lunes, 23 de noviembre de 2009

MONITORES E ADMINISTRATIVO II OBRADOIRO DE EMPREGO CONCELLO DO VICEDO

Ata as 14:00 horas do día 27/11/2009, está aberto o prazo de presentación de solicitudes para a contratación laboral temporal a media xornada dun administrativo e a xornada completa dun: mestre de obradoiro de xardinería, mestre de obradoiro de atención sociosanitaria a persoas no fogar, e mestre de obradoiro de carpintería de madeira.
As bases están expostas nos taboleiros de anuncios do concello de O Vicedo, e do Departamento territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo, e nestes mesmos lugares poderán conseguir os anexos de solicitude.
O lugar de presentación será unicamente no rexistro do concello de O Vicedo, ou no rexistro xeral da Delegación Territorial da Xunta de Galicia de Lugo, sito na Ronda da Muralla, 70 (Servizo de promoción do emprego-Escolas Obradoiro).

jueves, 19 de noviembre de 2009

II OBRADOIRO DE EMPREGO CONCELLO DO VICEDO

Proximamente porase en funcionamento o “II Obradoiro de Emprego Concello de O Vicedo”, subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo, no que se formarán a 23 alumnos/-as nas especialidades de XARDINERÍA (8), CARPINTERÍA DE MADEIRA (8) e ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS NO FOGAR (7).

Neste proxecto mediante o desempeño dun traballo real e remunerado, combínase formación con práctica profesional. A duración será dun ano.

Os alumnos-traballadores deberán cumprir como mínimo os seguintes requisitos:
- Ter vintecinco ou máis anos.
- Estar desempregados e inscrito no Servizo Público de Emprego.
- Estar empadroados no concello de O Vicedo.

Tódolos interesados deberán estar inscritos correctamente na Oficina de emprego de Viveiro. Máis información contactando coa AEDL do concello, Dña. Manuela Domínguez Bermúdez, na Casa da Cultura, en horario de 9:00 a 15:00 h. ou chamando ó 982590195

jueves, 22 de octubre de 2009

OBRADOIRO DE SOSTENIBILIDADE E AFORRO EN TEMPOS DE CRISE


Organiza o Servizo Galego de Igualdade, dependente da Secretaría Xeral da igualdade da Xunta de Galicia, e cofinanciada polo Fondo Social Europeo e o Instituto da Muller, no concello de O Vicedo, un OBRADOIRO SOBRE "SOSTENIBILIDADE E AFORRO EN TEMPOS DE CRISE". Terá lugar o vindeiro martes, 27 de outubro, ás 10:00 horas na Casa de Cultura de O Vicedo. Está dirixido a mulleres de tódalas idades, e trataranse distintos temas para conseguir os seguintes obxectivos: coñecer as técnicas de aforro familiar para o control dos gastos mensuais, sensibilizar e coñecer técnicas sobre o aforro enerxético e identificar as necesidades e prioridades de compra.
Inscricións no departamento de emprego e desenvolvemento local na Casa de Cultura, ou chamando ó 982590195, ata o luns 26 de outubro.

NOVA PÁXINA DE BÚSQUEDA DE EMPREGO E TRAMITACIÓN DE PRESTACIÓNS

O goberno habilitou unha páxina web para facilitar a búsqueda de emprego e a solicitudes de prestacións e así axilizar e desconxestionar as oficinas de emprego. A dirección da páxina é: http://www.redtrabaja.es

jueves, 15 de octubre de 2009

OBRADOIRO SOBRE "HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES"

Organiza o Servizo Galego de Igualdade, dependente da Secretaría Xeral da igualdade da Xunta de Galicia, e cofinanciada polo Fondo Social Europeo e o Instituto da Muller, no concello de O Vicedo, un OBRADOIRO SOBRE "HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES". Terá lugar o vindeiro luns, 19 de outubro, ás 10:00 horas na Casa de Cultura de O Vicedo. Está dirixido a mulleres de tódalas idades, e trataranse distintos temas: alimentación, tabaquismo e exercicio físico desde o punto de vista da saúde.
Inscricións no departamento de emprego e desenvolvemento local na Casa de Cultura, ou chamando ó 982590195, ata o venres 16 de outubro.

