Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
viernes, 17 de marzo de 2023
SELECCIÓN DUN ALGUACIL DE SERVIZOS MÚLTIPLES COMO FUNCIONARIO INTERINO
Oferta de emprego
A compañía MGS seguros necesita persoal
Que está buscando:
- Persoa moi coñecida no pobo.
- Idade entre 25-50 anos preferiblemente.
- Con experiencia comercial en calquer sector.
- Contrato mercantil.
Que ofrece:
- Fixo mensual máis variable durante 4 anos, para logo abrir unha oficina na localidade de máis volume de traballo.
- Campañas trimestrais que che axudarán a incrementar os ingresos anteriormente sinalados.
- Plan de formación a cargo da empresa con titor personalizado.
Os/-as interesados/-as contartar con: Pablo Yáñez Ramil, Director comercial MGS Seguros. Enviar curriculum a: pabloyanezramil@mgs.es
jueves, 16 de marzo de 2023
Cursos de prevención de riscos laborais
RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2023 pola que se convocan os cursos de prevención de riscos laborais de nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230316/AnuncioO150-070323-0001_gl.html
martes, 14 de marzo de 2023
Convocatoria de cursos de reciclaxe de socorrismo acuático
RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2023 pola que se convocan cursos de reciclaxe de socorrismo acuático, válidos para a renovación da inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.
Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230314/AnuncioO3C2-080323-0001_gl.html
jueves, 9 de marzo de 2023
Oferta de emprego: auxiliar de axuda no fogar a xornada parcial (35 horas/semana)
Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (35 horas/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda no fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de inicio prevista o día 27 de marzo de 2023, e por un período de tres meses.
Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
miércoles, 8 de marzo de 2023
Actas selección persoal subvencionado polo programa "Fomento do emprego do plan provincial único de cooperación cos concellos 2022", da Excma. Deputación Provincial de Lugo
Publicadas no taboleiro de anuncios do concello do Vicedo as actas da selección dun peón de servizos múltiples, dous peóns de mantemento de zonas naturais e un auxiliar de información turística, dentro do programa: fomento do emprego do plan provincial único de cooperación cos concellos 2022, financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
lunes, 6 de marzo de 2023
Convocadas as probas para a obtención dos certificados de lingua galega
RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2023 (código de procedemento PL500C).
Obxecto: convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2,3 e 4.
Datas das probas: maio/xuño de 2023. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).
Localidades: Santiago de Compostela (Celga 1, 2, 3 e 4) e Ponferrada (Celga2, 3 e 4). Os lugares e horarios se publicarán coa listaxe definitiva de persoas admitidas.
Inscripción: formulario modelo PL500C (anexo I); xustificante de aboamento e taxas (código 304401), salvo que este se efectúe a través da sede electrónica, caso en que o xustificante se xerará automaticamente.; certificado de discapacidade de ser o caso.
Presentación preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Taxa: 16,92 euros, para cada un dos niveis. O pagamento pode realizarse de forma telemática ou presencial. Non se admitirá o aboamento das taxas fóra do prazo de Probas Celga
Están exentas do pago das taxas as persoas con
discapacidade igual ou superior ao 33 %.
Prazo: ata o 27/03/2023
Destacar: As persoas excluídas terán dous meses para solicitar a devolución da taxa ingresada, a partir da publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas.
Duración das probas:
Celga 1 |
Escrita: 2 horas |
Oral: 10 minutos |
|
Celga 2 |
Escrita: 2 horas |
Oral: 10 minutos |
|
Celga 3 |
Escrita: 2 horas e media |
Oral: 15 minutos |
|
Celga 4 |
Escrita: 3 horas |
Oral: 15 minutos |
Máis información no DOG do
viernes, 3 de marzo de 2023
Programa de prácticas para estudiantes da Universidade da Coruña (UDC)
A Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Empregabilidade da Universidade da Coruña presenta o Programa de Prácticas para estudantes CAMPUS RURAL, unha iniciativa desenvolta polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), en colaboración co Ministerio de Universidades e as Universidades públicas españolas, e á que está adherida a Universidade da Coruña (UDC).
Diríxese a Organizacións ou
Asociacións que traballen no territorio e se atopen en municipios situados en
zonas rurais con problemas de despoboamento de calquera rexión do Estado
español e de Portugal con menos de 5.000 habitantes.
A través deste programa, as
entidades terán a oportunidade de acoller estudantes en prácticas de grao ou
máster de todas as titulacións da UDC sen custo algún, ao estar financiado polo
MITECO.
A universidade realizará a
selección das prácticas e, segundo o establecido no programa, entre os
criterios que se poden determinar, darase prioridade ás seguintes propostas:
- Ofertas que expoñan unha
solución habitacional de residencia para o alumno durante o período da
práctica.
