jueves, 24 de septiembre de 2020

Oferta emprego: administrativo/-a, funcionario interino, subvencionado pola Excma.Deputación Provincial de Lugo a través do programa "Fomento do emprego 2020"

 Están aprobadas e expostas as bases para o nomeamento como funcionario interino dun ADMINISTRATIVO/-A, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2020", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.



Próximamente está previsto que se publique a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, e o prazo de inscripción será de 10 días naturais contados a partir de dita publicación.



Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

martes, 22 de septiembre de 2020

Oferta emprego: limpador/-ra a xornada completa

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPIADOR/A a xornada completa, por un período de 6 meses.

O prazo de inscrición iniciase mañá día 23 ata próximo día 2 de outubro de 2020, realizándose o proceso de selección o día 5 de outubro partir das 10:00 horas na casa consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, ou pinchar no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

viernes, 18 de septiembre de 2020

Oferta de emprego: péon de prevención e defensa contra incendios forestais

Como nos comunican que vamos a ter unha vacante de peón de prevención e defensa contra incendios forestais neste concello, procedemos a iniciar o proceso de selección para o que resta da campaña de verán 2020.

As persoas interesadas poden chamar canto antes ao Concello do Vicedo, contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, chamando ao 982590029/982590195, vamos a proceder a presentar oferta na oficina de emprego de Viveiro.

lunes, 14 de septiembre de 2020

Oferta de emprego: vacante como condutor motobomba

Queda unha vacante nun  dos postos de condutor de motobomba para este concello e polo que resta da campaña de verán 2020.

As persoas interesadas poden chamar canto antes ao Concello do Vicedo, contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, chamando ao 982590029/982590195, vamos a proceder a presentar oferta na oficina de emprego de Viveiro.

viernes, 11 de septiembre de 2020

SUBVENCIÓNS ANO2020 PARA MOVILIDADE EFICIENTE E SOSTIBLE (PROGRAMA MOVES II EN GALICIA)

No DOG do xoves 10 de setembro de 2020, o INEGA convoca axudas para a promoción da movilidade eficiente e sostible.

Actuacións subvencionables:

 Actuación 1: Adquisición de vehículos de enerxías alternativas.

Pode consultar no siguinte link os vehículos subvencionables:

http://coches.idae.es/base-datos/vehiculos-elegibles-programa-MOVES-II

Actuación 2: Implantación de infraestructura de recarga de vehículos eléctricos.

Actuación 3: Implantación de sistemas de préstamos de bicicletas eléctricas.

Actuación 4: Implantación de medidas de movilidade sostible no traballo.

Inicio do plazo de solicitude de adhesión de entidades colaboradoras (Actuación 1 e 2): Desde o 11 de setembro de 2020 (artículo 6.3).

Inicio do plazo de solicitude das axudas: 9:00h do 1 de outubro de 2020 (artículo 7.2).

Fin do plazo de solicitude: 10 de setembro de 2021.

Máis información pinchando no seguinte enlace:http://www.inega.gal/subvencions/subvencions/aforro/2020/ficha_aforro2020_0005.html?idioma=es

jueves, 10 de septiembre de 2020

Oferta de emprego: limpador/-a a xornada parcial

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPIADOR/A a xornada parcial (96,66%), por un período de 6 meses.

O prazo de inscrición iniciase mañá día 11 ata próximo día 21 de setembro de 2020, realizándose o proceso de selección o día 22 de setembro partir das 10:00 horas na casa consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinchar no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

martes, 1 de septiembre de 2020

Programa Prende para a contratación de persoas mozas entre 16 e 30 anos inscritas no sistema de Garantía Xuvenil

Axuda económica dirixida a persoas físicas ou xurídicas da provincia de Lugo cuxo centro de traballo se atope situado nalgún municipio do ámbito de actuación detallado no Anexo I desta convocatoria (entre eles O Vicedo), que teñan unha necesidade de contratación e que desexen incluír no seu cadro de persoal un mozo inscrito no sistema de garantía xuvenil que resida nun territorio rural.

As persoas físicas ou xurídicas participantes deberán formalizar un contrato indefinido cun mozo/a inscrito no sistema de garantía xuvenil.

A contía de axuda pode chegar aos 5700 euros en función da duración do contrato.

A axuda asignarase por orde de entrada de solicitude ás 30 primeiras en entrar.

O prazo de solicitude remata ó día 3 de setembro de 2020.

Para máis información poden poñerse en contacto coa Deputación Provincial de Lugo no teléfono:


982 26 02 61 / 982 26 02 58 / 982 26 00 85

Enlaces:

http://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/30-06-2020_0.pdf#page=1

http://deputacionlugo.gal/gl/temas/emprego/prende/empleo