martes, 15 de septiembre de 2009

AXUDAS PARA TRABALLADORES AUTÓNOMOS

Recentemente publicouse no Boletín Oficial da Provincial as bases do
PROGRAMA DE APOIO AOS AUTÓNOMOS 2009 DO INSTITUTO LUCENSE DE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E SOCIAL –INLUDES- , CONSISTENTE EN AXUDAS PARA REACTIVACIÓN ECONÓMICA E CREACIÓN DE EMPREGO.

Beneficiarias: Autónomos/-as que cumpran entre outros os seguintes requisitos:
-Que a data de alta no réxime de autónomos, sexa como mínimo anterior a 31 de decembro de 2008.
-Que a renda neta do solicitante no exercicio 2008, elevada o ano natural, non supere os 7.236,60 euros.
-Ter o domicilio fiscal, social e o centro de traballo na provincia de Lugo.

PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 30/09/2009

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, Dña. Manuela Domínguez. Tlf.: 982590195.

CURSO DE ATENCIÓN ESPECIALIZADA A ENFERMOS DE ALZHEIMER

CONVOCA: Concello de O Vicedo.

SUBVENCIONA: Consellería de Traballo e Benestar. Fondo Social Europeo

LUGAR DE REALIZACIÓN: Casa da cultura de O Vicedo.

HORARIO: De luns a venres, de 08:30 a 14:00 H.

HORAS: 275 H.

DATA PREVISTA DE INICIO: 30 de setembro do 2009.

DATA PREVISTA DE FINALIZACIÓN: 11 de decembro do 2009.

MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: Casa da Cultura. Tlf.: 982590195, o antes posible.

REQUISITOS: Terán prioridade os desempregados inscritos na oficina de emprego, as vacantes poden ser cubertas con ocupados/-as ata un certo límite.

OFERTA DE EMPREGO

VENDEDOR DE CURSOS DE FORMACIÓN para Viveiro. Nº de oferta: 972613. Máis información chamando a CIMO ó 902116039

jueves, 30 de julio de 2009

OFERTA DE EMPREGO

ESTETICISTA para Viveiro. Nº oferta: 971923. Realizará tratamentos estéticos, recepción e asesoramento aos clientes dun centro de beleza. Máis información chamando a Telemprego ó 902116039.

miércoles, 29 de julio de 2009

AXUDAS DO PROGRAMA LEADER 2007-2013

Está aberto o prazo de presentación das axudas do programa Leader Galiza 2007-2013 que subvencionará proxectos produtivos e non produtivos en relación coas seguintes medidas:
1.- Dinamización do sector agrario e forestal.
2.- Mellora medioambiental e do contorno rural.
3.- Diversificación da economía rural e mellora da calidade de vida.
Estas axudas poden ser de interese tanto para novos empresarios como empresarios en activo.

A xestión destas axudas corresponde á Asociación de Desenvolvemento da Comarca de A Mariña (GDR-1) con sede en Mondoñedo, pero si necesitan máis información ou os modelos de solicitude poden dirixirse en primeira instancia á Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, Dña. Manuela Domínguez, con oficina sita na Casa da Cultura.

SUBVENCIÓNS PARA AUTÓNOMOS PARA A ADQUISICIÓN DE EQUIPOS INFORMÁTICOS

¿Quen pode pedir esta subvención? Traballadores por conta propia de Galicia, dados de alta no Réxime especial de traballadores autónomos, excepto, os comerciantes minoristas que xa teñen axudas específicas.

¿Que se subvenciona? A compra de equipos informáticos: de sobremesa ou portátiles e a adquisición de software libre.

¿Cuantía da axuda? 45% do investimento, máximo 350 euros.

