lunes, 29 de diciembre de 2008

OFERTA DE EMPREGO

Empresa distribuidora de maquinaria hostelería e viños, necesita 2 comerciais para a Costa de Lugo. A tempo parcial ou completo. Informes: 610445452.

viernes, 26 de diciembre de 2008

OFERTAS EMPREGO VARIAS

Por nova apertura seleccionan PERSOAL para a Mariña Lucense.Ofrécese soldo fixo e requírese boa prsencia e coche. Concertar entrevista chamando ó 664237204.


Mesón-restaurante en Viveiro necesita chica para cociña e camarero/a. Tlf.: 982561122.

TÉCNICO/A EN SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO para Viveiro. Grao superior en prevención de riscos. Master en seguridade e saúde no traballo. Máis información: https://emprego.xunta.es

DOCENTE DE HABILIDADES SOCIAIS para impartir curso de 30 horas a persoas pertencentes a colectivos en risco de exclusión social. Necesaria titulación na rama Social. http://www.xuventude.net/web/xuventude/empregoprivado

lunes, 22 de diciembre de 2008

OFERTAS EMPREGO

Hixienista dental ou Auxiliar de odontoloxía para clínica dental en A Mariña de Lugo. Tlf.: 620294147

lunes, 24 de noviembre de 2008

OFERTAS DE EMPREGO

Grupo TRAGSA seleccciona para a súa Delegación de Lugo:
- Peóns para limpezas e mantemento en marxes de viais, canles, ríos e de espacios naturais (Rfa. Peón-LU).
- Capataces para limpezas e mantemento en marxes de viais, canles, ríos e de espacios naturais (Rfa. Capataz-LU)
- Zonas de traballo: toda a provincia de Lugo

Requírese: experiencia en traballos similares e mobilidade xeográfica.
Valorarase: experiencia no manexo de motoserras e desbrozadoras e carnet conducir tipo B.
Interesados enviar urxentemento curriculum vitae, ó apartado 126-27003 LUGO.
Fin prazo: xoves 28 de novembro do 2008

viernes, 14 de noviembre de 2008

OFERTAS DE EMPREGO

ACUIDORO selecciona DIRECTOR DE ADMINISTRACIÓN para San Ciprián. Licenciado en ciencias empresariais ou equivalente, experiencia profesional en empresa. Interesados deberán enviar currículum vitae con fotografía reciente a la dirección de correo: brunojustome@alrogal.es Referencia: DADM2008.

Gurpo INTERCOBROS necesita EXECUTIVOS DE CONTAS para A Mariña Lucense. Requisitos: maior de 35 anos, experiencia de más de cinco no sector servizos, coche propio, disponibilidade para viaxar.. Interesados enviar CV por correo electrónico a rrhh@grupointercobros.com con la referencia EJECUTIVOS A MARIÑA www.grupointercobros.com

martes, 11 de noviembre de 2008

AXUDAS PARA O APOIO AO TECIDO EMPRESARIAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

BENEFICIARIOS: Empresas privadas, que teñan a condición de PEMES, que realicen accións susceptibles de subvención en sectores distintos da pesca e acuicultura, construcción naval, carbón, aceiro e fibras sintéticas, e teñan o domicilio social na provincia de Lugo.

Hai tres tipos de axuda:

1º.- Subvención para o acceso á sociedade da información e da comunicación

Subvencionase a compra de equipamentos e á presencia dos beneficiarios en internet:
- Adquisición, instalación e montaxe de ordenadores personais de sobremesa (portátiles só no caso de venda ambulante), impresoras, escáneres e similares.
- Adquisición de licencias e productos de software de xestión empresarial.
- Labores de adaptación de aplicacións informáticas de carácter xenérico.
- Adquisición, instalación e montaxe de caixas rexistradoras, sistemas de etiquetaxe, fotocopiadoras, fax, etc.
- Deseño e implantación de sistemas de venda non presenciais.
- Gastos de desenvolvemento e implantación dunha páxina web.
- Alta de conexión a internet en banda ancha ou tarifa plana.
- Gastos de implantación da web.

As actuacións subvencionables terán que realizarse entre o 1 de xaneiro e o 30 de decembro do 2008.

Cuantía das axudas: ata o 35% do investimento subvencionable, máximo 3.000 euros.

2º.- AXUDAS PARA A CONSOLIDACIÓN E MODERNIZACIÓN DO TECIDO EMPRESARIAL.

Subvencionará aquelas accións, realizadas ente o 1 de xaneiro e o 30 de decembro do 2008.

Conceptos subvencionables:
- Obras e instalacións que supoñan innovación, transformación, reordenación, ampliación, reforma ou mellora dun establecemento de negocio xa existente.
- Adquisición de mobiliario e maquinaria específicos necesarios para o exercicio da actividade empresarial.
- Gastos de rotulación de vitrinas, fachadas e vehículos.
- Deseño e execución de campañas publicitarias promocionais.
- Sistemas destinados á protección das mercancías ou productos comercializables.

Cuantía das axudas: ata o 35% do investimento, máximo 12.000 euros.

3º.- AXUDA PARA GASTOS DE ACTIVIDADE.

Subvencionará aquelas accións, realizadas ente o 1 de xaneiro e o 30 de decembro do 2008.

Beneficiarias: empresas que conten alomenos cun ano de actividade no momento da solicitude da axuda, que a renda neta do solicitante no exercicio 2007 non supere os 6.998,80 euros, e que non houbesen recibido ningunha axuda durante o ano 2008, nin de administracións públicas nin privadas.

Subvencionase os gastos correntes da actividade, expecto a compra de mercadorías e materias primas.

Cuantía das axudas: ata o 20% dos gastos subvencionables, máximo 2.000 euros por empresa beneficiaria.

PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 21/11/2008

lunes, 10 de noviembre de 2008

OFERTAS DE EMPREGO

Empresa lucense selecciona COMERCIAIS par Lugo e A Mariña. Experiencia demostrada como comercial de 3 anos. Interesados enviar currículum o apartado de correos, 22 de Lugo

lunes, 20 de octubre de 2008

viernes, 10 de octubre de 2008

SUBVENCIÓNS PARA AUTONÓMOS PARA A COMPRA DE EQUIPOS INFORMÁTICOS

Poderán solicitar e beneficiarse destas axudas os traballadores por conta propia de Galicia, dados de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos da Seguridade Social, agás os comerciantes retallistas, dado que existen liñas de axuda desta consellería específicas para ese colectivo e para os mesmos investimentos.
O investimento irá destinado á adquisición dun ordenador persoal portátil ou de sobremesa. A axuda acadará o 45 % do investimento subvencionable, cun límite máximo de 350 € para cada solicitante. O investimento subvencionable determínase aplicando a porcentaxe de axuda sobre a base impoñible, excluíndo o IVE correspondente, que deberá ser aboado na súa totalidade polo beneficiario.
As subvencións tramítanse directamente nas entidades colaboradoras da Consellería de Innovación e Industria para o desenvolvemento desta liña de axudas.

SEMINARIO PARA A DIFUSIÓN DA CREACIÓN DE EMPRESAS

O próximo día 15 de outubro de 2008, celebrarase un Seminario de difusión da cultura emprendedora na Casa da Cultura de O Vicedo, ás 11 da mañá. Está organizado polo concello do Vicedo en colaboración co BIC Galicia, e ten como obxectivo fomentar o emprendemento. É un acto aberto a tódolos interesados, asistindo os alumnos do obradoiro de emprego do concello de O Vicedo.
Un emprendedor local, Iván Timiraos Rodríguez, empresario do sector da construcción, exporá a súa experiencia como empresario.

lunes, 6 de octubre de 2008

OFERTAS DE EMPREGO

Licenciados en periodismo e publicidade para Lugo, A Coruña e A Mariña. Experiencia demostrada mínima de 1 ano. Interesados enviar currículum vitae urxente á dirección de correo electrónico: seccionrh@gmail.com poñendo a referencia Period/Publ.

martes, 30 de septiembre de 2008

OFERTAS DE EMPREGO

Empresa lucense selecciona COMERCIAIS para Lugo e A Mariña. Interesados enviar currículum o Apartado de correos, 22 de Lugo.

Empresa de electricidade necesita oficiais electricistas e aprendices. Interesados chamar o 981703688.

viernes, 19 de septiembre de 2008

OFERTAS DE EMPREGO

Necesítase CAMARERA. Traballo a turnos. Domingos libres. Para Viveiro. Tlf.: 607839015.

Necesítase CAMARERO/A para fines de semana. Bar Plaza (O Vicedo).

viernes, 22 de agosto de 2008

OFERTA DE EMPREGO

Se necesita para Burela LICENCIADO/A en filoloxía inglesa ou maxisterio por inglés para curso escolar. Tlf.: 616644013.

jueves, 31 de julio de 2008

OFERTA DE EMPREGO

Necesítanse telefonistas para Burela. Teléfono fixo. Alta na seguridade social. Interesados/as: 982575122, 670891807.

miércoles, 23 de julio de 2008

OFERTAS DE EMPREGO

Empresa limpeza necesita limpiadora para zona de Viveiro, de 9:00 a 10:00 ou de 21:00 a 22:00 de luns a sábado. Interesados chamar de 9:00 a 14:00 ó 981970101.

Para próxima apertura de estación de servizo Camba (Pol. Industrial Xove) necesitamos dependentes e mecánicos. Tlf.: 982550151 e fax 982572304.

lunes, 21 de julio de 2008

OFERTAS DE EMPREGO

URXE contable. Experiencia mínima un ano. Incorporación inmediata. Empresa sector pesqueiro. Zona Viveiro. Enviar curículum vitae a: congelado@pescadosmuinos.com

jueves, 17 de julio de 2008

OFERTAS DE EMPREGO

Necesítase para a zona da Mariña Lucense TORNEIRO MECÁNICO e FRESADOR MECÁNICO CNC. Interesados chamar o: 982122510 ou 620234032.


Por ampliación de plantilla empresa de Burela selecciona persoal con vehículo propio para distintos postos de traballo. Boas condicións, incorporación inmediata. Concertar entrevista: 672237855, 982575122.

miércoles, 16 de julio de 2008

OFERTAS DE EMPREGO

Empresa lucense selecciona COMERCIAIS para Lugo e para A Mariña. Interesados enviar currículum vitae o apartado de correos, 22 de Lugo.


Necesítanse DELEGADOS/-AS para A Mariña lucense. Non necesaria experiencia. Imprescindible coche. Idade de 18 a 55 anos. Concertar entrevista chamando ó 617699864.

lunes, 7 de julio de 2008

AXUDAS DE VICEPRESIDENCIA A MULLERES EMPRESARIAS. "PROGRAMA EMEGA"

OBXECTO: Concesión de axudas e subvencións para o establecemento da muller como empresaria.

BENEFICIARIAS:
Programa EMEGA 1:
- Mulleres individualmente consideradas que encontrándose na situación de desemprego, se establezan como traballadoras autónomas ou constitúan unha sociedade de carácter unipersoal, e creen polo menos un posto de traballo por conta allea desempeñado por outra muller. Ademáis deben iniciar a actividade entre 1 de marzo do 2007 e o 28 de febreiro do 2008.
- Mulleres desempregadas, que se unan ou asocien e creen, polo menos, os postos de traballo para dúas mulleres (pódense incluir os das promotoras).
Programa EMEGA 2:
- As empresarias autónomas, incluídas sociedades unipersonais, que iniciasen a actividade profesional entre o 1 de xeneiro de 2007 e o 25 de xullo do 2008, partindo dunha situación de inactividade laboral ou ben que se constitúen en empresarias coa fin de mellorar a súa empregabilidade, e que desenvolvan, de xeito habitual, a súa actividade profesional na empresa.
- As empresas participadas maioritariamente por mulleres que iniciasen a súa actividade entre o 1 de xeneiro do 2007 e o 25 de xullo do 2008, e nas cales a maioría das mulleres acceden á condición de socias partindo dunha situación de inactividade laboral ou ben adquiren esta condición de socias co fin de mellorar a súa empregabilidade e que desenvolvan, de xeito habitual, a súa actividade profesional na empresa para a que solicitan a subvención. Polo menos unha das socias debe traballar na empresa.
- Empresarias autónomas, ou empresas participadas maioritariamente por mulleres con actividade ininterrumpida como empresarias entre 1 e 3 anos a 25/07/2008, sin axuda EMEGA para a creación da empresa, para sufragar gastos derivados da formación e capacitación como consecuencia da incorporación de novas tecnoloxías.

