miércoles, 29 de enero de 2020

OFERTAS DE EMPREGO PARA A SELECCIÓN DUN PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLES E DOUS PEÓNS DE MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS, DENTRO DO PROGRAMA: "FOMENTO DO EMPREGO DO PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2019, FINANCIADO POLA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

Están aprobadas e expostas as bases para a contratacións laborais temporais, mediante concurso-oposición, DUN PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLES e DOUS PEÓNS DE MANTEMENTO DE ZONAS NATURAISa xornada completa, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2019", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo. 

Próximamente está previsto que se publique a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, e o prazo de inscripción será de 10 días naturais contados a partir da dita publicación.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

CURSOS PREPARATORIOS DO CELGA 1,2,3 E 4


Consellería de Cultura e turismo: RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2020, da Secretaría Xeral de Política lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de língua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4. (Código de procedemnto PL600A).DOGA 29/01/2020.

OBXECTO: Convocar cursos preparatorios para a consecución dos certificados de língua galega (Celga 1, 2, 3 e 4), pero NON se obtén o certificado por facer o curso. 

Dúas modalidades de curso: presencial e teleformación.
Os cursos presenciais impartiránse nas seguintes localidades A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra e Vigo. (Niveis e datas especificadas no Anexo II da Orde).

REQUISITOS PARA OS CURSOS DO CELGA: Ser maior de 16 anos ou cumprilos no ano 2020.

PRAZO de solicitude: do 30 ao 19 de febreiro de 2020.  
Só se poderá presentar una única solicitude por participante, e un único curso por persoa, aínda que sexan de modalidades distintas.

Podes solicitar máis información contactando coa Axente de emprego e desenvolvemento local deste concello.

viernes, 24 de enero de 2020

OFERTA DE EMPREGO: AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA, PROGRAMA FOMENTO DO EMPREGO 2019 DO PLAN ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS

No BOP de Lugo de hoxe día 24/01/2020 publícanse as bases para o selección dun/dunha AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2019", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo.


O prazo de solicitude é de 10 días naturais a contar a partir do día seguinte ó da publicación: polo tanto queda aberto desde mañá día 25 de xaneiro de 2020 ata o día 3 de febreiro de 2020.


Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

SUBVENCIÓN DO INEGA PARA PARTICULARES E ADHESIÓN DE ENTIDADES


No DOGA 23/01/2020 publícanse as seguintes convocatorias:
Obxecto: axudas para a compra e instalación de equipamento térmico (caldeiras, etc…) a través de entidades colaboradoras.
Beneficiarios: persoas físicas, comunidades e mancomunidades de veciños do ámbito rural. (Biomasa tipoloxía B2-B3 zonas non densamente poboadas).
Solicitude: será presentada pola entidade colaboradora.
Subvencionable: equipamento técnico e accesorios; accesorios da instalación; sistema de almacenamento de combustible; sistemas de alimentación de combustible; montaxe e conexión; IVE cando non sexa recuperable. Todo elo sempre que as actuacións non foran comezadas antes da presentación da solicitude, e sempre que non sexan de segunda man.
Importe: de 225 a 350 € por kW de potencia.
Prazo presentación de solicitudes:
-      Para que as entidades interesadas se adhiran a esta liña: ata o 13 de febreiro de 2020.
-      Para presentar as solicitudes dos seus clientes: do 14 de febreiro ao 13 de marzo de 2020.
Prazo máximo de xustificación do investimento: ata o 30 de setembro de 2020.

