convocan cursos do módulo de Primeiros auxilios e actuación inicial en emerxencias en espazos acuáticos naturais, incluído no Curso de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN-4), co obxectivo de acadar a formación mínima que debe reunir o persoal auxiliar de información e primeiros auxilios en espazos acuáticos naturais no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia
Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220428/AnuncioO3C2-200422-0001_gl.pdf
jueves, 21 de abril de 2022
Bases programa de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas do Instituto galego de promoción económica IGAPE
RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2022 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras do marco de apoio ao acceso ao crédito das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio coas sociedades de garantía recíproca e as entidades de crédito adheridas (financiamento Igape-pemes), e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG535A).
Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal ou pinchar nos seguintes enlaces: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220421/AnuncioO92-130422-0001_es.pdf
Axudas contratación alumnado obradoiro de emprego Terras do Sor V. Especialidade: traballos de carpintaría e moble
miércoles, 20 de abril de 2022
Axudas para a contratación en prácticas de xóvenes menores de 30 anos
Por medio desta convocatoria, as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación de menores de 30 anos a través das seguintes liñas:
a) Liña 1: programa Talento 30 en prácticas, mediante contratos para a obtención de práctica profesional, subscritos con persoas traballadoras menores de 30 anos que estean en posesión de título universitario (grao, máster ou doutoramento), ou título de grao medio ou superior, especialista, máster profesional ou certificado do sistema de formación profesional, consonte o establecido na Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño, das cualificacións e da formación profesional; así como daquelas persoas que posúan un título equivalente de ensinanzas artísticas ou deportivas do sistema educativo, que habiliten ou capaciten para o exercicio da actividade laboral, segundo o establecido no artigo 11 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, para esta tipoloxía de contratos.
b) Liña 2: programa Talento 30 formación en alternancia, mediante contratos de formación en alternancia que se realicen con persoas traballadoras menores de 30 anos, e que poderán celebrarse con persoas que carezan da cualificación profesional recoñecida polas titulacións ou certificados requiridos para concertar un contrato formativo para a obtención de práctica profesional regulada no punto 2.a). Sen prexuízo do anterior, poderanse realizar contratos vinculados a estudos de formación profesional con persoas que posúan outra titulación sempre que non tivese outro contrato formativo previo nunha formación do mesmo nivel formativo e do mesmo sector produtivo, segundo o establecido no artigo 11 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, para esta tipoloxía de contratos.
O prazo para a presentación de solicitudes desta convocatoria estará aberto a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta orde ata o día 30 de setembro de 2022, ou ata esgotamento do crédito.
Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220420/AnuncioG0599-060422-0004_es.pdf
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR353C&ano=2022&numpub=1&lang=gl
jueves, 7 de abril de 2022
Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar, a xornada parcial (32 horas/semana)
Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (32 h/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de inicio prevista o día 04 de maio, e por un período de seis meses.
O prazo de inscrición é desde o día 08 e ata o 21 de abril de 2022 (ambos inclusive). A selección realizarase o día 22 de abril de 2022, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
Oferta de emprego: operario servizos múltiples
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello e na súa sede electrónica as bases para a contratación laboral temporal, con carácter de urxencia por non cobertura da vacante, mediante concurso-oposición, dun/dunha operario/-a de servizos múltiples, a xornada completa. A data de inicio prevista é o día 2 de maio de 2022, e cunha duración de seis meses.
O prazo de inscrición queda aberto desde mañá día 08 e ata o día 21 de abril de 2022. A selección realizarase o día 22 de abril de 2022, a partir das 10:30 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinche no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1
martes, 5 de abril de 2022
Axudas para empresas para eficiencia enerxética e para autoemprego das persoas emigrantes retornadas
RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes galegas retornadas na Comunidade Autónoma galega, e se procede á súa convocatoria no ano 2022 (código de procedemento PR937A)
Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220404/AnuncioG0595-210322-0004_gl.html
RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos, para o ano 2022-2023, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN417Y).
Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220405/AnuncioG0474-230322-0002_gl.html
RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria do procedemento de concesión de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes con actividade de comercio, hostalaría, artístico-recreativas e outros servizos (programa Bono enerxía peme), anualidade 2022 (código de procedemento IN417Z).
Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220405/AnuncioG0474-010422-0002_gl.html
lunes, 4 de abril de 2022
Oferta emprego: auxiliar de axuda no fogar para cubrir vacacións
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR (para cubrir vacacións), con data prevista de inicio o 28 de abril de 2022
O prazo de inscrición iniciase mañá día 5 de abril e remata o próximo día 18 de abril de 2022, realizándose o proceso de selección o día 19 de abril partir das 10:00 horas na casa do concello.
Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura. https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board