¿QUÉ SE SUBVENCIONA?

Gastos de funcionamento e posta en marcha: mano de obra empleada na reforma do local, alquiler locais e maquinaria, gastos corrientes (luz, agua, teléfono...), material fungible, adquisición das primeiras mercaderias (máximo 3.000 euros).
É compatible con outras axudas sempre e cando non sexan para o mesmo fin, e en conxunto non poden superar o 55% do coste total.

CUANTÍA DAS AXUDAS: 50% do presuposto total para inversións, máximo 18.000 euros para o progra Emega 1 e 12.000 para o programa Emega 2.

PRAZO DE SOLICITUDE: 25/07/2008.

PRINCIPAL OBRIGA: Mante-la actividade e os postos de traballo creados polo menos 5 anos.

viernes, 4 de julio de 2008

RECORDATORIO AXUDAS PLANES ESTABILIDADE

BENEFICIARIOS: Empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, que contraten traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
ÁMBITO APLICACIÓN
Os incentivos previstos nesta orde serán de aplicación ás contratacións indefinidas, iniciais ou por transformación de contratos temporais, que se realicen no período comprendido entre o 1 de outubro de 2007 e o 30 de setembro de 2008.
As ditas contratacións serán subvencionables cando, no seu conxunto, acaden como mínimo os seguintes resultados:
Un incremento de, como mínimo, 5 puntos da taxa de estabilidade do cadro de persoal da empresa en Galicia respecto da media acadada no período comprendido entre os meses de outubro 2006 a setembro 2007, nos sectores de actividade non vinculados a acordo sectorial.
Incremento do emprego fixo respecto do período de referencia.
Incremento neto do emprego total respecto do período de referencia, no suposto de contratacións indefinidas iniciais.
En ningún caso as contratacións indefinidas realizadas poderán implicar unha diminución da totalidade do cadro de persoal no período de referencia.
ACCIÓNS SUBVENCIONALES
Contratacións indefinidas iniciais realizadas con traballadores desempregados e inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego.
Transformacións en indefinidos de contratos temporais celebrados con anterioridade á entrada en vigor da orde de convocatoria, calquera que sexa a modalidade obxecto de transformación.
TIPOS DE AXUDA
Os incentivos determinaranse en atención á taxa de estabilidade laboral que se acade como consecuencia das contratacións realizadas no período de referencia, e segundo se trate dunha contratación inicial ou de conversións de contratos temporais en indefinidos.
PRAZO: rematará o 31 de xullo de 2008, debendo estar todas as contratacións realizadas o 30 de setembro.

AXUDAS DA CONSELLERÍA DE TRABALLO A INICIATIVAS LOCAIS DE EMPREGO E INICIATIVAS DE EMPREGO LOCAL

Obxecto:
Fomentar e promover a creación de empresas innovadoras, económica e financeiramente viables, que xeren emprego estable no ámbito local e no medio rural, mediante o financiamento parcial dos custos necesarios para a posta en marcha daqueles proxectos empresariais previamente cualificados como iniciativas locais de emprego (ILE) e inscritos no rexistro administrativo habilitado para o efecto.
Beneficiarios:
Empresas privadas constituídas e que iniciaran a súa actividade, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos autónomos e sociedades civís e comunidades de bens, que obtiveran a cualificación como iniciativa de emprego, local ou rural, e non transcorrera máis dun ano dende a notificación da resolución de cualificación e cumpran as condicións e requisitos esixidos para cada tipo de axuda.
Tipos de axuda:
• Subvención á creación directa de emprego estable.
• Subvención para a contratación de expertos técnicos de alta cualificación.
• Apoio á función xerencial.
· Subvención financeira.
· Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.
· Actividades vinculadas aos novos viveiros de emprego.
Prazo de solicitudes: con carácter xeral finalizará o 15 de setembro de 2008.

AXUDAS DA CONSELLERÍA DE TRABALLO A INICIATIVAS EMPRENDEDORAS DE EMPREGO

Obxecto:
Xerar emprego estable, especialmente de mozos e mulleres, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais promovidas por persoas desempregadas con especial atención aos concellos do rural galego..

Beneficiarios:
Empresas privadas calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, sociedades civís, comunidades de bens, sociedades cooperativas e sociedades laborais que cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda e nas que concorran, na data de inicio da actividade, as seguintes circunstancias:
* que sexan empresas de nova creación
* que sexan viables técnica, económica e financeiramente
* que xeren emprego estable para persoas desempregadas
* que teñan o seu domicilio social e fiscal e o seu centro de traballo nun concello de Galicia
* que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios promotores non figure ningunha persoa xurídica
* que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros e
* que a maioría do capital social sexa de titularidade de promotores desempregados que creen o seu propio posto de traballo na empresa.

Tipos de axuda:
• Subvención á xeración de emprego estable
• Subvención financeira
• Subvención para asistencia técnica
• Subvención para o inicio da actividade para o financiamento dos primeiros gastos da actividade.
• Subvención para a conciliación da vida profesional e persoal dos promotores.
• Incrementos dos incentivos. As contías máximas das axudas deste programa, incrementaranse nun 20% nos casos de que a empresa teña o seu domicilio social e o centro de traballo nun concello rural.

