jueves, 28 de marzo de 2019

OFERTA EMPREGO AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO (34 HORAS/SEMANA)

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (34 horas/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda ó fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 22 de  abril, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición iniciase o próximo día 29 de marzo e remata o 08 de abril de 2019
. A selección realizarase o día 09 de abril de 2019, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

miércoles, 27 de marzo de 2019

PROGRAMA REFORMA-TUR: ADQUISICIÓN DE MATERIAIS PARA REFORMA DE ESTABLECEMENTOS HOTELEIROS

O programa REFORMA-TUR inclúe axudas destinadas a incentivar a adquisición de materiais para a reforma de establecementos hoteleiros en Galicia, co fin de incrementar e incentivar a compra e tratar de repercutir con ela nos sectores industriais, comerciais e turísticos galegos.

Poderán ser beneficiarios destas axudas os titulares de:

a) Establecementos hoteleiros cun máximo de 40 habitacións, definidos no Capítulo II, artigo 4 (concepto de hoteis), artigo 6 (concepto de hoteis balneario) e artigo 7 (hotel talaso) do Decreto 57/2016 de 12 de maio situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Os establecementos de Turismo Rural segundo o Decreto 191/2004 de 29 de xullo situados no Camiño de Santiago.

c) Os albergues privados situados no Camiño de Santiago.

O prazo de presentación de solicitudes de axuda (que inclúen a documentación xustificativa e a solicitude de cobro) comezará ao mes desde o día seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30/4/2019

O prazo de execución do proxecto, entendido como o prazo no que se deben ter adquiridos os bens subvencionables, rematará o 30/5/2019


Máis información: http://www.igape.es/gl/base-xeral-de-axudas/ficha/IGAP362

PROBAS PARA OBTER A CERTIFIACIÓN GALEGA DA COMPETENCIA DIXITAL EN OFIMÁTICA


Obxecto:Obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, regulada polo Decreto 218/2011, do 17 de novembro (DOG núm. 229, do 30 de novembro), tras a superación dunha proba presencial.

Destinatarios: aquelas persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes da finalización do prazo de inscrición, inscritas como usuarios/as da rede CeMIT.

Prazas convocadas, datas, lugar e horario: as que figuran na resolución, sendo os lugares mías cercanos ao Concello do Vicedo os seguintes: Ortigueira, Narón, Ribadeo e Lugo

Solicitudes: 1. inscribirse a través da intenet napáxina web de CeMIT http://cemit.xunta.gal. 2. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT. 


Prazo para a inscrición: ata o 3 de abril de 2019.

martes, 26 de marzo de 2019

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2019 (procedemento PL500C). DOGA 25/03/2019.

Obxecto: convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de língua galega Celga 1,2,3 e 4.
Destinatarios: Maiores de 16 anos ou que os cumpran no ano 2019.
Datas das probas: en xuño de 2019.
Localidades: Santiago de Compostela (niveis 1,2,3 e 4) e Ponferrada (niveis 2,3 e 4)
Os lugares e horarios se publicarán coa listaxe definitiva de persoas admitidas.
Inscripción: anexo I; xustificante de aboamento de taxas; certificado de discapacidade de ser o caso.
Taxa:16,19 euros. Mediante impreso de autoliquidación.(Excepto persoas con discapacidade recoñecida igual ou maior ao 33%, que estarán exentas). O pago das taxas deberá realizarse dentro do prazo de presentación de solicitudes.
Prazo: ata o 25/04/2019
Destacar: non se admite o ingreso da taxa fóra de prazo. As persoas excluídas terán dous meses para solicitar a devolución da taxa ingresada, a partir da publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas.
Duración das probas:


Celga 1
Escrita: 2 horas
Oral: 10 minutos
Celga 2
Escrita: 2 horas
Oral: 10 minutos
Celga 3
Escrita: 2 horas e media
Oral: 15 minutos
Celga 4
Escrita: 3 horas
Oral: 15 minutos

Máis información no DOG do 25 de marzo de 2019:https://www.xunta.gal/dog

lunes, 25 de marzo de 2019

AXUDAS CONTRATACIÓN DESEMPREGADOS DE LONGA DURACIÓN

A Consellería de Economía convoca un Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración.

As empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación indefinida inicial, para a contratación temporal cunha duración inicial de 12 meses e para a formación.
Inclúense dous tipos de axuda compatibles:
a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial e a temporal cunha duración mínima inicial de doce meses das persoas desempregadas de longa duración.
b) Bono de formación (opcional) dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

- Para as contratacións realizadas entre o 16 de outubro de 2018 e a data da publicación desta orde: 20 de maio de 2019
- A partir da entrada en vigor desta orde poden solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida ou temporal pola que se solicita subvención.
- O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2019

Máis información no DOG do 20 de marzo de 2019: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190320/AnuncioG0424-060319-0002_gl.html

viernes, 22 de marzo de 2019

APERTURA DE LISTAS DE CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA PARA XEROCULTOR E PERSOAL DE SERVIZOS XERAIS

No DOG do 18/03/2019, a Xunta de Galicia abre o prazo de inscrición nas listas de emprego temporal da Administración galega para cubrir postos de traballo nas categorías profesionais de xerocultor/ra e persoal de servizos xerais . O prazo permanecerá aberto ata o próximo 30 de  abril.

Todos aquelas persoas interesadas en apuntarse nestas listas deberán presentar instancia, que se pode descargar da páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.gal), no apartado de "Listas de contratación". Calquera persoa que cumpra os requisitos de titulación poderá anotarse nestas listas e noutras bolsas abertas para o nomeamento de funcionarios interinos e para contratación de persoal laboral temporal, que a Xunta utiliza para cubrir vacantes, facer relevos, etc.





lunes, 18 de marzo de 2019

CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE E ACREDITACIÓNS PARCIAIS ACUMULABLES

                                                                                                                                                                      Esta convocatoria da Consellería de Economía, Emprego e Industria abre dúas vías de solicitude:


·       * Certificados de profesionalidade, que poderán solicitalo aquelaspersoas que cumpran unha das seguintes premisas:
a)      Fixeran cursos de formación profesional para o emprego autorizadas pola DiercciónXeral de Orientación e Promoción Laboral e acrediten ter superados todos os módulos formativos que conforman o certificado de profesionalidade.
b)      Cursaran FP e superaran todos os módulos profesionais asociados ás unidades de competencia que conforman o certificado de profesionalidade (excepto quen teña xa o título de FP).
c)       Quen acredite a totalidade das unidades de competencia que conforman o certificado de profesionalidade a través do recoñecemento da competencia profesional por experiencia laboral ou formación non formal en Galicia.
d)      Quen, mediante a acumulación de acreditacións parciais acumulables, completen as unidades de competencia que conforman o certificado de profesionalidade.

·        * Acreditación parcial acumulable: para quen cursase ensinanzas de formación profesional para o emprego en Galicia e acredite ter superado algún módulo sen completar o total de módulos do certificado de profesionalidade.
Presentación de solicitudes: anexo I (dirixido á DXOP ou á Administración competente dependendo do caso (artigo 4 da Orde)). Xunto coa documentación establecida no artigo 5 da Orde para cada un dos casos.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                            

viernes, 15 de marzo de 2019

OFERTA DE EMPREGO AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR (20 HORAS SEMANA)

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha  AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (20 horas/semana), con adscrición ao servizo municipal de axuda ó fogar do Concello do Vicedo. Sendo a data de  inicio prevista o día 8 de  abril, e por un período de seis meses.

O prazo de inscrición iniciase o próximo día 18 de marzo e remata o 27 de marzo de 2019
. A selección realizarase o día 28 de marzo de 2019, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola Casa do Concello, ou pinchando no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

OFERTA DE EMPREGO LIMPADORA A XORNADA COMPLETA

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPADOR/A a  xornada completa, por un período de 6 meses.


O prazo de inscrición comenza o próximo día 18 e remata o día 27 de marzo de 2019, realizándose o proceso de selección o día 28 de marzo partir das 10:30 horas, na casa do concello.


Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura. https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

jueves, 14 de marzo de 2019

AXUDAS ECONÓMICAS ÁS FAMILIAR PARA A ATENICÓN DE MENORES DE 12 ANOS. BONO CONCILIA. ANO 2019


A axuda está destinada a país, nais e titoresou as persoas que teñan en situación de acollemento familiar ou garda preadoptiva para nenos e nenas menores de 12 anos, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, cuxa renda da unidade familiar non supere os 45.000 Euros ou os 13.500 Euros per cápita na declaración do IRPF do ano 2017.

Esta axuda consistirá nunha achega para contribuir ao pagamento dos servizos de atención á infancia a domicilio e/ou de servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social para atender necesidades puntuais, ludotecas, espazosinfantísouservizos complementarios de atención primaria.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica. E o prazo de presentación das mesmas comezará a partir do día seguinteao da publicación destaOrde no D.O.G., 8 de marzo, e finalizará o día 31 de agosto de 2019.

jueves, 7 de marzo de 2019

SELECCIÓN AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO PARA CUBRIR VACACIÓNS

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO (para cubrir vacacións).

O prazo de inscrición iniciase o día 7 de marzo e remata o próximo día 14 de marzo de 2019, realizándose o proceso de selección o día 15 de marzo partir das 10:00 horas na casa do concello.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura. https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

LISTAS CONTRATACIÓN TEMPORAL XUNTA DE GALICIA


No  Diario Oficial de Galicia do xoves 28 de Febreiro de 2019, publicase o acordo para o peche e apertura de determinadas listaxes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galcia  e o nomeamentode persoal funcionario interino.
Aquelas persoas que queiran inscribirse nas listaxes de contratación temporal poderán facelo sempre que cumpran os requisitos da listaxe correspondente (titulación, coñecemento do  idioma galegoe os demáis que para cada caso estableza a correspondente resolución de apertura da listaxe).

Naquelas listaxes que se atopen pechadas solo poderán inscribirse aquelas persoas candidatas que teñan servizos prestados ou superada algunha proba do derradeiro proceso selectivo.

PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: do 1 de marzo ao 15 de xullo, elaborándose a listaxe no período comprendido entre o 1 de setembro e o 31 de decembro do mesmo ano.

Os documentos que deberán presentar as personas interesadas son os seguintes:
  • Solicitude de inscrición debidamente cuberta.
  • Impreso de pago da taxa.
  • Certificado debidamente compulsado do grao de coñecemento do idioma galego.
  • Fotocopia do DNI (no caso de que a persoa solicitante non autorice a súaconsulta nasolicitude de inscrición).
  • Fotocopia debidamente compulsada que acredite a titulación requerida e os demáis requisitos da listaxe.




OFERTA DE EMRPEGO LIMPADORA XORNADA PARCIAL

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha LIMPIADOR/A a xornada parcial (70%), por un período de 6 meses.
O prazo de inscrición iniciase mañá día 8 de marzo e remata ás 9:30 horas do próximo día 18 de marzo de 2019, realizándose o proceso de selección ese mesmo día 18 de marzo partir das 10:00 horas na casa do concello.
Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura. https://concellodovicedo.sedelectronica.es/board

miércoles, 6 de marzo de 2019

CONVOCATORIA PROBAS COMPENTENCIAS CLAVE

A Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, por proposta do Instituto Galego das Cualificacións convoca probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego.

As competencias clave convocadas son:
Comunicación en lingua galega.
Comunicación en lingua castelá.
Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
Competencia matemática.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 29 de marzo de 2019.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR306A
Máis información no DOG do 4 de marzo de 2019 e en http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-competencias-clave

viernes, 1 de marzo de 2019

CURSOS PARA SOCORRISTAS

No DOG do 1/03/2019 convócanse cursos de reciclaxe de socorrismo acuático, válidos para a renovación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia. Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190301/AnuncioO3C2-210219-0002_es.html

No DOG do 28/02/2019 publícase a RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2019 pola que se convocan cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDO-IA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), para licenciados ou graduados en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e técnicos superiores en Animación de Actividades Físicas e Deportivas, co obxectivo de acadar a formación mínima que deben reunir os/as socorristas acuáticos/as para o seu exercicio profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia. Máis información: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190228/AnuncioO3C2-210219-0001_gl.html