PROGRAMA #DESCUBREGALICIAEN
OUTONO A TRAVÉS DE BONOS TURÍSTICOS 2023
OBXECTIVO:
Incentivar a demanda do sector
BONO TURÍSTICO:
Cada
bono terá a consideración de bono descontó por valor de 100€, para gastar nos
aloxamentos realizados nos establecementos de aloxamento turístico e axencias
de viaxes adheridos, que se irá reducindo, ata o seu esgotamento, en
función do valor do gasto, dacordo co seguinte criterio: descontó 40% do gasto
realizado hasta un máximo de descontó de 100 euros. Todas as cuantías entendense
co IVA incluido.
Os bonos estarán dispoñibles para os usuarios desde as 9:00
horas do día 27 de outubro ata o 15 de decembro de 2023, ou ata esgotamento do
crédito. A súa validez extenderase ata o 25 de decembro de 2023, e pode
descargarse na seguinte páxina web: https://www.bonoturismo.gal/
ALOXAMENTOS TURÍSTICOS
E AXENCIAS DE VIAXES QUE QUEIRAN ADHERIRSE A ESTE PROGRAMA: desde hoxe día 20 de outubro e ata o 1 de decembro de 2023, os
establecementos poderán solicitado na web https://www.bonoturismo.gal/
Requisitos para poder adherirse:
-Estar de alta no Rexistro de Empresas e Actividades
Turísticas (REAT)
FUNCIONAMENTO DOS
BONOS:
- Para
canxear os bonos e poder aplicar os descontos os establecementos adheridos terán
que descargar no seu móvil a APP corespondente, no momento do pago, o terán que
introducir nesa APP o importe e concepto da venda, aparecendo automáticamente o
importe a cobrar (aplicado xa o desconto ao cliente). Pola sua parte, o usuario
deberá mostrar o bono en formato código QR e pagar, en efectivo ou con tarxeta,
o importe final do gasto realizado.
OBRIGAS DOS ESTABLECEMENTOS ADHERIDOS:
-
Anunciar
no exterior do establecemento a adhesión ao programa.
-
Realizar
o desconto directo do bono, sin que o
usuario chegue a desembolsar o importe do desconto.
-
Someterse
de ser o caso as actuacións de comprobación e vixilancia necesarias.
-
Conservar
durante un ano os tickets de compra e facturas xustificativas da aplicación dos
bonos.
-
Custodiar
as claves de acceso á plataforma co fin de evitar un uso indebido da mesma.
Máis información: contactar coa
Axente de emprego e desenvolvemento local municipal, ou pinchar nos seguintes enlaces:
https://www.bonoturismo.gal/
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231020/AnuncioG0256-171023-0002_es.html