Prazo: finalizará o 15 de setembro de 2008. Non obstante deberán respectarse os prazos específicos establecidos para cada tipo de axuda:

jueves, 26 de junio de 2008

OFERTA DE EMPREGO

Necesítase persoa para atender kiosco, situado no muelle de O Vicedo. Para máis información contactar con Manuela chamando o 982590195.

lunes, 16 de junio de 2008

OFERTA DE EMPREGO

Está pendente a contratación de 2 animadores socioculturais para o próximo 25 de xuño, a oferta de emprego está presentada na oficina de Viveiro, e a selección realizarase o próximo 23 de xuño entre tódolos candidatos/-as remitidas pola antedita oficina.

OFERTAS DE EMPREGO

Este concello necisita 1 conductor de motobomba, para a temporada de verán 2008. A contratación realizaríase o antes posible ata o 30 de setembro. Si está interesado ou necesita máis información chamar o 982590195 (Manuela).

OFERTAS DE EMPREGO

Están expostas no tablón de anuncios do concello as bases para a contratación laboral, mediante concurso de méritos, de doce peóns, a media xornada, para a limpeza de praias. O prazo de inscrición remata o próximo día 25 de xuño, antes das 11:00 horas.

lunes, 26 de mayo de 2008

CURSOS FORMACIÓN OCUPACIONAL

O próximo mes de xullo comenzarán no Centro de formación ocupacional de Viveiro dous cursos dirixidos a persoas desempregadas inscritas no servizo público de emprego:
- Especialista en topografía electrónica.
- Deseño e modificación planos en 2D e 3 D.
Os interesados ou si desexa máis información debe chamar o propio centro o 982562448.

martes, 20 de mayo de 2008

OFERTAS DE EMPREGO

Empresa de traballo temporal busca para psicifactoría de Xove: 1 persoa para mantemento eléctrico ou electrónico, e 1 encargado ou xefe de equipo con coñecementos de informática e experiencia en este tipo de traballos. Para máis información contactar con Laura chamando o 982284379.

martes, 13 de mayo de 2008

OFERTAS DE EMPREGO

Necesítase ADMINISTRATIVA. Con coñecementos de informática. Xornada completa. Alta na Seguridade Social. Enviar CV ó apartado de correos, 78. San Ciprián. Cervo

viernes, 2 de mayo de 2008

OFERTAS DE EMPREGO

* Necesítase CAMARERO/-A para café-bar "Santo Domingo". O Vicedo.

* Necesítase CAMARERO/-A para cafetería "Casa da Cultura". O Vicedo.

AXUDAS PARA DESEMPREGADOS QUE SE CONSTITÚAN COMO AUTÓNOMOS

Axudas da Consellería de Traballo a desempregados inscritos no Servicio Público de Emprego que se constitúan como traballadores autónomos
Hai 5 tipos de axuda:

a) SUBVENCIÓN POLO ESTABLECIMENTO COMO TRABALLADOR OU TRABALLADORA AUTÓNOMA OU POR CONTA PROPIA.

É necesario acreditar unha inversión en inmovilizado fixo mínima de 3.000 euros (IVA excluído). Esta inversión debe realizarse entre os tres meses anteriores ó inicio e os seis posteriores. Non se admite a adquisición de bens usados.

Cuantías das axudas: oscilan entre os 5.000 e os 10.000 euros.

b) SUBVENCION FINANCEIRA.- Subvención pagadeira dunha soa vez e que consiste na reducción de intereses de préstamos necesarios para a constitución como autónomo, sempre que polo menos o 75% se destine a financiar inversións en activo fixo.
Cuantías máximas das axudas: oscilan entre os 5.000 e os 10.000 euros.

c) SUBVENCIÓN PARA ASISTENCIA TÉCNICA.

Subvencionase a contratación de servicios externos para mellorar o desenvolvemento da actividade empresarial.

Cuantía das axudas: 75% do coste dos servizos prestados, máximo 1.000 euros.

d) SUBVENCIÓN PARA FORMACIÓN

Subvencionase parcialmente a asistencia a cursos relacionados coa dirección e xestión empresarial e novas tecnoloxías, durante a posta en marcha da empresa.

A cuantía da subvención: 75% do coste dos cursos recibidos, máximo 3.000 euros.

e) AXUDA EXCEPCIONAL.- Axuda para subvencionar os gastos realizados nos tres meses anteriores ó inicio e nos seis primeiros meses de actividade, polos seguintes conceptos: alquileres, publicidade, adquisición de primeiras mercancías e suministros....
Poden solicitar esta axuda os desempregados pertencentes a algún dos colectivos que se establecen na orde, e o importe das axudas pode ser de 2.400 e 3.600 euros.

PRAZO DE SOLICITUDE: 2 meses desde a alta, sempre antes do 15 de xullo.

Para as altas realizadas entre o 16 de setembro do 2007 e o 28 de abril do 2008, o prazo de solicitude remata o 31 de maio.

viernes, 25 de abril de 2008

OFERTA DE EMPREGO

Necesítase persoa para realizar tareas domésticas en vivenda situada en Escourido. A xornada serían 4 ou 5 horas. Si está interesado contactar con Manuela chamando o 982590195.

miércoles, 23 de abril de 2008

OFERTAS DE EMPREGO

* Multinacional americana selecciona 5 persoas con coche para a zona norte de Lugo. Tlf.: 982575122.

* FLEXIPLAN, E.T.T necesita persoal con coñecementos de automoción para traballar na ITV. Interesados contactar con Laura chamando ó 982267006

* Empresa de Burela selecciona 5 comerciais con coches para a zona da Mariña. Non é necesaria experiencia. Interesados/as chamar o 982575122

* Estudiantes de periodismo co 50% dos créditos aprobados, para facer prácticas remuneradas este verán no Progreso nas delegacións de Lugo, A Mariña, Vilalba, Monforte e Sarria. Interesados contactar con Montserrat chamando o teléfono 982298100/ 626994843, ou enviar un e-mail á dirección de correo electrónico: rrhh@grupoelprogreso.com

viernes, 18 de abril de 2008

AXUDAS VIVENDAS INACABADAS

Axudas para o remate exterior de vivendas situadas no medio rural, que teñan a cuberta, os paramentos exteriores e a carpintería exterior completa e que, contando a vivenda con licenza municipal de obras en vigor.

