martes, 30 de abril de 2013

AXUDAS DA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

A continuación póden consultar varias axudas convocadas pola Consellería do medio rural para o sector forestal e agrícola:

http://app.igape.es/.axudas/lista.asp?cons=MRUR

ESTADÍAS EN PAÍSES EUROPEOS PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS


No DOG do 29 de abril de 2013 convócanse estadías en países europeos para a realización de prácticas non remuneradas en empresas:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130429/AnuncioCA05-240413-0001_gl.pdf

BOLSAS CONVOCADAS POLA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

No BOP do día 27 de abril de 2013, a Excma. Deputación Provincial de Lugo publica a convocatoria de dúas bolsas de 18  meses de duración para licenciados en xornalismo ou comunicación audiovisual:

Para máis información pincha aquí:

http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_7995_1.pdf#PAGE=1

lunes, 29 de abril de 2013

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun EDUCADOR FAMILIAR, a media xornada, con adscrición o departamento de servizos sociais do concello de O Vicedo.


Requisitos:

- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
- Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: graduado/diplomado en educación social ou traballo social, licenciado en psicoloxía, pedagoxía e psicopedagoxía.
No caso de titulacións obtidas no extranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidelmente a súa homologación.
-Declaración xurada do aspirante de non haber traballado para este Concello máis de 18 meses dentro dos últimos 30 meses inmediatamente anteriores, de ser o caso, á data de inicio do contrato, sin ter en conta para o cómputo anterior o tempo transcurrido entre o 31 de agosto de 2011 e o 31 de decembro do 2012. Non se terán en conta os contratos formativos, de relevo e interinidade, a os contratos temporais celebrados no marco de programas públicos de emprego-formación, así como os contratos temporais que sexan utilizados por empresas de inserción debidamente rexistradas e o obxecto de ditos contratos sexa considerado como parte esencial dun itinerario de inserción personalizado.


O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata as 9:30 horas do día 8 de maio de 2013, realizándose a proba de selección ese mismo día a partir das 10:00 horas na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina de técnico de emprego, Manuela Domínguez, sita na Casa da Cultura.







OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (34 horas/semana), durante seis meses, sendo a data de inicio prevista o día 14 de maio.


O prazo de inscrición remata o vindeiro día 08 de maio, ás 9:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:30 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.



miércoles, 24 de abril de 2013

NOVOS CURSOS AFD DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A DESEMPREGADOS

Pinchando aquí poden consultar os novos cursos  subvencionados pola Consellería de Traballo e Benestar que se iniciarán proximamente en toda a provincia de Lugo dirixidos prioritariamente a persoas desempregadas, aínda que si quedan prazas poderían acudir persoas ocupadas.

 http://traballo.xunta.es/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/Contidos_Estandar/formacion_e_cualificacions/afd/afd2013-Lugo.pdf

martes, 23 de abril de 2013

OFERTA DE EMPREGO

Oferta de emprego publicada na Voz de Galicia de hoxe 23 de abril:

ADECCO ETT busca un electricista para traballar na zona de Viveiro, con polo menos 5 anos de experiencia en mantemento electromecánico e imprescindible en dirección de equipos, valorándose a que se teña en sector afín o ciclo integral da auga.

lunes, 22 de abril de 2013

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial  (25 horas/semana), durante tres meses, sendo a data de inicio prevista o día 03 de maio.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 30 de abril, ás 9:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

viernes, 19 de abril de 2013

CURSO DE CERTIFICACIÓN FORESTAL


Na zona da Mariña queren organizar un CURSO DE CERTIFICACIÓN FORESTAL si hai xente suficiente. O curso duraría un mes aproximadamente, pero presencial só sería un día a semana, e o lugar onde se realizaría esa reunión determinaríase en función da demanda.  No presente, a madeira certificada supón obter un mellor prezo pola súa venda, pero no futuro será un requisito imprescindible.


Este curso sería interesante para propietarios forestais ou as súas asociacións, comunidades de montes, desempregados ou traballadores do sector.




OFERTAS DE EMPREGO


Ofertas de emprego publicadas en infojobs:

- Persoa especializada en limpeza, corte e filiteado para Burela para o Almacén do Peixe.
- Controlador almacenero para a Mariña de Lugo. Selecciona ADER, E.T.T.


Pinche aquí:

http://www.infojobs.net/jobsearch/search-results/list.xhtml

martes, 16 de abril de 2013

AXUDAS PARA INVESTIMENTOS EN ENERXÍAS RENOVABLES 2013


No seguinte enlace poden consultar as bases das axudas para incentivar os investimentos en enerxías renovables: enerxía solar, caldeiras de biomasa, etc. dirixidas a particulares, empresas e institucións sin ánimo de lucro:

http://www.inega.es/subvencions/subvencions/Energiasrenovables/2013/ficha_renovables2013_0001.html

viernes, 12 de abril de 2013

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun operario de servizos múltiples, a xornada completa, con adscrición ao Colexio Público de O Vicedo.


O prazo de inscrición remata ás 09:30 horas, do próximo día 23 de abril e a selección realizarase a partir dás 10:00 h. do mesmo día.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.





martes, 9 de abril de 2013

OFERTA DE EMPREGO


Si pinchas no seguinte enlace do BOP de Lugo poderás consultar unha oferta de traballo da Fundación TIC para a selección de persoal laboral temporal , mediante o sistema selectivo de oposición libre, para a súa participación na actuación “Promoción da Autonomía Persoal dos maiores da provincia” de:


* 1 Profesor/a de Taller  a tempo completo Licenciado/a ou Grao en Psicoloxía

* 1 Profesor/a de Taller a tempo completo Técnico Superior en Administración de Sistemas

Informáticos en Rede ou equivalentes*

* 1 Profesor/a de Taller a tempo completo coa titulación de Grao en Enxeñaría en Deseño Industrial e Desenvolvemento de Produto


http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_7919_1.pdf#PAGE=11