- Ofertas por unha universidade
dunha provincia distinta de onde se sitúe o municipio onde se vai a desenvolver
a práctica.
- Prácticas vinculadas a accións
contempladas no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, ou no Plan
130 Medidas fronte ao Reto Demográfico.
- Prácticas que demostren un
impulso da dixitalización na contorna local no que se desenvolve (cara á
administración, as empresas ou a poboación).
- Prácticas que teñan en conta a
perspectiva de xénero.
As entidades interesadas deben
inscribirse ata o 8 de marzo de 2023 empregando o seguinte formulario: https://forms.office.com/e/VHeaxtf8He
Neste procedemento é moi importante a maior precisión posible na definición das titulacións requeridas para os perfís ofertados, pois axiliza de forma importante o proceso de selección de estudantes. Pode consultar a oferta de titulacións da UDC. Naqueles casos nos que o perfil sexa moi amplo e poda abarcar máis de cinco titulacións pódese aludir á área de coñecemento correspondente (exemplo: “Estudante da rama de xxx”).
jueves, 2 de marzo de 2023
Apertura e peche de determinadas listas de contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia
RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda o peche de determinadas listas, así como a apertura doutras para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino, correspondentes a determinados grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades.
O nomeamento de persoal funcionario interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral están regulados no Decreto 37/2006, do 2 de marzo.
O artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, relativo ao prazo de presentación de solicitudes, establece que se poderán presentar novas solicitudes desde a publicación da resolución de apertura do prazo de presentación de solicitudes por parte da dirección xeral competente en materia de función pública e durante o prazo establecido nela e, no caso de listas elaboradas que se encontren en xestión, desde o día 1 de marzo ata o día 30 de abril.
O parágrafo final do devandito artigo 6 establece que «en calquera momento en que a Administración considere que unha determinada lista está saturada, porque non se producen contratacións ou nomeamentos, ou ben polo excesivo número de persoas inscritas, poderá determinar o peche da incorporación de novas solicitudes, coa excepción das persoas interesadas que superasen algunha proba do último proceso selectivo, ou prestasen servizos, no ámbito de aplicación do artigo un, na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou en entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que teñan publicadas relacións de postos de traballo para a lista correspondente a esa categoría, corpo, escala ou especialidade».
Visto o número de contratacións e nomeamentos realizados no ano 2022 e o número de persoas inscritas en cada lista, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro.
Pechar a incorporación de novas solicitudes para as listas
correspondentes aos grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades
que
se indican no anexo I.
Segundo. Reabrir as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades que se indican no anexo II.
Terceiro. Relacionar as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades que se atopan abertas e nas que as persoas interesadas poderán presentar solicitude de inclusión no período comprendido entre o 1 de marzo e o 30 de abril deste ano (anexo III).
Cuarto. Relacionar as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades pechadas, nas cales soamente se poderán inscribir aquelas persoas que, para a lista correspondente, superasen algunha proba do último proceso selectivo do grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade, ou prestasen servizos na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou en entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que teñan publicadas relacións de postos de traballo para a lista correspondente a ese grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade (anexo IV).
Nas listas pechadas tamén poderán presentar solicitude as persoas que prestasen servizos en categorías profesionais laborais equivalentes aos corpos ou escalas de persoal funcionario que figuran no anexo I da Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 11 de outubro de 2021 (DOG nº 200, do 18 de outubro), segundo o estipulado no anexo II da devandita resolución, e aos corpos e escalas de persoal funcionario do anexo I da Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 6 de outubro de 2021 (DOG nº 195, do 8 de outubro), segundo as equivalencias establecidas no Decreto 165/2019, do 26 de decembro, modificado pola Orde do 10 de marzo de 2021 (DOG nº 61, do 31 de marzo), sempre que estes servizos fosen prestados, no ámbito de aplicación do artigo un do Decreto 37/2006, na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou en entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que teñan publicadas relacións de postos de traballo, sen prexuízo do establecido no artigo 6.3 da Orde do 20 de xullo de 2021 (DOG nº 145, do 30 de xullo). Para estes efectos, a categoría profesional laboral de educador/a (grupo II, categoría 6) é equivalente á escala técnica de facultativos, especialidade educadores, de acordo co establecido na disposición transitoria segunda da Orde do 20 de xullo de 2021.
Quinto. As persoas integrantes das listas que na súa solicitude de inclusión autorizasen expresamente a consulta dalgúns datos por parte da Administración, e que figurasen excluídas nas listas provisionais por causas relacionadas coa imposibilidade material da obtención dos ditos datos, deberán achegar, para acreditar o cumprimento dos requisitos exixidos, no prazo concedido para formular reclamación contra as listas provisionais, copia auténtica da documentación respecto á cal non foi posible obter datos ao realizar a consulta.
Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230301/AnuncioG0597-210223-0002_gl.html