CUANTÍA DA SOLICITUDE: 30% do presuposto, máximo 6.000 euros.

PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 16 de xuño do 2008.

AXUDAS CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE MULLERES

BENEFICIARIOS: Empresas, incluidos autónomos, sociedades civís e comunidades de bens, que contraten por conta allea traballadoras.

¿QUE SE SUBVENCIONA? A contratación indefinida inicial ou a transformación en indefinidos de contratos feitos con mulleres maiores de 31 anos.

CUANTÍA DAS AXUDAS: 7.500 euros, salvo no caso de mulleres non incluídas en nigún dos colectivos, que serían 2.000 euros.

PRAZO DE SOLICITUDE: 2 meses desde a contratación, antes do 15 de setembro do 2008. Os contratos realizados entre o 16 de setembro do 2007 e o 16 de abril do 2008, teñen de prazo ata o 31 de maio de 2008.

miércoles, 16 de abril de 2008

SUBVENCIÓN EQUIPAMENTO INDUSTRIAL

A Consellería de Industria e Innovación convocou unhas axudas para a adquisición e renovación de equipamento industrial, para pequenas e medianas empresas de Galicia, xa sexan personas físicas e xurídicas, que acrediten unha antigüedade de dous anos, e que estén inscritos nalgún dos epígrafes que se especifican na orde como subvencionables.
Subvencionase a inversión en adquisición de novo equipamento industrial ou a renovación do existente, sempre e cando, dito equipamento sexa de primeiro uso. O importe mínimo da inversión son 12.000 euros, e en ningún caso, se admitirán inversións en máquinas individuais que teñan un coste inferior a 2.000 euros. O gasto subvencionable deberá ser realizado e efectivamente pagado despois de presentar a solicitude e antes do 17 de novembro do 2008.

A axuda poderá alcanzar ata o 45% da inversión subvencionable no caso de microempresas, ata o 40% no caso de pequenas empresas e o 35% nas medianas. A contribución do beneficiario a financiación da inversión debe de ser como mínimo do 25%.

O prazo de solicitude remata o 14 de maio do 2008.

SUBVENCIÓN REDE DE COMERCIO RURAL GALEGO

A Consellería de Innovación e Industria convocou axudas para pequenos comerciantes ou promotores de comercios no rural (concellos de menos de 5.000 habitantes, ou de máis sempre e cando se sitúen en núcleos que non superen os 1.500 habitantes) que se adhiran á Rede de comercio rural galego. O prazo de presentación remata o próximo 9 de maio, e as axudas poden chegar ata o 70% da inversión en activo fixo, cun máximo de 100.000 euros.

lunes, 14 de abril de 2008

AXUDAS RESTAURACIÓN E CONSERVACIÓN DE HÓRREOS E OUTROS ELEMENTOS DO PATRIMONIO ETNOGRÁFICO

Actuacións subvencionables:

1.- Obras de conservación e mantemento:
- Retellado, reposición ou reparación de cubertas. Non se inclúe a reconstrución total ou parcial das cubertas.
- Traballos de conservación que afecten ós elementos ou materiais de cerramente ou acabamento do interior e do exterior. Sempre que se empreguen os mesmos materiais orixinais.
- Pintura dos recebos dos paramentos con tintas de base mineral, nas cores tradicionais e sempre que supoña a reparación dun revestimento ou acabamento anterior e que sexa coherente co tipo de ben.
- Cambio ou reparación das carpintarías dos ocos, empregando os mesmos materiais.
- Pintura das carpinterías de madeira con lasures ou con tratamentos e poro aberto, con pinturas ao aceite ou con ceras naturais.
- Reparación ou substitución de pezas auxiliares como escaleiras, varandas, canlóns…
- Limpezas e retirada da vexetación do contorno.
- Demolición e retirada dos elementos desconformes con valores etnográficos do ben.

2º.- Obras de restauración que teñan por obxecto a restitución ou mellora do ben, co fin de recuperar o carácter orixinal (necesítase proxecto técnico).

BENEFICIARIOS:

1º.- Hórreos, cabazos, cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos de antigüidade.
2º.- Hórreos, cabazos, muíños, fontes, lavadoiros, fornos…, que teñen a consideración de bens inventariados nas normas complementarias e subsidiarias do planeamento.

CUANTÍA DAS AXUDAS: 60% do coste de execución do proxecto, máximo 2.000 euros no caso de obras de conservación e mantemento, e 6.000 euros no caso de obras de restauración.

PRAZO DA PRESENTACIÓN: ata o 15/07/2008.

martes, 8 de abril de 2008

AXUDAS CONTRATACIÓN DESEMPREGADOS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL

¿QUEN PODE SOLICITAR? Empresas de todo tipo, independentemente da forma xurídica que contraten, a xornada completa ou a tempo parcial, traballadores desempregados e inscritos no Servicio Público de Emprego pertencentes a algún dos seguintes colectivos:

- Perceptores da RISGA.
- Ex -drogodependientes que participasen ou participen en programas de rehabilitación.
- Ex – reclusos que non tiveran un emprego fixo e remunerado despois de sair do cárcere.
- Mulleres procedentes de casas de acollida.
- Mulleres que teñan acreditada pola Administración competente a condición de víctima de violencia doméstica.
- Menores internos/as
- Xóvenes que estiveran, ata a súa maioria de idade, baixo a tutela da Administración autonómica
- Inmigrantes residentes na comunidade e con problemas de integración social.
- Emigrantes retornados/-as con graves necesidades personais e familiares.

