viernes, 23 de octubre de 2015

DÍA DO EMPRENDEDOR




Se tes un proxecto emprendedor ou estás a comenzar coa túa actividade empresarial, pode que sexa do teu interés asistir ao Día do Emprendedor (30 de outubro).

Podes acceder á información sobre a Xornada e inscribirte neste enlace: http://www.eoi.es/es/eventos/18556/dia-del-emprendedor-de-galicia-santiago-de-compostela

jueves, 8 de octubre de 2015

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun operario de servizos múltiples, a xornada completa, con adscrición ao Colexio Público de O Vicedo, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición remata ás 15:00 horas do próximo día 19 de outubro. A selección realizarase a partir dás 10:00 h. do día 20 de outubro de 2015, na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

miércoles, 7 de octubre de 2015

OFERTA DE EMPREGO SEAGA


Ata o próximo día 31 de outubro está aberto o prazo para actualización de méritos e novas inscricións nas listas de contratación da empresa pública SEAGA, que actualmente contrata persoal para as brigadas de extinción de incendios forestais durante o verán. Os requisitos varían según as categorías e a documentación a presentar sería, con carácter xeral:


- Fotocopia cotexada do DNI

- Fotocopia cotexada do título esixido para cada categoría.

- Declaración de non ter sido separado mediante expediente disciplinario da prestación de servizos para a empresa SEAGA.

- Certificado médico (un por categoría).

- Fotocopia cotexada do carné de conducir si é o caso.

- Documentación acreditativa dos méritos.

- Fotocopia cotexada da acreditación do coñecemento da lingua galega.

- Vida laboral actualizada.

- Certificado de empadroamento.

- Si é o caso, copia cotexada da acreditación da minusvalía.



Os interesados en participar na campaña do próximo ano deberían facer a inscripción ahora.

Para máis información e inscricións: axente de emprego e desenvolvemento local, Dña. Manuela Domínguez Bermúdez, con oficina sita na casa de cultura. Ou a través da páxina web da empresa seaga: http://www.epseaga.com (apartado ofertas de emprego)

lunes, 5 de octubre de 2015

OFERTA DE EMPREGO




Recibida en este departamento la siguiente oferta de empleo:

Busco gente para ampliar equipo comercial en la zona de Vicedo y alrededores.

OFERTA:

Tienes :

- Ganas de trabajar y prosperar económicamente y profesionalmente.
- Don de gentes.
- Disponibilidad y dedicación.

Tendrás:

- Una formación teórica y práctica.
- Un puesto profesional de futuro.
- Unos ingresos superiores a 1200 euros/mes.
- Posibilidades de promoción interna.

Interesados llamar al telf: 662055627 o enviar C.V. a ines.ramos@nortehispana.com.

jueves, 1 de octubre de 2015

PROGRAMA REFORMA 15 DO IGAPE. AXUDAS REFORMA COCIÑAS E BAÑOS

¿EN QUE CONSISTEN AS AXUDAS DO REFORMA 15?

Son axudas do IGAPE a particulares para a compra de materiais ou mobiliario de cociña e/ou baño, para a reforma do seu fogar en Galicia, que ademais se complementarán con un desconto do propio establecemento de venta de Galicia que se adhira a esta convocatoria.

As axudas solicítanse directamente nun establecemento adherido, entre o 6 de outubro e o 16 de novembro de 2015 (ou ata agotar o crédito dispoñible). 
Consulte aquí os establecementos adheridos.
A compra mínima é de 1.000 euros (sen impostos) e pódense comprar: materiais de construción e para rehabilitación de cociñas e baños (azulexos, baldosas, ...) ou pezas de mobiliario de cociña ou baño, quedando excluídos os electrodomésticos e as obras.
A compra máxima subvencionable é de 5.000 euros (sen impostos) en unha ou varias veces.
A axuda do IGAPE é dun 20% do importe de compra calculado antes de impostos (co límite de 1.000 €). Adicionalmente a tenda que colabora no programa realiza un desconto do mesmo importe.
Pode pedilas calquera persoa maior de idade que acredite a súa vinculación con un domicilio en Galicia (propietario ou inquilino). Só unha persoa por domicilio, é só un domicilio por persoa solicitante da axuda.

Máis información:

http://www.igape.es/gl/ser-mais-competitivo/reforma15