¿Tramitación das subvencións? Hai unha serie de tiendas informáticas que estableceron un convenio coa Consellería, entonces tanto a compra como a solicitude de subvención debe de realizarse en algunha das que aparece no listado da páxina web: http://www.conselleriaiei.org/ga/dxpisi/

Prazo de solicitude: durante o ano 2009 pero ata que se agote o crédito.

lunes, 6 de julio de 2009

CHARLA INFORMATIVA

O próximo venres 10 de xullo do 2009, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura do Vicedo, haberá unha charla infomativa sobre o Programa Leader, programa europeo que subvenciona proxectos empresariais.
Persoal do Grupo de Desenvolvemento rural de A Mariña falará sobre o tipo de proxectos que se subvenciona, requisitos, cuantías, etc.

jueves, 25 de junio de 2009

OFERTAS DE EMPREGO

No taboleiro de anuncios están expostas as bases para a contratación dun conductor de vehículos municipais e un animador sociocultural. O prazo de presentación remata o día 29/06/2009, ás 14:30 horas. As inscricións poden realizarse pasando pola oficina da Técnico de emprego, sita na Casa de Cultura.

OFERTAS DE EMPREGO

No taboleiro de anuncios do concello están expostas ás bases para a contratación de 10 persoas a media xornada para a limpeza de praias, e unha auxiliar de turismo para a oficina de turismo. O prazo de presentación de solicitudes remata o día 26/06/2009, ás 14:30 horas. A inscrición pode facerse pasando pola oficina da técnico de emprego, sita na Casa de Cultura.

martes, 2 de junio de 2009

OFERTA DE EMPREGO

O concello de O Vicedo convoca 3 prazas de peóns a xornada completa para a limpeza de praias e o mantemento de zonas naturais durante a tempada de verán/09 (3 meses), mediante bases publicadas o día 29/05/2009 no taboleiro de anuncios do concello.
Está aberto o prazo de inscrición ata o día 10/06/09, e a documentación a aportar é:
-Instancia de solicitude.
-Declaración de non haber traballado máis de 21 meses para este concello.
-Fotocopia DNI.
-Fotocopia certificado de escolaridade, graduado escolar ou equivalente.
A selección realizarase o próximo día 11, ás 11:00 horas, na Casa de Cultura.

Para máis información ou inscricións pasar pola Casa de Cultura, pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, Dña. Manuela Domínguez

martes, 28 de abril de 2009

OFERTAS DE EMPREGO

Necesítase dependienta para tienda de moda en Viveiro. Tlf.: 617572822


Pescados Ruben, S.L selecciona PERSOAL para o seu departamento de finanzas e facturación. Licenciados/as, diplomados/as e FP2 que obtiveran o título despois do ano 2005. Tlf. Contacto: 982582177.


ADMINISTRATIVO/A para Viveiro, con coñecementos de contaplus, facturaplus e nivel de inglés alto. Tlf.: 982561754.

martes, 21 de abril de 2009

PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO

O pasado venres 17 de abril convocouse no Boletín Oficial da Provincia unha praza de auxiliar administrativo para o concello de O Vicedo, como funcionario interino.
Para máis información prema aquí http://bop.deputacionlugo.org/ficheros/2009/4/2009-4-17.pdf ou pida as bases no concello.

martes, 24 de marzo de 2009

viernes, 27 de febrero de 2009

martes, 17 de febrero de 2009

CURSOS DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A TRABALLADORES DESEMPREGADOS

Pinchando no enlace que aparece a continuación obterás información sobre os cursos que se organizarán na provincia de Lugo dirixidos prioritariamente a traballadores desempregados:

http://traballo.xunta.es/descargas/AFD_2009_Lugo.pdf

OFERTA DE EMPREGO

Necesítase mecánico de automoción con experiencia no sector. Interesados enviar curriculum o e-mail: mecanicas@dmarina.e.telefonica.net

lunes, 9 de febrero de 2009

OFERTAS DE EMPREGO

Seguros OCASO necesita 2 persoas para a zona da Mariña. E necesario coche propio. Non se necesita experiencia. Enviar currículum a: anam.briones@ocaso.es . Máis información chamando a Ana ó 647309675.

