viernes, 29 de abril de 2011

OFERTA DE EMPREGO


Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha auxiliar de axuda a domicilio, para cubrir as vacacións e descansos que lles corresponden ás auxiliares de axuda no fogar adscritas o servizo municipal de axuda no fogar.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 4 de maio.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

lunes, 25 de abril de 2011

NOVOS CURSOS PARA DESEMPREGADOS

Na páxina web que aparece a continuación pódese encontrar toda a información actualizada sobre os cursos para desempregados que se organizan na provincia de Lugo.

http://traballo.xunta.es/descargas/afd2011-Lugo.pdf

jueves, 14 de abril de 2011

AXUDAS PARA REMATE DE FACHADAS, REHABILITACIÓN E RENOVACIÓN DE VIVENDAS NO MEDIO RURAL

MODALIDADES DE AXUDA


1. Remate de fachadas e cubertas.
Inclúe o acabado de fachadas e cubertas que non se remataron no momento da construcción do edificio. Despois da actuación é necesario:
a) Rematar todas as fachadas da edificación.
b) Rematar as fachadas vistas de todas as edificacións anexas á principal (alboios, cortes, rochos..) que sexan propiedade da mesma persoa e que se atopen situados a unha distancia da edificación principal inferior a 15 m.
c) Colocación de tella, lousa e outro material da cuberta do tellado da edificación destinada a vivenda.

As construcións e edificacións inacabadas deberán quedar completamente rematadas, cos paramentos exteriores e cubertas totalmente rematadas, con emprego das formas e dos materiais que menor impacto produzan, así como das cores tradicionais da zona.


2. Rehabilitación de vivendas.
Son actuacións dentro dos límites da edificación primitiva que teñan por obxecto:
a) Mellorar as condicións estructurais e de seguranza.
b) Mellora da accesibilidade
c) Mellora das condicións constructivas, funcianais e de habitabilidade.
d) Remodelación, mediante obras, dentro dos límites da edificación, que teñan por obxecto variar a distribución interior.
e) Mellora da eficiencia enerxética
f) Ampliación da superficie útil destinada a vivenda dentro dos límites da edificación existente, coas seguintes condicións:
- para mellorar as condicións de accesibilidade de persoas con mobilidade reducida ou maiores de 65 anos.
- para satisfacer as demandas dos moradores, sempre que a superficie útil final non supere os 140 m2

Non se consideran rehabilitación:
a) O baleirado.
b) A eliminación ou substitución da estructura horizontal das plantas habitables sempre que afecten a máis do 20% da superficie da vivenda.
c) Actuacións de amoblamento ou acabamentos interiores non ligadas as obras anteriores.

3. Reconstrución de vivendas.
Considerarse reconstrución:
a) Obras que impliquen a eliminación, substitución ou nova execución, polo menos, un 20% da estructura horizontal da planta das vivendas nas que se actúa.
b) Obras de ampliación, sempre que a superficie final resultante non supere os 140 m2.

Os edificios a reconstruir deben contar como mínimo con tódalas fachadas primitivas.
As actuacións deberán respectar os valores arquitéctonicos da edificación orixinal, utilizando as solucións tipolóxicas e construtivas da zona. Tamén os materiais e os colores deben de ser os tradicionais no seu entorno.


Requisitos das vivendas

1º.- Vivendas unifamiliares situadas no ámbito rural, é decir, encravadas en entidades de poboación inferiores a 500 habitantes ou en núcleos rurais (localidade, vila, aldea, lugar) entre 500 e 1.500 dependendo do planeamento municipal.

2º.- Ter máis de 10 anos de antigüidade para obras de remate de fachadas e cubertas e levar polo menos 5 anos habitada, 15 anos para rehabilitación e 40 anos para reconstrución. No caso de que as obras sexan para mellora da accesibilidade de persoas con mobilidade reducida ou para maiores de 65 anos, a antigüidade mínima é de 5 anos. No caso de que a vivenda sufrise unha ampliación de máis do 25% da superficie útil orixinal, tomarase para o cálculo da antigüedade a data da ampliación.

3º.- As vivendas deberán estar en posesión da cualificación definitiva para poder solicitar as axudas.

4º.- No caso das subvencións á rehabilitación e á renovación das vivendas, tanto as de uso propio como as destinadas a aluguer, dedicaranse a residencia habitual (certificado de padrón que se presentará coa solicitude de subvención) e permanente durante o prazo, como mínimo, de 5 anos a partir do día seguinte ao da notificación da resolución definitiva, do propietario ou do arrendatario (neste caso os 5 anos comenza a contar desde a firma do contrato que ten que ser despois da resolución definitiva e antes da publicación da convocatoria de axudas. Esto debe acreditarse coa solicitude de subvención presentando contrato de aluguer por 5 anos).
No caso da poboación galega residente no exterior da comunidade autónoma, e que non destine as vivendas a aluger, estas obrigas limitaranse á residencia na vivenda durante polo menos 15 días ao ano, no mesmo período.