¿QUE SE SUBVENCIONA?
- Contratacións indefinidas iniciais.
- Transformación en indefinidos de contratos temporais de duración determinada.
- Contratos temporais, sempre e cando a duración mínima sexa 6 meses.

CUANTÍA DAS AXUDAS:

- Contratacións indefinidas iniciais e transformacións de contratos temporais en indefinidos:
30% da base mínima do grupo de cotización ó que pertenza a persoa contratada, calculada sobre 3 anualidades, ata un máximo de 12.000 euros.
- Contratacións temporais, depende da duración do contrato, e oscilan entre os 2.500 e os 5.500 euros aproximadamente

PRAZO DE SOLICITUDE: 2 meses desde a contratación, e sempre antes do 15 de setembro do 2008

AXUDAS A EMPRESAS PARA CONTRATACIÓN DE XÓVENES MENORES DE 30 ANOS

1º.- AXUDAS Á CONTRATACIÓN POR CONTA ALLEA DE XÓVENES MENORES DE 30 ANOS

PRAZO: 2 meses dende a alta na Seguridade Social, sempre antes do 15 de setembro do 2008.

Dentro destas axudas existen 5 PROGRAMAS distintos:

A) Programa de fomento da contratación en prácticas de xóvenes con titulacións de difícil empregabilidade.
¿Quen pode solicitar?

Empresas de todo tipo incluidos autónomos, comunidades de bens, etc. que contraten en prácticas a xóvenes traballadores/-as menores de 30 anos desempregados e inscritos no Servicio Público de emprego, que non tivesen anteriormente relación laboral coa empresa a través dun contrato da mesma modalidade. Estos contratos en prácticas deben concertarse a xornada completa e cunha duración non inferior a doce meses. Ademais deben de celebrarse con persoas que dispoñan dalgunha das titulacións que aparece na orden, e que se consideran de difícil empleabilidade (establecidas en la orden

Cuantía das axudas: ata 1.000 euros, 4.000 si se realizan con mulleres.

B) Programa de fomento da contratación de xóvenes para a substitución de traballadores e traballadoras que finalicen a vida laboral.

¿Quen pode solicitar?

Empresas de todo tipo incluidos autónomos, comunidades de bens, etc. que contraten baixo a modalidade de: relevo ou sustitución por anticipación da idade de xubilación, a xóvenes traballadores/-as menores de 30 anos desempregados e inscritos no Servicio Público de emprego. Estos contratos deben concertarse cunha duración non inferior a doce meses, e a xornada completa ou parcial no caso do contrato de relevo e a xornada completa para a segunda modalidade de contrato.

Cuantía das axudas:
- Os contratos temporais de duración non inferior ós 12 meses: 50% da base mínima do grupo de cotización ó que pertenza o traballador, calculada sobre 1 anualidade, ata un máximo de 1.500 euros ou 2.500 si é muller.
- Os contratos indefinidos: 40% da base mínima do grupo de cotización ó que pertenza o traballador, calculada sobre 3 anualidade, ata un máximo de 7.500 euros ou 12.000 si é muller.

C) Programa de creación de novos empregos para xóvenes titulados/as en empresas de menos de 30 traballadores.

¿Quen pode solicitar?

Empresas de todo tipo incluidos autónomos, comunidades de bens, etc. que contraten en prácticas a xóvenes traballadores/-as menores de 30 anos desempregados e inscritos no Servicio Público de emprego, para desempeñar novos postos de traballo creados na empresa. Estos contratos en prácticas deben concertarse a xornada completa e cunha duración non inferior a doce meses.

Cuantía das axudas: ata 1.250 euros, 3.000 si se realizan con mulleres.

D) Programa de fomento da contratación indefinida inicial de xóvenes desempregados/as.

¿Quen pode solicitar?

Empresas de todo tipo incluidos autónomos, comunidades de bens, etc. que realicen contratacións indefinidas iniciais a xóvenes traballadores/-as menores de 30 anos desempregados e inscritos no Servicio Público de emprego. Será subvencionable o período de prueba.

Cuantía das axudas:
- 40% da base mínima do grupo de cotización ó que pertenza o traballador, calculada sobre 3 anualidade, ata un máximo de 5.000 ou 7.500 euros no caso de mulleres.
- Para o período de prueba: coste salarial total de dous meses, máximo 3.000 euros.
E) Programa de incentivos á transformación en indefinidos de contratos temporais celebrados con xóvenes.

¿Quen pode solicitar?

Empresas de todo tipo incluidos autónomos, comunidades de bens, etc. que realicen transformacións en indefinidos de contratos de: formación, en prácticas, de relevo, de sustitución por anticipación da idade de xubilación, de interinidade......., a xóvenes traballadores/-as menores de 30 anos.

Cuantía das axudas:
- As transformacións en indefinidos de contratos formativos: ata 3.750 euros, ou 6.000 euros no caso de mulleres.
- As transformacións en indefinidos de contratos de interinidade: ata 3.750 euros, ou 6.000 no caso de mulleres.
- As transformacións en indefinidos de contratos de relevo e sustitución por anticipación da idade de xubilación: ata 4.750 euros, ou 7.500 no caso de mulleres.

AXUDAS ABANDONO ACTIVIDADE COMERCIAL

¿QUEN PODE SOLICITAR?
1. Comerciantes minoristas que decidan abandonar a actividade comercial, e cumplan os seguintes requisitos:

- Poseer a condición de comerciante.
- Exercer, como titular do comercio, nos últimos 10 anos de forma ininterrumpida.
- Estar en posesión dos correspondentes permisos ou licencias municipais.
- Ter entre 60 e 64 anos. No se concederá a los que durante el 2008 cumplan los 65.
- Estar dado de alta no réxime de autónomos da Seguridade Social nos dez últimos anos, de forma ininterrumpida.
- Comprometerse a abandonar o exercicio profesional, e a ceder os establecementos comerciais para que outra persoa continúe exercendo algunha actividade.
- Enténdese que se cumple o requisito de cesión si se presentan contratos ou escrituras de donación, venda, alugueiro, traspaso ou rescisión, nos que figurará o compromiso do cesionario de abrir o local no prazo de 6 meses, e desenvolver unha actividade comercial, económica ou profesional, por un período de tempo de 3 anos ou o tempo que reste ata a xubilación do beneficiario.
- Non ter rendimentos netos regulares na unidade familiar, sin contar os ingresos da actividade, non superiores ós 15.000 euros no último exercicio.
- No caso de que o solicitante non sexa propietario do local, deberá contar coa autorización do propietario mediante documento público.