Obxecto: axudas para proxectos de enerxías renovables de uso térmico (biomasa (excepto tipoloxía B2-B3 en zonas non densamente poboadas), geotermia, aerotermia e solar térmica.
Beneficiarios: persoas físicas, comunidades e mancomunidades de vecinos.
Solicitude: será presentada pola entidade colaboradora.
Subvencionable: instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible, e outras instalacións de enerxías renovables que utilicen como fonte enerxética a xeotermia, aerotermia ou a solar térmica. Todo elo sempre que as actuacións non foran comezadas antes da presentación da solicitude. Os bens subvencionables quedarán afectos durante un mínimo de tres anos.
Importe: do 35% ao 50% do investimento segundo a tipoloxía de proxecto con límites máximos por vivenda dependendo da enerxía utilizada.
Prazo presentación de solicitudes: sempre pola entidade colaboradora, en función da tipoloxía de proxecto abranguerá desde o 2 de marzo ata o 1 de xullo de 2020.
Prazo máximo de xustificación do investimento: ata o 30 de setembro de 2020.

Obxecto: axudas para instalacións para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos
Beneficiarios: persoas físicas, comunidades e mancomunidades de vecinos.
Solicitude: será presentada pola entidade colaboradora.
Subvencionable: instalacións para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos. Todo elo sempre que as actuacións non foran comezadas antes da presentación da solicitude. Os bens subvencionables quedarán afectos durante un mínimo de tres anos.
Importe: o 50 % do investimento elixible da instalación. A contía máxima por proxecto será de 25.000 €. Adicionalmente, establécese unha axuda máxima por vivenda de 4.000 €. No caso de que o proxecto solicitado inclúa baterías de litio de potencia igual ou superior a 4 kWh incrementarase en 1.500 €.
Prazo presentación de solicitudes: sempre pola entidade colaboradora, do 3 de marzo ata o 1 de xullo de 2020.
Prazo máximo de xustificación do investimento: ata o 30 de setembro de 2020.

Obxecto: selección de entidades colaboradoras para a xestión das subvencións de proxectos de enerxías renovables.
Prazo: ata o 30 de xaneiro de 2020.


viernes, 10 de enero de 2020

OFERTA DE EMPREGO PARA A SELECCIÓN DUN AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA, DENTRO DO PROGRAMA: "FOMENTO DO EMPREGO DO PLAN PROVINCIAL ÚNICO DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2019, FINANCIADO POLA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

Están aprobadas e expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante oposición, dun AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICAa xornada completa, dentro do programa: "Fomento do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2019", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo. 

Próximamente está previsto que se publique a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, e o prazo de inscripción será de 10 días naturais contados a partir de dita publicación.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

jueves, 9 de enero de 2020

PROGRAMAS GALICIA EMPREGA DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


No DOGA do 07/01/2020 publican as convocatorias do Programa Galicia Emprega, que se concreta en 4 programas:

- Emprega Muller: con axudas de ata 12.000 euros para contratación de mulleres desempregadas, así como para a transformación de contratos temporais en indefinidos.

-Emprega Persoas con discapacidade ou en risco de exclusión, con incentivos de ata 16.000 euros para contratación de persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social desempregadas, así como para transformación de contratos temporais en indefinidos.
- Emprega persoas desempregadas de longa duración: con axudas de ata 10.000 euros para contratación de persoas desempregadas de longa duración.
- Emprega Xuventude: con incentivos de ata 6.000 euros para contratación de persoas desempregadas mozas menores de 30 anos.

Tódolos programas contan cun bono formación compatible coa a axuda á contratación, con incentivos de ata 4.000 euros.
Asimesmo, en determinados casos as axudas poderán incrementarse a razón dun 25% por cada requisito que cumpra dos estipulados na Orde correspondente (acumulables entre sí).
O prazo de solicitude para todos os programas serán:
·  Para para contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2019 e o 7 de xaneiro de 2020: ata o 9 de marzo de 2020. 4. As solicitudes para contratación realizadas desde o 8 de xaneiro de 2010: ata o último día do segundo mes seguinte á data do contrato. O prazo rematará o 30 de setembro de 2020, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado anteriormente.


AMPLIACIÓN PRAZO PROGRAMA PRENDE! BOTA RAICES NO RURAL DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

Informávosmos da ampliación do prazo de solicitude ata o día 20 de xaneiro de 2020 do Programa Prende! Bota raíces no rural, da Excma. Deputación Provincial de Lugo, e que aparecía explicado na noticia anterior.