Necesítase CAMARERA a turnos. Zona Viveiro. Tlf.: 982562290.

PESCADOS RUBEN, S.L busca persoal para a manipulación de peixe. Tlf.: 982582177.


Importante empresa do sector eléctrico necesita PERSOAL para traballos en liñas de distribución eléctrica de media e baixa tensión para a zona da Mariña. Interesados enviar currículum vitae urxentemente:
- E-mail: rrhh@passco.es
- Fax: 981169755.
- C/ Camiño do Souto, 32. 27003 Lugo

lunes, 2 de febrero de 2009

CONVENIO IGAPE-ICO-EEFF 2008


REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
3.1.- Liña ICO-PEME
3.1.1.- Beneficiarios.- Pemes, calquera que sexa a súa forma xurídica (tamén persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas e comuninades de bens)
3.1.2.- Actividade.- Actividades sinaladas no anexo I.
3.1.3.- Localización.- O proxecto de investimento deberá realizarse en Galicia.
3.2.- Liña CRECEMENTO
3.2.1.- Beneficiarios.- Pemes, calquera que sexa a súa forma xurídica e conten cun cadro de traballadores de 50 ou máis persoas a 31 de decembro de 2007 (tamén persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas e comuninades de bens)
3.2.2. Actividade.- Actividades sinaladas no anexo I.
3.2.3.- Localización.- O proxecto de investimento deberá realizarse en Galicia.
3.3.- Liña INTERNACIONALIZACIÓN
3.3.1.- Beneficiarios.- Pequenas e medianas empresas con forma xurídica de sociedade mercantil ou cooperativa e que teñan o seu domicilio social en Galicia ou, estando domiciliadas fóra da Comunidade Autónoma, conten con maioria de capital galego.
3.3.2. Actividade.-Todas excepto as relacionadas coa exportación ou coa utlización de produtos nacionais en detrimento dos importados. Para as axudas de I+D exclúense as actividades do sector carbón e para as Pemes do sector da pesca a adquisición ou contrución de buques pesqueiros e as empresas en crise.
3.3.3.- Localización.- O proxecto de investimento deberá realizarse fóra do territorio do Estado español.
3.4.- Liña EMPRENDEDORES
3.4.1.- Beneficiarios.- Pemes constituídas a partir do 1 de xaneiro de 2007 ou ben profesionais que se den de alta no IAE dende dita data (tamén persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas e comuninades de bens)
3.4.2. Actividade.- Todas excepto as relacionadas coa exportación ou coa utlización de produtos nacionais en detrimento dos importados. Para as axudas de I+D exclúense as actividades do sector carbón e para as Pemes do sector da pesca a adquisición ou contrución de buques pesqueiros e as empresas en crise.
3.4.3.- Localización.- O proxecto de investimento deberá realizarse en Galicia.
O importe mínimo de financiamento será de 25.000 € por beneficiario, e o máximo será o establecido polo ICO para cada unha das liñas do PLAN DE FOMENTO EMPRESARIAL 2008: a) Para a LIÑA ICO-PEME e a LIÑA INTERNACIONALIZACIÓN: 1.500.000 euros b) Para a LIÑA CRECEMENTO EMPRESARIAL: 6.000.000 euros c) Para a LIÑA EMPRENDEDORES: 200.000 euros A porcentaxe de financiamento terá os seguintes límites, dependendo da liña á que se acolla o beneficiario: a) Liña CRECEMENTO EMPRESARIAL: ata un 70% do investimento a realizar en Activos Novos Produtivos. b) Liña ICO-PEME (Pequenas e medianas empresas) e Liña INTERNACIONALIZACIÓN: ata un 80% do investimento a realizar en Activos Novos Produtivos. c) Liña ICO-PEME (Microempresas) e Liña EMPRENDEDORES: ata un 90% do investimento a realizar en Activos Novos Produtivos.
INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES
Activos produtivos novos.
En ningún caso serán financiables:
- Reestruturacións de pasivo ou refinanciamentos.
-Activo circulante, adquisición de empresas e tomas de participación, agás na liña de internacionalización.
- Investimentos cuxa finalidade sexa a deslocalización da empresa.
- Elementos de transporte, no sector de transporte por estrada ou urbano.
- O Imposto sobre o valor engadido (IVE) ou calquera outro tributo ligado ao investimento.
CONTÍA DAS AXUDAS
a) A subsidiación das operacións de préstamo/leasing acollidas a este convenio será, con carácter xeral, de 0,65 puntos.
b) No caso de que a operación estea avalada por unha SGR que subscriba este convenio, a subsidiación será de 0,90 puntos. Para aqueles proxectos localizados nos concellos relacionados no anexo V outorgaráselles unha subsidiación adicional de 2 puntos porcentuais do tipo de xuro. A subsidiación devengarase durante a vixencia da operación financeira, non podendo exceder en ningún caso dos 7 primeiros anos de vixencia da mesma. A axuda financeira pagarase dunha soa vez.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 22/02/2009