2. O cónxuxe, si colabora na actividade comercial e cumple os requisitos anteriores.

Requisitos dos cesionarios:
- Si é persoa física, non haber cumplido os 45 anos.
O cónxuxe non pode ser o cesionario.
- Si é persoa xurídica, non haber cumplido os 45 anos os administradores ou xerentes e non estar participada polo comerciante que abandona a actividade.

CUANTÍA DAS AXUDAS:

- Os cedentes percibirán, ata alcanzar a xubilación, un pago anual de 10.000 euros.
- O cónxuxe do cedente que participaba na actividade comercial: 5.000 euros
PRAZO DE SOLICITUDE: Ata o 30 de abril do 2008.

lunes, 7 de abril de 2008

AXUDAS PARA A CONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR

Recentemente publicaronse no DOG dúas axudas que facilitarán a conciliación da vida laboral e familiar:

1º.- A Consellería de Traballo concede axudas para as empresas que reincorporen con carácter indefinido a traballadores/-as tras un proceso de maternidade/paternidade (tamén as poden solicitar os traballadores autónomos). Ademáis, concédense axudas para empresas que sustitúan persoas traballadoras en excedencia polo cuidado dun familar ou con reducción de xornada de traballo por motivos familiares. O prazo de solicitude é de dous meses desde que se produza a reincorporación ou contratación, sempre antes do 15 de setembro do 2008, aínda que non transcurriran os dous meses.
2º.- A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar convocou unhas axudas para fomentar a corresponsabilidade dos traballadores que se acollan a reducción de xornada por coidado de fillo/-a menor de tres anos. Poden solicitalas os homes traballadores que se acollan a reducción de xornada. No caso de familias monoparentales, tanto o home como a muller traballadores por conta allea que soliciten a reducción. O prazo de solicitude remata o 31 de agosto do 2008.

I RUTA DE PINCHOS

Este fin de semana tuvo lugar a primeira parte da ruta de pinchos, que organiza o Concello do Vicedo, e no que participan 12 establecementos do término municipal. Un gran número de persoas degustaron os pinchos que a continuación se relacionan:
- Merendero "Lós Árboles", Xilloi: carne en rollo con guarnición.
- Restaurante "Area Grande", San Román: froitos de ría.
- Chiringuito de "Abrela", Suegos: choco en salsa con patacas fritas.
- Café-bar "Rogelio", O Folgueiro: pulpo á feira con patacas cocidas.
- Bar "Alba", O Folgueiro: lengua estofada.
- Bar "Casa Dovale", Cabanas: lacón, cabeza de porco e grelos.

O próximo sábado 12 e domingo 13 de abril, en horario de 19:00 a 22:00 horas o sábado e de 12:00 a 15:00 horas do domingo, continuarase coa I ruta de pinchos, e poderanse degustar os seguintes pinchos:
- Restaurante "Os Cruces", O Vicedo: delicias de mexillón.
- Cafetería "Casa da Cultura", O Vicedo: cachelos recheos de grelos e torresmos.
- Café-bar "Plaza", O Vicedo: caldereta de peixe.
- Café-bar "San Esteban", O Vicedo: patacas á mariñeira.
- Cafetería "Galatea", O Vicedo: xiba á plancha.
- Cafetería "Don Manuel", O Vicedo: bocaditos de carne.

Fotos e máis información: http://www.casaculturavicedo.blogspot.com

martes, 1 de abril de 2008

OFERTA DE EMPREGO URXENTE

Necesítase AZAFATA para feira de turismo en Barcelona. Para traballar do 17 ó 20 de abril. 60 Euros/día. Pagado avión, hotel e comidas. Interesados/-as chamar a Manuela ó 982590195.

martes, 25 de marzo de 2008

OFERTAS DE EMPREGO

Necesítase diseñador gráfico e web para traballar na Costa de Lugo. Interesados chamar o 658769126

CONSTRUDECO necesita un encargado para almacén e un mozo de almacén para Viveiro, e un decorador/a e un aparellador/a para Burela. Envío de currículum o apartado 101 de Burela, ou entrega persoal en calquera dos nosos centros.

viernes, 7 de marzo de 2008

OFERTAS DE EMPREGO

Empresa lider selecciona mulleres para o seu departamento comercial en A Mariña. Tlf.: 676357727

Solicítanse fontaneiros e axudantes de fontaneiros para a costa lucense. Tlf.: 629472040

Empresa de A Mariña necesita persoal con coche. Tlf.: 982575122

ADER Recursos humanos, ETT necesita incorporar urxentemente peóns para psicifactoría na Mariña lucense. Tlf.: 982284379.

COCIÑEIRO/A e AXUDANTE DE COCIÑA para restaurante de Covas-Viveiro. Interesados chamar ó 664464940

VENDEDOR/-A para axencia de publicidade A Mariña. Tlf.: 696494918

jueves, 28 de febrero de 2008

AXUDAS PARA A MODERNIZACIÓN E A IMPLANTACIÓN DE COMERCIOS

Axudas a fondo perdido a comercios minoristas para a reforma, adaptación ou ampliación do local comercial, sempre que a superficie resultante non supere os 300 m2. Tamén se subvenciona a adquisición de mobiliario, elementos de decoración e calqueira outro tipo de equipamento comercial, deseño e execución de campañas publicitarias e adquisición de vehículos de empresa.