Máis información: pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura

martes, 12 de abril de 2011

AXUDAS PARA A CREACIÓN DE ALDEAS DE TURISMO RURAL E A MELLORA DE ESTABLECEMENTOS EXISTENTES

A Consellería de Cultura e Turismo publicou tres liñas de axudas:

Liña A) Axudas destinadas a proxectos relativos á creación de aldeas rurais para a realización de actividades de turismo rural.


Liña B) Axudas destinadas a proxectos de mellora, modernización e remodelación de aldeas rurais, ou establecementos existentes de turismo rural.


Liña C) Axudas destinadas a proxectos de creación ou mellora da oferta complementaria nos establecementos existentes de turismo rural en actividades tales como turismo de natureza, turismo mariñeiro, enoturismo, hípica, golf, naúticas e aqueloutras actividades recreativas que supoñan oferta turística complementaria no medio rural, sempre que estean insertas e vinculadas a eles.


Fin prazo solicitude: 30/04/2011.

INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN DAS PERSOAS TRABALLADORAS

A Consellería de Traballo e Benestar convocou axudas para empresas de todo tipo, incluido autónomos, que realicen determinadas contratacións de traballadores.
Existen tres modalidades de axuda:

1. Contratación indefinida inicial de determinados colectivos.

2. Transformación de contratos temporais en indefinidos.

3. Programa de incentivos á contratación temporal: contratos de interinidade para a sustitución de traballadores en excedencia por coidado de familiares cunha duración mínima de 4 meses e máxima de 3 anos, e a contratación temporal como mínimo por 6 meses de determinados colectivos considerados como de dificil inserción: inmigrantes, drogodependientes rehabilitados, etc.


O prazo de solicitude é un mes desde a contratación, e como máximo ata o 30/09/2011. Para as contratacións realizadas entre o 1 de xullo de 2010 e o 28/03/2011 teñen como prazo máximo de solicitude ata o 28/04/2011.

AXUDAS A INICIATIVAS EMPRENDEDORAS E DE EMPREGO (I+E+E)

A Consellería de Traballo convocou axudas para empresas calquera que sexa a súa forma xurídica, non se inclúen persoas físicas, sociedades civís ou comunidades de bens (que xa terían outra axuda específica), que cumpran unhas determinadas condicións:

- que sexan de nova creación.

- que sexan viables técnica, económica e financieramente.

- que xeren emprego estable para persoas desempregadas.

- que sexan promovidas por un máximo de 5 persoas, ningunha delas persoa xurídica.

- que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.

- que o 50% do capital social sexa titularidade de promotores desempregados que creen o seu propio posto de traballo.


Tipos de axuda:


1. Subvención á xeración de emprego estable.

2. Subvención financeira.

3. Subvención para asitencia técnica.

4. Subvención para o inicio da actividade.

5. Subvención para a conciliación da vida laboral e persoal dos promotores.


Prazo xeral: 30 de setembro de 2011, pero sempre hai que ter en conta os prazos específicos que na maioría dos casos é un mes desde a contratación. Para os que se deron de alta entre o 01 de xullo de 2010 e o 28 de marzo de 2011, o prazo remata o 29 de abril de 2011.


Máis información:


ou pasando pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local.

jueves, 7 de abril de 2011

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun operario de servizos múltiples. Requisitos: - Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados. - Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa. - Estar en posesión da titulación de Estudios Primarios ou Certificado de Escolaridade. No caso de titulacións obtidas no extranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidelmente a súa homologación. - Declaración xurada de non ter traballado neste Concello máis de 18 meses durante os últimos 30 meses. O prazo de inscrición remata as 11:00 horas, do día 19 de abril.

OFERTA DE EMPREGO

Estás publicadas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal dun EDUCADOR INFANTIL. Os requisitos para os candidatos son: - Ser español ou cidadán da Unión Europea - Estar en posesión do título de Técnico superior en educación infantil ou mestre especializado en educación infantil. - Ter coñecementos de primeiros auxilios. - Dispoñer do carné de manipulador de alimentos. - Estar vacinado contra a rubéola. - Non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes a ese posto. - Non haber traballado para o concello de O Vicedo, máis de 18 meses nos 30 últimos. O prazo de inscrición finaliza o día 19 de abril ás 12:00 horas.

viernes, 1 de abril de 2011

OFERTA DE EMPREGO

Estás publicadas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal dun EDUCADOR INFANTIL. Os requisitos para os candidatos son: - Ser español ou cidadán da Unión Europea - Estar en posesión do título de Técnico superior en educación infantil ou mestre especializado en educación infantil. - Ter coñecementos de primeiros auxilios. - Dispoñer do carné de manipulador de alimentos. - Estar vacinado contra a rubéola. - Non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes a ese posto. - Non haber traballado para o concello de O Vicedo, máis de 18 meses nos 30 últimos. O prazo de inscrición finaliza o día 6 de abril ás 12:00 horas.