jueves, 29 de enero de 2009

PRINCIPAIS AXUDAS A EMPRESAS PRIVADAS CONVOCADAS POLA CONSELLERÍA DE TRABALLO PARA A CONTRATACIÓN DE TRABALLADORES

· Axudas contratación indefinida de mulleres.

· Axudas para a contratación por conta allea de xóvenes menores de 30 anos.

· Axudas a contratación indefinida de parados de larga duración.

· Axudas planes de estabilidade.

· Axudas para a conciliación da vida laboral e familiar.

· Axudas a contratación indefinida de persoas con discapacidade

PRINCIPAIS AXUDAS A EMPRENDEDORES CONVOCADAS POLA CONSELLERÍA DE TRABALLO

* Programa de promoción do emprego autónomo
Axuda dirixida a persoas desempregadas que se constitúan como traballadores/-as autónomas e creen o seu propio posto de traballo por conta propia.

* Capitalización da prestación por desemprego
Posibilidade de percibir a prestación por desemprego nun pago único para aquelas persoas que se constitúan como traballadores autónomos

* Programa de fomento das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E)
O obxectivo deste programa é a xeración de emprego estable de mozos e mulleres a través da dinamización e o apoio ao desenvolvemento de novas iniciativas empresariais.

* Programa de apoio ás iniciativas locais de emprego (ILES)
O obxecto deste programa é o fomento e a promoción da creación de empresas innovadoras, económica e financieramente viables, que xeren emprego estable no ámbito local.

OFERTAS DE EMPREGO

Seleccionamos COCIÑEIRO/A, CAMAREIRO/A E RECEPCIONISTA. Incorporación inmediata interesados/as. Tlf.: 982585066.

Importante medio de comunicación precisa comercial para a Mariña Lucense. Interesados remitir currículum vitae e foto recente indicando a referencia do posto PRO-Marluc ó Apdo. 119 de La Coruña rrhh@lavoz.es

lunes, 5 de enero de 2009

OFERTAS DE EMPREGO



Empresa constructora precisa incorporar para as súas obras nas comarcas de Ferrol e a Mariña Lucense necesita ADMINISTRATIVO DE OBRA. Requírese diplomatura en ciencias empresariais, experiencia de 2 anos en posto similar, habituados a traballar en soportes Erp, dominio do novo PGC e do paquete office e capacidade e organización do traballo. Ofrécese: retribución a convir, incorporación inmediata e confidencialidade no proceso de selección. Interesados enviar currículum vitae e fotografía recente a dirección de correo electrónico: curriculum@mundo-r.com o apartado de correos 4.106 de A Coruña, indicando no sobre “Departamento de Recursos Humanos. Ref.: Admvo-Contabilidad”.