miércoles, 18 de octubre de 2017

LISTA DEFINITIVA ADMITIDOS/EXCLUIDOS SELECCIÓN DUN ADMINISTRATIVO/-A. PROGRAMA DEPUEMPREGO 2017

Publicadas as listas de admitidos e excluidos definitiva en relación coa a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición,dun/dunha  Administrativo/-a, polo período dun ano, subvencionados ao abeiro do Plan provincial único de cooperación cos concellos 2017, "Programa Depuemprego 2017", da Excma. Deputación de Lugo.
Recordarvos que as probas de selección e valoración de méritos terán lugar o día 24 de outubro de 2017, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo (Casa da Cultura).

Para máis información ou consulta da lista contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + que está a dereita para ver tódolas publicacións)

viernes, 13 de octubre de 2017

LISTAS DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS PARA OS POSTOS DE PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLES E ADMINISTRATIVO/-A, SUBVENCIONADOS AO ABEIRO DO PROGRAMA DEPUEMPREGO 2017

Publicadas as listas de admitidos e excluidos en relación coa a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun Peón de servizos múltiples e dun/dunha  Administrativo/-a, polo período dun ano, subvencionados ao abeiro do Plan provincial único de cooperación cos concellos 2017, "Programa Depuemprego 2017", da Excma. Deputación de Lugo.

A lista de admitidos e exluidos provisional do Peón de servizos múltiples elevase a definitiva por non haber excluídos. As probas e valoración de méritos terán lugar o día 23 de outubro de 2017, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo (Casa da Cultura).

En relación coa lista de admitidos e excluidos provisional para o posto de administrativo, segundo se establece na resolución os excluídos dispoñen dun prazo de dous días hábiles, é decir, dos días 16 e 17 de outubro para efectuar as alegacións que estimen oportunas. As probas e valoración de méritos terán lugar o día 24 de outubro de 2017, ás 10:00 horas, no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira idade do Vicedo, sita na rúa Cidade de Mondoñedo, nº 23 O Vicedo (Casa da Cultura).

Para máis información ou consulta das listas contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.  ( Ir a taboleiro de anuncios, pinchar no + que está a dereita para ver tódolas publicacións)

martes, 10 de octubre de 2017

OFERTA DE EMPREGO



Técnico/a de mantemento de parques eólicos para a empresa ACCIción na localidade do Vicedo. INFONA INFRAESTRUCTURAS SERVICE para desenvolver a ocupaOJOBS.

AXUDAS REFORMA COCINAS E BAÑOS DO IGAPE

Os particulares interesados en acollerse ao programa para reformar cociñas ou baños poderán presentar as súas solicitudes, sempre a través das empresas adheridas, desde o 11 de outubro ata o 17 de novembro de 2017. Pinche no seguinte enlace para consultar as empresas adheridas: http://www.igape.es/gl/ser-mais-competitivo/reforma17/reforma17-adheridos?f=munic&pr=IG218.2017.1&time=1507619575&ftexto=15061&ftextoinfo=T1JUSUdVRUlSQQ==
O custo mínimo dos produtos adquiridos ao abeiro do Reforma 17 será de 1.000 euros, e as axudas oscilarán entre un mínimo de 200 e un máximo de 1.000 euros.

viernes, 6 de octubre de 2017

OFERTA DE EMPREGO

Están publicadas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun operario de servizos múltiples, a xornada completa, con adscrición ao colexio público do Vicedo e outros servizos municipais, e por un período de seis meses, a contar a partir do próximo 30 de outubro de 2017.

O prazo de inscrición remata ás 15:00 horas do próximo día 17 de outubro. A selección realizarase a partir dás 10:00 h. do día 18 de outubro de 2017, na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinchar no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

lunes, 2 de octubre de 2017

LISTAS CONTRATACIÓN SEAGA



APERTURA PRAZO DE ACTUALIZACIÓN DE MÉRITOS E/OU INCORPORACIÓN DE NOVOS CANDIDATOS A DIVERSAS CATEGORÍAS PROFESIONAIS DO SISTEMA DE LISTAS PREVIAS PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL TEMPORAL SEAGA


Tal e como está contemplado nas Bases para a contratación de persoal temporal de Seaga, durante o mes de outubro se abre o prazo para actualización de méritos nas listas e permítese, ademais, a inscrición de novos candidatos.

O prazo de inscrición abarcará todo o  mes de outubro, dende o 2 ata o 31 incluídos, nas oficinas de Seaga ou por correo certificado (non serven os rexistros da Xunta nin o Portelo Único).


Os que desexen actualizar méritos só terán que acreditar os méritos de experiencia externa a incorporar (vida laboral e contratos), pois os méritos de Seaga actualízanse de oficio.

Os que desexen inscribirse de novo terán que presentar toda a documentación (DNI, certificado médico, empadroamento, etc...)
  
Información na páxina web de Seaga (www.epseaga.com).