Inversión mínima: 1.500 euros (IVA excluido)
Inversión máxima subvencionable: 50.000 euros.

Cuantía das axudas: ata o 50%, salvo para vehículos que só pode chegar ó 20%

Prazo de solicitude: ata o 31/03/08.

Máis información (DOG 28/02/2008):

http://www.xunta.es/diario-oficial

miércoles, 27 de febrero de 2008

SUBVENCIÓNS PARA NOVAS TECNOLOXÍAS EN COMERCIOS MINORISTAS

Axudas dirixidas a comercios minoristas para a adquisición de: ordenadores de sobremesa (no caso de vendedores ambulantes, subvencionanse: portais, axendas electrónicas, PDA e similares) e aplicacións informáticas adicadas a mellora da xestión comercial, impresoras, equipos multifunción, scaners, servidores, máquinas rexistradoras, terminais punto de venda, lectores códigos de barras, sistemas de medición e peso, sistemas de etiquetado e sistemas antihurto incorporados ó producto, creación de páxinas web e comercio electrónico, fotocopiadoras, teléfono, fax, equipos para tratamento da temperatura do producto..... Non se inclúe: cámaras dixitais, hardware e software que non se poda relacionar cunha mellora da xestión comercial.
Inversión mínima: 1.000 euros (IVA excluido)
Inversión máxima subvencionable: 12.000 euros, salvo para páxinas web e comercio electrónico que será 3.000 euros.
Cuantía: ata o 50%.
Prazo de solicitude: ata o 31/03/08.

Máis información (DOG 22/02/08):

http://www.xunta.es/diario-oficial


jueves, 7 de febrero de 2008

CONTRATACIÓNS INCENDIOS

A empresa pública SEAGA publicou as bases para a elaboración das listas previas para a posterior contratación de persoal para o servizo de incendios en distintas categorías: peóns, peóns especialistas...

Podes inscribirte en un máximo de tres categorías e dous ámbitos territoriais ou zonas xeográficas, e os requisitos a cumprir son:
- Ser español ou ciudadano da Unión Europea.
- Situación de legalidade en España (no caso de extranxeiros).
- Idade: ter cumplidos os 18 anos e non superar os 65.
- Titulación: según categoría, mínimo certificado de escolaridade.
- Non padecer enfermidade ou defecto que inhabilite para o posto.
- Non ter sido separado por expediente disciplinario do servizo en SEAGA ou calquera administración.
- Acreditar coñecementos de galego (diploma ou certificado), senón é necesario superar unha proba oral.

PRAZO DE INSCRICIÓN: finaliza o 19/02/2008

MÁIS INFORMACIÓN: pasando pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local do concello, sita na Casa de Cultura ou na páxina web http://www.epseaga.com

martes, 29 de enero de 2008

CURSOS PARA DESEMPREGADOS

O Centro de formación profesional ocupacional de Viveiro convoca para este ano 2008 novos cursos dirixidos a persoas desempregadas inscritas no servizo público de emprego. A continuación, relaciónanse os cursos que teñen previsto o seu inicio para o mes de febreiro:
- Fontaneiro (720 horas).
- Mecánico de mantemento (1.084 horas).
- Electricista de edificios (569 horas).
- Preparador programador de máquinas ferramentas con CNC (894 horas).
Para máis información: pasar polas oficinas do centro, sitas en Rúa Misericordia, 30 , ou chamar o teléfono 982562448.

martes, 15 de enero de 2008

OFERTAS DE EMPREGO

Recopilación de varias ofertas de emprego da zona:
- Necesítanse delegados/as comerciales para a Mariña Lucense. Non é necesaria experiencia, idade de 18 a 45 anos. Soldo fixo máis comisións. Tlf.: 982575122.

- San Cibrao necesitase persoal feminino para empresa manipuladora de peixe conxelado. Tlf.: 982572830.

- FORMEGA selecciona docentes en varias especialidades para diversos centros, incluido o de Viveiro. Interesados remitir currículum ó e-mail: formega@formega.es, ou por correo ordinario a: Avda. del Tranvía, nº 2, 36215 Cabral (Vigo). Tlf.: 986420541.

- PINCHA DISCOS para pub de A Mariña. Chamar a partir das 7 da tarde. Tlf.: 982563447.

- COMERCIAIS zona Mariña Lucense. Non libros nin seguros. Non necesaria experiencia. Soldo fixo e altas comisións. Tlf.: 982575122.

martes, 8 de enero de 2008

RENDA BÁSICA DE EMANCIPACIÓN

Axuda ao aluguer de 210 euros mensuais durante un máximo de catro anos para mozos entre 22 e 30 anos, titulares dun contrato de arrendamento ou que o vaian a ser no prazo de tres meses desde a aprobación provisional da axuda, cunha fonte regular de ingresos inferiores ós 22.000 euros brutos anuais. A axuda pode incluir un préstamo de 600 euros para o pagamento da fianza, e 120 euros para os gastos de constitución de aval.
Máis información pasando pola Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local ou a Oficina de Xuventude, situada ambas na Casa da Cultura do Vicedo.
Máis información:

jueves, 3 de enero de 2008

CURSOS PARA OCUPADOS

O Concello do Vicedo porpón a tódalas persoas en activo, de alta nalgún réxime da seguridade social: xeral, autónomos, agraria ou réxime especial do mar, varios cursos formativos:
- Elaboración artesanal de conservas e semiconservas.
- Cociña tracicional.
- Repostería caseira.
- Técnicas de poda e enxerto nas árbores froiteiras.
- Horticultura ecolóxica.
- Fruticultura ecolóxica.
A duración é de 30 horas. O horario está por determinar, pero será fóra dos horarios máis habituais de traballo.
Os interesados en un ou varios cursos deben de inscribirse antes do próximo 31 de xaneiro, pasanto pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, situada na Casa de Cultura do Vicedo, ou chamar ó 982590195.